O Grupo Popular critica que BNG e PSdeG esixan que se ralentice a compra de fármacos e material sanitario imprescindible para atender aos doentes e salvar vidas
25 de abril de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Pleno do Parlamento que BNG e PSdeG, “en nome dunha falsa transparencia, esixen que se ralentice a compra de fármacos e material sanitario imprescindible para atender aos doentes e salvar vidas”. Neste sentido, asegurou que “cada contrato, cada compra e cada céntimo de gasto sanitario está debidamente fiscalizado”.
O Grupo Popular salienta a aposta da Xunta pola I+D+i, coordinada entre os seus departamentos, con cifras récord de investimento e emprego; e cunha crecente participación empresarial
25 de abril de 2023. A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez defendeu hoxe no Pleno do Parlamento galego “a aposta da Xunta pola I+D+i, baseada na coordinación entre os distintos departamentos autonómicos; que acada cifras récord de investimento e emprego; e cunha crecente participación do sector empresarial, e polo tanto, de transferencia da ciencia á realidade social e económica a modo de innovación”.
O Pleno do Parlamento galego aproba a Conta Xeral da Comunidade galega de 2020 e os informes de fiscalización do Consello de Contas
25 de abril de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2020 e os informes de fiscalización elaborados polo Consello de Contas, que reflexan unha execución do orzamento consolidado de gasto do 102,1 por cento e un aforro bruto de 1.043 millóns de euros, o que permitiu incrementar os investimentos sen recorrer ao endebedamento a pesar de afrontar unha situación de pandemia e emerxencia sanitaria nese ano.
Pedro Puy pide ao Goberno central medidas para acabar coas deficiencias na atención aos usuarios por parte da Seguridade Social
24 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lamentou hoxe a situación na que se atopa o servizo de atención ao público da Seguridade Social, polo que lembrou que este grupo parlamentario pedirá no Pleno que o Goberno central adopte as medidas oportunas para facilitar unha atención correcta, sobre todo ás persoas maiores.
O Comité Electoral do PPdeG aproba as candidaturas dos concellos galegos de máis de 20.000 habitantes
22 de abril de 2023. O Comité Electoral do Partido Popular de Galicia reuniuse esta semana para aprobar as candidaturas dos concellos de máis de 20.000 habitantes, ademais das das cidades de Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol.
O Parlamento galego demanda promover unha mellora da xestión de frondosas en Galicia
21 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover unha mellora da xestión activa de frondosas en Galicia mediante a tramitación dunha estratexia no primeiro semestre deste ano, coa finalidade de fomentar a conservación da biodiversidade e da multifuncionalidade dos montes como ecosistemas forestais.