O Parlamento galego pide ao Goberno central analizar a situación dos mutualistas alternativos para promover unhas xubilacións dignas
12 de xullo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio nin de BNG nin de PSdeG, a través da que se pide ao Goberno de España que, en diálogo e coa participación dos colexios profesionais da avogacía e da procuradoría, impulse a aprobación dunha nova Lei de Dereito de Defensa que inclúa a extensión da regulación da quenda de oficio e da asistencia xurídica gratuíta para contemplar expresamente este dereito ás persoas xurídicas, que a intervención dos profesionais designados de oficio sexa indemnizada sempre que realicen algunha actuación e facilite a conciliación de vida laboral e familiar destes profesionais.
O PPdeG lamenta que o Goberno de Sánchez aínda non estendera a Alta Velocidade a toda Galicia: “Mentíronnos e nin sequera temos coñecemento sobre cando nin cantos trens Avril van chegar”
O PPdeG reivindicou hoxe nunha visita á estación intermodal de Santiago de Compostela a capacidade de xestión e os avances nas infraestruturas galegas da man dos gobernos do PP fronte aos agravios de Pedro Sánchez a Galicia nesta materia.
Paula Prado considera que Feijóo foi o “claro gañador” do debate de onte, mentres que Pedro Sánchez “mostrou a súa incomodidade por escoitar que en cinco anos non fixo nada por resolver os problemas da xente”
A secretaria xeral do PPdeG reivindica que “se A Mariña tivo voz no Congreso e no Senado na pasada lexislatura non foi grazas a Pedro Sánchez, senón aos representantes do PP que levaron alí os problemas, as inquedanzas e as necesidades de toda a comarca”
O PP aposta por acadar a igualdade real e efectiva mediante leis eficaces e consensuadas: “A igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a número 2 ao Senado pola Coruña, Verónica Casal, participaron hoxe nun acto sectorial celebrado en Ferrol para abordar as propostas incluídas no programa electoral do Partido Popular co obxectivo de acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres en España. Un obxectivo para o que propoñen “leis eficaces e froito do consenso”, xa que, na súa opinión, “a igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”.
Alfonso Rueda remarca a diferenza entre a campaña “de rúa e de gran mobilización” do PP fronte á dun PSOE “de baixa intensidade, cun candidato virtual e incapaz de mobilizar"
O presidente do PPdeG referiuse ao cara a cara de onte contrapoñendo a un Sánchez “irritado e incapaz de contestar a practicamente ningunha das propostas que se plantexaron” fronte a “un ourensán dos Peares que deu a talla e demostrou que pode ser un magnífico presidente de España”.
O PP atenderá as demandas dos mutualistas alternativos para promover unhas xubilacións dignas a este colectivo de traballadores
10 de xullo de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que un Goberno de Alberto Núñez Feijóo atenderá as demandas dos mutualistas alternativos para promover, xunto coas propias mutualidades, unhas condicións de xubilación dignas para este colectivo de traballadores.