Skip to content

Intervención de Alfonso Rueda no debate de investidura como presidente da Xunta no Parlamento de Galicia

Hai dous anos solicitei a confianza desta Cámara desde a experiencia que naquel momento atesouraba, desde a responsabilidade e desde a ilusión e convencemento do que debía facer. Hoxe confésolles sentir todas aquelas sensacións, pero cunha intensidade aínda maior.

Tiven a fortuna de servir a Galicia desde moi diversas responsabilidades ao longo da miña vida, pero desde logo ningunha é comparable ao camiño que me tocou emprender hai case dous anos, en maio de 2022.

Durante este tempo foron moitos os retos, e por suposto xunto cos acertos –algún espero ter acadado—terán sido poucos os erros cometidos.

Polos primeiros dou gracias a todos aqueles que contribuíron a conseguilos e polos segundos, por suposto, pido desculpas e comprométome a seguir aprendendo deles para non volver cometelos.

Pero a día de hoxe, os desafíos que afronta Galicia e as oportunidades que asoman no horizonte cárganme de ilusión, de enerxía e de orgullo para emprender a carón do pobo galego esta nova etapa.

É posible que os ritmos que marca a actualidade dificultan percibir a enorme transformación que viviu Galicia nas últimas décadas. A nosa terra foi quen de seguir sendo fiel a si mesma, sen por iso renunciar a incorporar avances que nos permiten equipararnos a territorios que, non hai moito, semellaban inalcanzables.

Basta repasar as hemerotecas de hai tres décadas —ano 1994— para topar que este é un exercicio útil que nos permite recuperar a perspectiva sobre a evolución que vivimos durante este tempo.

Daquela facíase en Galicia o primeiro transplante de fígado, tres anos despois de marcar un fito co primeiro de corazón… hoxe a nosa comunidade é unha referencia en transplantes, con máis de 330 cada ano.

Naquel 1994 había que saír fóra da nosa comunidade para intervencións complexas, que agora se fan aquí con toda a normalidade, e non existían, por exemplo, os hospitais do Barbanza, de Cee, nin do Salnés.

Neste tempo a Sanidade pública duplicou o número de profesionais que traballan nela e as operacións que realiza cada ano.

Entón, hai 30 anos, a nosa comunidade tiña 194 quilómetros de vías de altas prestacións: hoxe ten sete veces máis, case  1500.

Hai 30 anos, despois do gran Xacobeo 93, a nosa comunidade acolleu 2,6 millóns de turistas… e este ano estamos traballamos no 2024 para consolidar e superar o récord histórico de sete millóns acado no 2023.

No 1994 acudían á escola infantil 5 de cada 100 nenos galegos: hoxe esta cifra multiplicouse por 10; a esperanza de vida dos galegos pasou dos 78 aos 83 anos e, ademais, cuadriplicouse o saldo migratorio de Galicia: son moitas máis as persoas que veñen asentarse aquí que as que deciden emprender unha vida noutra parte; e o noso sector primario tamén viviu unha revolución: producimos o dobre de leite e exportamos o triplo de produtos pesqueiros.

Non é casualidade que a etapa de maior progreso continuado da sociedade galega coincidise tamén coa de maior fortaleza das nosas institucións. Esa cultura política propia, que con enorme intelixencia e enorme sentido práctico construíu a xeración anterior á nosa, creou o clima idóneo para o crecemento económico e social.

E non estou a falar dun ou doutro goberno, nin sequera dun e doutro signo político. Estou a falar dun país. A autonomía que funcionou. Galicia funciona.

E funciona porque as institucións do noso autogoberno foron froito do consenss que as galegas e galegos fomos tecendo ao longo de todo este tempo. Por recoñecemento aos que aquí estiveron e por respecto  tamén aos que aquí estarán, é o noso deber que Galicia siga sendo un referente da boa política.

Señorías, hoxe observamos en moitos escenarios, máis dos desexables como, por intereses partidistas ou mesmo persoais, se lle resta valor ao diálogo, como se desacreditan as posturas equilibradas e como, pouco a pouco, se vai consolidando unha política de trincheiras, na que parece máis importante escoller un bando que comprobar onde está a razón e quen a ten.

Estou especialmente orgulloso de que Galicia non sexa así e porei todo da miña parte para que a vida pública galega siga sendo exemplo de convivencia. Mentres por moitos lugares do mundo e de España, sen ir máis lonxe, galopa a discordia, a nosa terra mantén intactos os principios da convivencia.

A discrepancia e a crispación nin poden nin deben ser sinónimas, escoitar a quen pensa distinto é unha mostra de fortaleza e nunca de debilidade e buscar solucións moderadas non revela indecisión, revela todo o contrario.

A miña meta, por tanto, é presidir unha terra na que os galegos, que temos diferentes ideas, poidamos atopar sempre puntos de encontro.

Este Parlamento encarna a pluralidade de Galicia, e ten que seguir facendo esta lexislatura, ten representatividade e a proporción, que libremente e  cunha alta participación por certo, elixiu o noso pobo o pasado 18 de febreiro.

O rumbo escollido foi coherente co que guiou esta singradura autonómica desde os seus inicios, catro décadas de cambios serenos.

Escollemos o 18 de febreiro profundar na convivencia harmónica entre ideas, linguas e entre procedencias; escollemos tamén un modelo de xestión dos servizos públicos que demostrou durante moitos anos ser útil para o que ten que servir: a mellora constante.

Escollemos velar por unha Galicia próspera, que aproveite o seu potencial para medrar, e crear novos postos de traballo de calidade, riqueza en Galicia: e escollemos avanzar nunha autonomía solidaria e corresponsable cos pobos que nos rodean. Temos identidade propia pero non estamos sos.

Galicia decidiu nas urnas e non nas redes. E decidiu con papeletas e non con likes nin retuits para que os galegos souberan o que queren para a súa terra. Agradezo a confianza dos máis de 700.000 galegos que a depositaron no meu partido, pero tamén, e quero deixalo claro, me sinto especialmente responsable cos que escolleron outras opcións —parlamentarias hoxe aquí representadas ou extraparlamentarias por non ter acadada representación—, e tamén cos que votaron en branco e tamén cos que decidiron non ir votar. Todos eles son Galicia e, polo tanto, defenderei os intereses de todos eles desde o primeiro momento.

Señorías. Na nosa terra non vai haber rupturas, bloqueos nin xiros bruscos, porque os galegos votaron maioritariamente para todo o contrario: para o sentidiño e para  a autoesixencia.

Non esperen de min que levante muros entre cidadáns dun mesmo pobo, os nosos cidadáns, aínda que pensen diferente, non penso facelo.

Non esperen de min que cree fronteiras coa nación da que formamos parte, España, tampouco as vai haber. Todo o contrario.

Non esperen de min que responda a ningún outro interese que non sexa o interese de Galicia.

Si que teñen esperar de min en cambio que dialogue e que escoite. É a miña obriga. Escoitar é escoitar a xente que non opina igual ca min, sempre que se expresen con respecto.

Esperen de min que traballe en colaboración cos Concellos, que vertebran Galicia; coas empresas, que crea riqueza; e coa sociedade civil,  que o explica todo. E por suposto, que tenda a miña man ao Goberno central, sempre coa vocación de que a nosa terra progrese e sempre tendo a mesma lealdade pola outra parte.

Esperen de min un espírito de mellora constante, para iso nos pon a xente aquí. Esperen moito esforzo e moita dedicación. É a miña obriga e a obriga de todos os que estamos aquí. Estou convencido de que os maiores cumios de Galicia aínda están por acadarse.

E non só esperen todo isto de min. O que teñen que facer é exixirmo, porque é a miña obriga cumprilo.

Non veño aquí para presentarme como salvapatrias, como reivindicador de causas persoais ou abandeirado de posturas extremas, por desgracia xa hai demasiados e demasiadas persoas así na política actual. Veño como servidor de Galicia.

Non veño aquí para actuar como se estivese por riba do meu e noso pobo, que me deu a confianza, e a partir de aí non teño porqué darlle contas. Son un máis e o máis obrigado a escoitar e a servir a Galicia.

Desde logo non veño aquí a dicir que eu serei capaz de facelo todo só. As cousas que consigamos, e espero acadar moitas cousas, serán logros colectivos do pobo no seu conxunto.

Fronte ao ruído e á intransixencia nos que algunhas forzas políticas nos queren situar, a pesar do veredicto electoral eu quero gobernar desde a normalidade da Constitución e do Estatuto, que é marco dabondo para facer moitísimas cousas. Quero gobernar desde o edificio normativo que naceu desa da reconciliación, dese autogoberno que nos dimos. É así como Galicia acadou as súas cotas máis extraordinarias… e así as ten que seguir logrando.

As decisións do Goberno de Galicia non estarán pensadas na satisfacción de ningunha minoría, nin das estruturas de ningún partido —empezando polo meu— nin de ningunha ideoloxía determinada, sexa esta a que sexa.

A medida do éxito das nosas políticas non será outra cousa que o progreso de Galicia.

Se hoxe estamos aquí, nesta sesión de investidura é porque contamos cun marco institucional no que se nos recoñece a capacidade de autogobernarnos.

Nós somos os encargados de seguir materializando ese soño que no seu día compartiron Rosalía, Brañas, Castelao, Piñeiro e outros moitos que, desde diferentes posturas ideolóxicas, compartiron o máis importante: o amor  a unha Galicia que ten que ser dona do seu futuro.

A razón pola que cada vez máis persoas miran con interese cara Galicia, o verdadeiro segredo, non é outro que aquí respectamos a todo o que nos une.

Únenos unha lingua que todos sentimos como propia e cunha vitalidade a proba de cambios sociais, demográficos ou ideolóxicos.

O galego non é propiedade de ningunha ideoloxía. O galego é un idioma extenso e útil, que forma parte do que somos, da nosa alma, e cuxa utilidade vai máis alá das nosas fronteiras hai moito tempo

O galego é unha lingua, a nosa lingua, da que sentírmonos orgullosos e un modelo de convivencia co castelán que constitúe un exemplo para o resto de España. Ímolo seguir impulsando con aínda máis énfase. E así vai quedar reflectido cun maior peso na nosa estrutura política, na nosa política lingüística, na cultura galga, no goberno que arrancará a semana que vén.

Únenos unha apertura sen complexos cara ao mundo, como é natural nun pobo cuxa pegada aínda hoxe se percibe nos lugares máis diferentes e máis distantes. Galicia non se pecha en si mesma, nunca o fixo, senón que mira cara a Portugal, mira cara ao resto de Europa e mira máis alá do Atlántico, desde este lugar privilexiado no que estamos. E, por suposto, mira facéndoo da man do resto dos españois. Abrir as portas ao que nos axuda a mellorar non dilúe en ningún caso a nosa identidade. O contrario, o que fai é realzala.

Únenos unha forma de ver a vida que escapa instintivamente, as derradeiras eleccións son un boa mostra, dos extremos, tamén dos extremos políticos, e das actitudes radicais e intransixentes, que a nadan conducen e que non van coa nosa maneira de ser.

Debemos manter a capacidade de autocrítica, pero deixar atrás para sempre os tempos dos complexos. Aprender daquelas cousas que outros fan mellor, sempre. Envexalos, xamais. Galicia non ten porqué envexar a ninguén.

A mellor forma de encarar o futuro é con ese espírito de superación que tamén forma parte da nosa identidade, e explica a nosa historia: consolidar o xa feito, que é moito; emendar os posibles erros, que por suposto houbo; e seguir aplicando o sentidiño no Goberno, na xestión e na política. Iso é o que vai permitir seguir acadando novas metas.

Iso foi o que votaron as galegas e galegos nestas eleccións autonómicas: facer Galicia ao xeito de Galicia. E iso, se obteño a confianza desta Cámara, é o que me propoño seguir facendo.

GALICIA FAISE ESCOITAR

Señorías, non me cabe dúbida que os cidadáns votaron o pasado 18 de febreiro pensando en Galicia, pero tamén coa vista posta no que está a ocorrer no resto de España, como non iamos facelo? Aquí os electores ratificaron unha senda —a da responsabilidade, a da pluralidade, a do bo Goberno— que é ben diferente á que emprendeu a política nacional nestas últimas datas.

O mandato que recibín dos galegos obrígame tamén a preservar Galicia das consecuencias da inestabilidade na que está instalado o conxunto do país. Estou seguro de que os galegos que me apoiaron tamén estaban pensando nese mandato. Por tanto, os galegos, os que me votaron e os que non, poden estar seguros que que comparto a preocupación polo que está pasando no noso país. E estou seguro que esa preocupación a sinte unha inmensa maioría: cada un a súa maneira e o seu xeito, pero hai preocupación.

Preocúpame que os piares do Estado de dereito sexan moeda de cambio para obter réditos políticos. A amnistía vendéusenos como condición indispensable para a estabilidade en España. E o que estamos a ver é que España poderá ter amnistía, pero vai seguir sen ter estabilidade.

Preocúpame moito que haxa indicios máis que suficientes de que o Goberno de España está disposto a crebar o equilibrio territorial no que se asenta o país; preocúpame moito que a maioría que sustenta o Goberno central sexa tan fráxil que a convocatoria de eleccións nunha comunidade autónoma determinada implique de xeito automático que todo país se quede sen Orzamentos Xerais e, por tanto, Galicia na parte que lle toca tampouco vai ter Orzamentos Xerais co prexuízo que iso supón.

Detrás do frenesí da política nacional agóchase a realidade dun país que cada vez está mais bloqueado e un Goberno centrado na súa propia supervivencia.

Neste escenario que ofrece moi poucas certezas, eu quero darlle aos galegos unha, a principal, a que máis necesitan e a que máis demandan:  a imprescindible. En Galicia haberá un Goberno que defenderá por riba de todo os intereses do noso pobo. E iso teñen que sabelo.

Aquí o ben común, o interese xeral o que é de todos non se vai someter a poxa; aquí houbo sempre, hai agora e ten que seguir habendo nos futuros uns Orzamentos que permitan facer as políticas que Galicia necesita; aquí o primeiro, por riba de calquera persoa ou de calquera partido, ten que ser Galicia.

O fácil nestes momentos sería actuar como se todo o que pasa máis alá do Padornelo non tivese un impacto directo sobre Galicia. Pero o axeitado é protexer á nosa terra das consecuencias dese novo modelo territorial, desa situación política que se nos pretende impoñer. Galicia, o direi as veces que faga falta, é tamén España.

Eu nunca sería un bo Presidente da Xunta se me desentendese do futuro do noso país.

Cando algúns dos partidos que sosteñen ao actual Goberno central reivindican para unha soa comunidade autónoma unha débeda histórica de 450.000 millóns de euros sen que ninguén desde o Goberno central desminta; cando o partido do Presidente do Goberno rubrica un documento no que acordo repartir entre todos os españois unha débeda de máis de 16.000 millóns de euros dunha soa comunidade autónoma, 400 euros vaille tocar pagar a cada galego;

Cando as bravatas que xa coñecemos independentistas sobre un referendo, e sobre tantas cousas,  non teñen enfronte un Goberno que lles pare os pés .E cando o partido que goberna unha comunidade autónoma —que non ten máis dereitos nin é máis digna que Galicia, tampouco menos pero desde logo tampouco máis— promete a ruptura unilateral do sistema de solidariedade interterritorial, coa complicidade de tantos partidos, incluídos os que se sentan na oposición neste Parlamento… cando pasa todo iso é cando Galicia non pode, nin debe, nin vai quedar calada en ningún caso.

E así señorías fronte aos que propoñen que ese egoísmo duns poucos sexa a forza motriz de España, Galicia vai seguir reivindicando o equilibrio entre territorios e cidadáns iguais.

Galicia falará con voz propia en asuntos que marcarán o futuro do Estado das Autonomías, tamén da nosa. O primeiro, o principal, o máis urxente: a negociación dun novo modelo de financiamento autonómico que sexa xusto. Non pode ser admisible que os fondos necesarios para garantir un nivel homoxéneo e de calidade dos servizos públicos dependan de en que  territorio se presten e, polo tanto, que financiamento poidan acoller en función do que xa colleron outros antes.

O modelo de reparto dos recursos públicos precisa unha evolución que corrixa os desequilibrios acumulados ao longo destes anos, que foron moitos. Para iso é necesario que o Goberno central saiba evitar a tentación na que está caendo da bilateralidade: falar só con algúns e ignorar os outros. Ese é a orixe de todas as eivas de todos os problemas que se están producindo. O futuro do que é de todos debe decidirse entre todos.

As comunidades autónomas de réxime común que estamos gastando en servizos públicos fundamentais, que antes prestaba o Estado e que nos foron traspasados en teoría con financiamento suficient:  178.000 millóns de euros ao ano. O que sucede é que os recursos que estamos recibindo para prestar estes servizos non chegan aos 125.000 millóns. E polo tanto, faltan 53.000 millóns  para cubrir ese gasto autonómico.

O primeiro paso do novo sistema de financiamento é que o Goberno corrixa ese déficit de 53.000 millóns de euros anuais. Supoño que todos estaremos de acordo niso. Este é o principal lastre das contas autonómicas, e polo tanto tamén do Estado do Benestar, que debe corrixirse canto antes.

As demandas que estou facendo hoxe de Galicia non son ningún  excepción e estou convencido de que se converterán na regra en xeral en todas as comunidades autónomas en pouco tempo. Todas as comunidades, toda España, pois toda España tende cara a unha estrutura poboacional como a que temos aquí coas súas diferenzas, pero a tendencia é a mesma. O reto da reforma do financiamento é responder ás necesidades presentes e futuras dunha poboación cada vez máis envellecida e que cada vez demanda máis servizos aos que ten dereito.

Galicia falará tamén con voz propia para reivindicar un compromiso real do Goberno central coa sociedade galega.

Porque falta moito compromiso do Goberno central coa creación de emprego en Galicia e por iso a Xunta seguirá reivindicando un xiro urxente na xestión dos fondos europeos. Cada vez queda menos tempo, empezando polos Pertes industriais, tantas veces anunciados e tantas veces fallidos nas súas convocatorias.

É incomprensible que a mobilización deses miles de millóns de euros para investimentos seguen gardados nun caixón. É incomprensible que non sexa unha gran prioridade, a principal, a nivel nacional nestes momentos. E ao mesmo tempo que en Galicia hai proxectos industriais viables, solventes e que cumpren os requisitos e están esperando financiamento. Máis adiante volverei sobre isto, pero é unha situación que está pasando e todos os deputados e deputadas desta cámara o saben. Outra cousa é que algúns pensen que non é necesario facer nada.

Falta compromiso do Goberno central coas infraestruturas galegas:

Os prezos da Autoestrada do Atlántico e da Autoestrada Central de Galicia son cada vez máis inasumibles e non se propón ningunha medida certa, máis alá declaracións e de papeis asinados que non se materializan en nada para intentar corrixir este enorme problema.

A situación lamentable das autovías estatais segue a ser intolerable, o pode ver todo o mundo que circule por elas, os servizos ferroviarios acumulan queixas dos seus usuarios, onte outras moitas queixas.

E a conexión con Portugal esmorece sen que pareza preocuparlle nada ao Goberno central, mentres o Goberno portugués está facendo os seus deberes. Xa non me vou parar nesas datas tantas veces adidas, tantas mentiras contadas sobre a chegada real da alta velocidade a todas as cidades galegas.

Mentres todos os expertos coinciden en que as redes loxísticas son clave para o progreso económico, o Goberno central non considera prioritario, máis ben nin considera, o impulso do tren de mercancías a través do Corredor Atlántico Noroeste. A pesar de que toda a sociedade civil e comunidades autónomas de diferente signo clamamos por elas.

Sobran palabras —boas e non tan boas—, escasean os investimentos e os compromisos.

Falta compromiso do Goberno central tamén co sector primario de Galicia e cos fogares que cada vez teñen máis difícil atender subministros básicos.

E seguiremos reivindicando a redución do IVE do peixe e da carne. Síguenos parecendo incomprensible, como a tanta xente, que a día de hoxe aínda non se teña adoptado este acordo.

Falta tamén compromiso do Goberno central co noso dereito sagrado para ordenar o noso propio territorio dentro da legalidade. E non é só que se aproben normativas incompatibles coa maneira, co asentamento e coa forma de vida dos galegos na costa, que leva séculos vivindo economicamente dela, pero preservando sempre os seus valores. Agora o que pase tamén é que se está combatendo nos tribunais —cun esforzo e empeño digno de mejor causa— e sobre todo vendo como se combate a unhas comunidades autónomas e como se combate a outras, vemos como se combate a Lei do litoral que é fundamental para compatibilizar o desenvolvemento económico e social coa preservación do noso medio ambiente. É fundamental para Galicia e aí estase dar unha mostra de tratamento desigual e de empeño político e non querer negociar e non atender a razóns por parte do Goberno central.

Falta compromiso do Goberno central en moitas cousas e tamén falta respecto e se falta verdade. E Galicia non vai calar.

De xeito inmediato, e en canto sexa recibido pola Súa Maxestade El-Rei, solicitarei ser recibido polo Presidente do Goberno para trasladarlle de novo todas estas reivindicacións. E fareino con lealdade e con firmeza e esperando que, desta vez, despois do resultado electoral si sexamos escoitados.

E por suposto, seguirei reivindicando xunto aos meus compañeiros Presidentes e Presidentas autonómicas a inmediata convocatoria da Conferencia de Presidentes.

É dun foro esencial, no que tiñamos que estar discutindo moitísimas cousas, moito máis neste momento con todo o que está pasando e que estamos vendo coas cesións, coa ruptura da igualdade e coas bilateralidades. É incompresible que o Goberno central non nos teña convocado a esta reunión. Estase a incumprinr a normativa que obriga a facelo cando é pedido por un número dabondo superando as solicitudes de presidentes autonómicos.

UN GOBERNO Á ALTURA DA NOSA XENTE

Señorías. O Goberno de Galicia que ten que traballar, para iso estamos aquí, para facilitar a vida dos galegos quere ofrecer ese primeiro impulso que necesitan moitos proxectos empresariais, para dar o apoio a tantas persoas que se están esforzando en emprender e que, en certos momentos da súa vida cando toman esa decisión, queren ese apoio da Administración para afrontar os desafíos.

Nuns tempos nos que se confunde a acción de goberno coa política electoral, nos que para algúns despois do curto prazo non hai nada e nos que algúns gobernos prefiren facer o fácil ou o populista antes que o correcto, Galicia tamén no que se refire ao futuro industrial  e económico quere seguir sendo unha excepción.

Mentres outros lugares chaman a eleccións simplemente porque non logran aprobar uns Orzamentos, Galicia —e isto é un feito constatable— non convocou eleccións ata contar cunhas contas para 2024.

Aínda que hoxe fose outra persoa a que estivese aquí, falándolles e pedindo a súa confianza ao Parlamento, esa persoa podería estar presentando a súa candidatura cuns orzamentos aprobados, en vigor, e cunha vixencia durante todo este ano. Esa é a diferencia entre a estabilidade de Galicia e o seu fai noutros sitios.

Polo tanto, eu estou convencido de que os ritmos da política deben adaptarse aos ritmos da xente e nunca ao revés. Aprobar uns Orzamentos en tempo e forma, algo que aquí xa se converteu afortunadamente en costume, no conxunto de España é unha rareza.

A Xunta seguirá traballando coa eficacia e a capacidade de xestión que acreditou, por certo, nestes últimos quince anos. Aquí, gobernar e gobernar ben vai seguir sendo o máis importante.

É importa ser a comunidade que máis inviste de toda España; que máis recursos dedica aos investimentos. É importante ter un déficit, moito máis agora, nove veces inferior a media das comunidades; cando se gasta máis do que se ten outros terán que devolvelo e moitas veces serán outros os que nos seguirán nestas responsabilidades; importa tamén ser a comunidade autónoma que menos se endebedou desde hai quince anos, porque isto significa que non estamos a hipotecar a Galicia dos nosos fillos e netos. Cada galego debe hoxe 2240 euros menos que a media do que deben o conxunto dos españois.

Importa, e importa moito, que mentres o Goberno de España nos últimos cinco anos e medio subiu os impostos 69 veces, o Goberno de Galicia non os aumento nunca e baixounos 112 veces desde 2009.

Os galegos que fan estes días a súa Declaración da Renda pagarán, de media, 500 euros menos que hai 15 anos. É unha rebaixa especialmente relevante no contexto actual.

A Galicia de hoxe é  unha das comunidades con mellor tratamento fiscal para as rendas baixas; a autonomía cos impostos máis baixos para comprar unha vivenda, tanto no rural como para os galegos de menos de 36 anos, as familias numerosas ou as persoas con discapacidade; a Galicia de hoxe é comunidade na que menos impostos se pagan pola compra dun vehículo de segunda man, xa neste ano 2024.

E o único lugar de España no que as familias con dous fillos están equiparadas xa nesta declaración da renda ás numerosas a efectos do IRPF. Un aforro de o 250 euros que se vai seguir aumentando cando se teñan tres fillos a 500 euros, con 250 euros adicionais por cada fillo a maiores.

Na Galicia de hoxe, o 99,9% das herdanzas que se pagan no país de pais a fillos non tributan. E queremos seguir facendo rebaixas de impostos neste eido. E polo tanto, aprobaremos unha nova rebaixa nas herdanzas entre parentes: irmáns, tíos, sobriños, sogros, cuñados e xenros. Os chamados colaterais pagarán menos polo imposto nas herdanzas a partir do ano que vén.

Galicia vai seguir demostrando que as rebaixas fiscais son perfectamente compatibles cando hai unha boa xestión dos recursos e da administración pública.

O novo Goberno que terá Galicia quere reflectir os intereses, desafíos e prioridades que imos enfrontar na vindeira década. Nesta comparecencia, gustaríame avanzarlles algúns detalles da nova estrutura da Xunta que estará en vigor co novo goberno se obteño a confianza desta Cámara.

Na Presidencia da Xunta, baixo o paraugas da Asesoría Xurídica, crearase unha nova dirección de Asuntos Constitucionais, que nestes momentos é moi necesaria fronte aos ataques e fronte todo o que estamos vendo de cuestionamento da Constitución e do Estado constitucional. Galicia defenderá desde a legalidade a súa normativa e as súas propostas e aportará á unidade do noso país.

As responsabilidades de investigación científica que agora están centralizas na Consellería de Economía pasarán a centralizarse na Consellería de Educación. Deste xeito, impulsaremos o I+D+i con selo galego desde un único departamento, o mesmo con competencias sobre as Universidades e dos centros singulares de investigación. E así imos conseguir que a ciencia que, sen ningunha dúbida é un elemento tractor da Galicia do futuro e debe selo moitísimo máis, conte coa máxima prioridade na estrutura do novo Goberno.

Tamén seguirán contando cun tratamento destacado dentro do Goberno os galegos do exterior, aos que tanto lle debemos e nos que tantas esperanzas temos postas. A súa pegada polo mundo é unha parte importante do que fomos, somos e seremos. Explica Galicia a ollos do mundo.

Fomentar o retorno leva anos sendo un eixo deste Goberno. A primeira Estratexia Retorna (2018) conseguiu que máis de 30.000 galegos volveran a Galicia e vai seguir sendo unha prioridade. O próximo obxectivo é que antes do ano 2026 retornen 30.000 galegos máis, que veñen aquí con todos os seus dereitos e teñen moito que aportar. Queren formarse e seguirán tendo axudas para cursar un máster universitario, un ciclo de FP e, desde agora, tamén ou grao universitario. E tamén seguirán tendo axudas cando queiran vir aquí a traballar na súa terra e queiran emprender. Os galegos sempre fomos emprendedores e os seus descendentes tamén.

Para mellorar esta vinculación entre o retorno e o emprendemento e o mercado laboral, as competencias de Emigración pasarán a estar na mesma Consellerías que as de Emprego, sen descoidar por suposto os vencellos culturais e sociais coa nosa emigración.

A GALICIA QUE PROSPERA

Señorías. A primeira vez que —como membro do Goberno galego— me sentei nun Consello da Xunta, os retos económicos, e de todo tipo, da nosa comunidade eran enormes e moi concretos, había que impedir un rescate que parecía inminente, había que preservar o noso sistema financeiro que como todos estaba absolutamente ameazado, e no medio daquela feroz crise económica, ano 2009, había que apoiar en todo o que puidéramos a tantos miles de galegos que perderan ou perderían, en datas sucesivas, o seu emprego.

Quince anos despois, afortunadamente a realidade é ben distinta. Unha realidade mellor. E este cambio é un mérito colectivo, ao que as institucións públicas simplemente temos a obriga e o protagonismo de acompañar, apoiar e estimular. E o resultado é que:

O PIB per capita de Galicia é o segundo que máis creceu en toda España nestes anos;

A economía galega exporta o dobre que hai 15 anos, e vimos de superar a última marca  que parecía insuperable de máis de 30.000 millóns de euros en exportacións;

O paro está en mínimos históricos e caeu un 9% nos últimos 12 meses; aínda non é dabondo, pero imos por bo camiño;

Hoxe están cotizando á Seguridade Social 32.000 galegos máis que hai uns anos;

Somos a comunidade na que máis creceron os salarios durante estes anos, tres puntos por riba da media nacional.

Polo tanto, a Historia de Galicia é un relato de dificultades pero tamén de superación. , Polo noso espírito emprendedor e pola determinación que temos ante as dificultades. E esta vez, como hai que seguir superándose, como segue habendo dificultades, non vai ser distinto: nin este pobo nin por suposto o Goberno da Xunta se vai acomodar en ningún caso.

E iso quere dicir que eu non estou disposto, en ningún caso, a perder oportunidades que teñen que facer que sexamos un país máis próspero, con máis emprego. A pesar do electoralismo dalgúns ou dalgunhas mal entendido. Alá se queren facelo.

Galicia, Señorías, pode seguir superándose, e ten que seguir superándose. Outros o queren facer tamén. Vivimos nunha competición permanente con outros territorios. E por iso, unha das prioridades como Presidente da Xunta, unha das principais, vai ser seguir captando investimentos. Para que?:

Para crear postos de traballo de calidade;

Para seguir creando riqueza en Galicia;

Para que esa riqueza que se pode quedar aquí non se vaia a outros territorios que non dubidarán en aproveitala.

Témolo todo para seguir crecendo: temos recursos naturais, temos unha posición xeoestratéxica inmellorable, temos un clima político estable e favorable ao progreso e temos unha poboación cada vez máis capacitada, sempre traballadora e permanentemente comprometida.

Nos últimos anos tivemos que aprender que na economía, especialmente nesta do século XXI, hai un binomio inseparable: industria e enerxía. Unha implica sempre a outra.

Asistimos nestes momentos a un intenso debate público, é certo, sobre a convivencia do desenvolvemento industrial e enerxético e a conservación do noso patrimonio natural. É un debate lóxico. Un debate perfectamente normal, todas as enquisas sitúan sempre o emprego e o medio ambiente entre as maiores preocupacións dos galegos.

Pero isto non quere dicir, Señorías, e nin o meu Goberno nin eu, podemos asumir nin compartir que se queira enganar ou manipular á sociedade galega presentándolle unha disxuntiva que é falsa: ou industria ou medio ambiente. Eu digo industria e medio ambiente, as dúas cousas

Por suposto que non vai saír adiante, en ningún caso e baixo ningún concepto ningún proxecto empresarial que sexa incompatible coa preservación do medio ambiente. A Xunta sempre someteu, e vaino seguir facendo, as iniciativas empresariais a un escrutinio moi estrito de técnicos independentes, obxectivos e perfectamente capacitados  —sábeo calquera empresa que presentara un proxecto— hai que garantir a preservación do noso patrimonio, pero tamén hai que garantir que as empresas que cumpran poidan ter futuro.

Desde logo, eu non penso nin o meu Goberno pensa transixir ante as posturas populistas que consideran que ningún proxecto industrial nin enerxético pode saír nunca adiante en Galicia.

A miña postura, que estou seguro que é compartida por moitísimos galegos, algúns o expresan con máis vehemencia que outros, é que Galicia debe darlle a benvida a todo o investimento viable, a todo investimento que cree emprego e que cree riqueza, pero a todo investimento, e insisto, é condición indispensable, que respecte a nosa contorna e cumpra escrupulosamente coa lexislación vixente. Non nos equivoquemos, Señorías.

Aquí o que está en xogo non é o proxecto de ningunha empresa concreta, nin sequera o dunha serie de empresas concretas. Aquí o que está en xogo é a política e o futuro de Galicia. E polo tanto, todas as iniciativas empresariais suman e temos a obriga de apoialas se cumpren, e a obriga de rexeitalas se non cumpren. Nin máis, nin menos. E isto é o que imos facer.

Cando por ideoloxía respóndese sistematicamente “non” a toda a iniciativa empresarial, iso é porque a prioridade non é nin nunca foi o progreso de Galicia.

Eu creo que non fai falla recordar a benvida que se lle dispensou no seu momento, por exemplo, sen ir máis lonxe, á planta de San Cibrao, á planta de Alcoa. Son os mesmos que agora piden a súa intervención urxente para manter a súa viabilidade. Os mesmos ou os seus sucesores.

Estes postos de traballo, que hoxe sabemos esenciais, que o son, para A Mariña e toda a provincia de Lugo, nunca se terían creado se a Confraría da Perpetua Negativa se tivera saído coa súa. Por non falar da “navallada na terra” coa que se quería impedir que se construíra unha autopista, pola que agora circulan con toda normalidade os que se opoñían.

Pretender levantar un muro ante calquera nova proposta industrial, pode que para algúns ou algunhas sexa unha proposta política lexítima. Eu desde logo creo que en ningún caso pode considerarse nin progresista, nin útil, nin viable para o futuro da Galicia que espera traballar con postos de calidade, aquí na nosa terra. Eu téñoo clarísimo.

Señorías, creo que é o momento neste discurso de propoñer pactos, tempo haberá durante a lexislatura de saber onde estamos cada un, e as responsabilidades e as consecuencias.

Pero gustaríame no inicio desta lexislatura poder tecer neste Parlamento un primeiro e amplo consenso sobre os asuntos que forman parte da nosa columna vertebral económica. Sobre o noso futuro,  sobre o futuro de moitas familias e moitos empregos que están en xogo e que outros queren para si noutros territorios.

Hoxe téndolles a man para chegar a un Pacto pola industria e a enerxía que permita prosperar a Galicia na vindeira década década, nin sequera nesta lexislatura. Gustaríame que todos os partidos con representación parlamentaria puidesen facer as súas propostas en materia económica e poñernos de acordo. E unha vez que o fagamos, respectar ese acordo. Iso si, sempre traballando desde a obxectividade e nunca desde a demagoxia, nin a ideoloxía nin as propostas electoralistas.

Hai que ser realista, en positivo, responsable, afastado, como dicía, da demagoxia. Isto require desde logo máis esforzo e máis reflexión que as posturas sinxelas de dicir que “non”. Pero tamén son moito máis útiles para a nosa terra alternativas que fuxan das eternas negativas.

E para elo, as liñas estratéxicas de partida que lles propoño neste pacto e que xa son coñecidas a maioría, nacen do convencemento dunha experiencia de Goberno, e do convencemento a través dela, de que a Administración debe ser facilitadora e acompañar aos proxectos que cumpren e respectan o medio ambiente e a normativa logo dun exhaustivo exame por técnicos independentes como os da Xunta, que o son, sen ningunha dúbida.

Polo tanto, propoño que tramitemos nun prazo máximo dun ano, todos os proxectos que creen como mínimo 25 ou máis empregos e que traian consigo un investimento mínimo de 2 millóns de euros. Xa ven que non somos moi ambiciosos, haberá proxectos de moitos máis cartos. Pero partamos dunha base realista e asumible. E se non cumprimos, indemnizaremos aos promotores que sen culpa, ven como non se cumpre ese prazo máximo dun ano.

Para iso, avánzolles outros cambios nas estruturas. As competencias de ordenación do solo industrial —ata agora vinculadas ao Urbanismo— pasarán a integrarse na Consellería de Industria para garantir que ningún proxecto viable en Galicia que cree postos de traballo, non poda converterse en realidade por falta de solo industrial.

Propoño tamén que demostremos con palabras os compromisos. A moitas forzas políticas se lles enche a boca falando da colaboración público-privada, pois ben, exemplos prácticos para demostrar se é así. Eu propoño a creación dun fondo público-privado, cun capital inicial de 300 millóns de euros, para dar un impulso e financiamento ás iniciativas empresariais máis prometedoras desde o punto de vista da creación de postos de traballo e a consolidación de vías industriais.

No ámbito enerxético, propoño que sigamos consolidando algo que xa existe: a sociedade de Recursos de Galicia, na que participan moitos investidores galegos que nada teñen que ver coa promoción enerxética pero que queren apostar pola nosa terra. Este é un instrumento pioneiro, non existe en ningunha outra Comunidade Autónoma. Xa está constituído e o que fai falla agora é impulsalo, acompañalo, fortalecelo.

Para conseguir asentamentos no territorio e para conseguir beneficios directos dos habitantes que están nos territorios onde se aproveitan os recursos naturais. Sobre estas premisas, Señorías, e moitas máis que iremos perfilando durante os vindeiros meses, agardo as súas achegas. Estou seguro de que se todos estamos de acordo en consensos básicos, podemos sumar e conseguir unha mellor Galicia, tamén industrial e económica, que é tanto como dicir unha Galicia de futuro.

Estou convencido de que Galicia ten potencial para liderar moitas cousas neste eido. As enerxías verdes que xa están aquí para quedarse e que van ter un desenvolvemento extraordinario en moi pouco tempo son un potencial enorme e ideal para Galicia.

E polo tanto nós temos a responsabilidade de aproveitar estas oportunidades e tamén de conseguir que eses beneficios se repartan directamente. Para iso é esa sociedade, entre outros instrumentos na sociedade galega e especialmente nos lugares onde se asenten estas instalacións.

Desde a invasión rusa de Ucraína sabemos mellor que nunca que os recursos enerxéticos son fundamentais para definir o destino dos países. E é certo que estamos inmersos nunha transición enerxética que é imparable en todas partes, e por suposto tamén en Galicia, e polo tanto non imos nin podemos quedar atrás: iso si, hai que incorporalo á nosa maneira e con todas as garantías.

Galicia non vai ser parte do problema do cambio climático, ao contrario, estamos sendo parte da solución—somos a segunda comunidade que máis reduciu as emisións nas últimas tres décadas—: e agora queremos ser claves para ese futuro verde, para esa solución verde que en Galicia ten moitísimas posibilidades de asentarse.

Para centralizar e reforzar toda a tramitación complexa, necesaria, garantista, rigorosa, que hai que facer para autorizar este tipo de proxectos, anúnciolles que no vindeiro Goberno que empezará a funcionar a partir da semana que vén, todas estas competencias van estar residenciadas e agrupadas nunha única consellería, a Consellería de Medio Ambiente, que levará aínda máis se cabe, creo que xa non é posible, pero velará polo menos para manter o nivel estrito que temos ata agora, a esixencia en canto ao cumprimento da normativa, e tamén garantirá a máxima axilidade, que tamén é moi importante nestes casos.

E por suposto, ademais de seguir defendendo a incorporación a Galicia á rede española de hidrodutos (querían deixarnos fora, afortunadamente conseguimos evitalo). O hidróxeno verde, a enerxía do futuro, Galicia tamén ten moitísimas posibilidades.

E quero deixar unha cousa clara. Hai que avogar por un despregamento racional e consensuado da enerxía eólica mariña, veremos tamén o que pensan os grupos desta cámara. Nós desde logo témolo claro. Hai que velar en todo momento por que sexa compatible coa preservación dun dos nosos maiores recursos, que son os recursos pesqueiros. Témolo clarísimo. Pero tamén temos claro que fronte a posturas demagóxicas, fronte a posturas irresponsables, estamos ante unha oportunidade que Galicia nin pode nin vai deixar pasar, e o temos clarísimo.

E por descontado, Señorías, defenderemos o futuro enerxético e económico de Galicia no campo político, por suposto, fronte aos que queiran facer política con este tipo de propostas e tamén no campo xudicial cando sexa necesario, como é o momento actual. Contamos coa seguridade que ofrece o traballo feito con rigor e reivindico unha vez máis o traballo dos técnicos independentes, os funcionarios da Xunta de Galicia, que contan ademais, e hai que dicilo moitas veces, co aval do Tribunal Supremo.

A min nunca me van escoitar, nin a algún membro do meu Goberno, e agardo que do meu partido, criticar, faltándolles ao respecto, como si que escoitamos ás veces, as decisións xudiciais, nin os que as toman. Pero desde logo imos empregar todas as armas xurisdicionais á nosa disposición, recorreremos con todo o rigor pero con toda a firmeza, cando non esteamos de acordo coas decisións xudiciais, que entendemos que neste momento están poñendo en risco o futuro económico de Galicia.

Señorías, unha Galicia que medra é unha Galicia que crea oportunidades para asentarse aquí, para traballar con dignidade. Esa é a Galicia que eu quero, esa é a comunidade pola que presento a miña candidatura para presidir o Goberno de Galicia e pola  que quero traballar.

Os apoios da Xunta aos emprendedores autónomos teñen que ser fundamentais. Son os que constrúen Galicia, desde os máis pequenos, pasando polos que crean 1, 2, 3… postos de traballo máis, ata as grandes empresas. Por iso para atender sobre todo a ese tecido enorme de autónomos e pequenas empresas que hai en Galicia e que moven a nosa economía imos simplificar e unificar nesta lexislatura, todas as convocatorias de axudas que son moitas destinadas a eles.

Os 60 millóns de euros que destinamos cada ano aos autónomos deben ser sinónimo de facilidades, sinónimo de estímulo para os seus destinatarios. Hai que eliminar dunha vez por todas eses trámites engorrosos que o que fan é quitarlles tempo para atender aos seus negocios e moitas veces desanimalos para pedir as axudas. En Galicia será todo moito máis fácil a partir de agora.

Para apoiar ás persoas que queren facer realidade a súa idea de negocio, neste 2024 e durante toda a lexislatura, os galegos que se dean de alta como autónomos non pagarán nin un só euro de cota, vainos asumir a Xunta de Galicia. É dicir, os galegos cos seus impostos. Na convocatoria deste ano xa hai máis de 5000 emprendedores galegos que solicitaron estas axudas o que da idea da súa oportunidade.

E Goberno galego ten que estar ao carón de sectores fundamentais para Galicia, para a súa economía e tamén, por que non dicilo, para a nosa identidade. Que nos definen e que nos identifican desde hai moitísimo tempo. Estou falando do sector primario, do rural e do mar.

Está claro que quen mellor coñece as singularidades do campo galego son precisamente os que levan xeracións traballando e construíndo o campo galego. Hai que seguir loitando por axustar a PAC á nosa forma de ser e de traballar, que é singular e ten que ser compatible, o é, coas axudas europeas. Hai que reducir a burocracia o máximo que sexa posible, hai que reducir as desigualdades que nos poden impedir competir en igualdade de condicións sempre que sexa posible.

A nosa prioridade vai ser  seguir mobilizando terras coa Lei de recuperación de terra agraria que ten que cambiar mentalidades, e xa as está cambiando e vai ter sen ningunha dúbida un impacto moi positivo e tamén coas concentracións parcelarias. Nos vindeiros catro anos queremos pechar os procesos de mobilización de 65.000 hectáreas de terra agraria e mobilizar outras 50.000 hectáreas que agora están abandonadas e non son produtivas para convertelas en parcelas produtivas.

E tamén seguiremos apostando por unha produción agroalimentaria da máxima calidade, que estea ordenada a través de estratexias sectoriais e con preto de 10 millóns de euros anuais para promoción, que son absolutamente rendibles.

Ademais, nesta lexislatura destinaremos máis de 80 millóns de euros a profesionalizar as explotacións e seguir facilitando a súa remuda xeracional e por tanto favorecer a súa competividade.  O rural galeo é excelencia e temos que seguir co seu fortalecemento. E polo tanto:

Impulsaremos o banco de explotacións para facilitar o relevo xeracional: 4500 incorporacións de mozos á actividade agraria. Hai que seguir por ese camiño. E tamén hai que incorporar un equipo de alertas temperás para previr novas enfermidades animais e vexetais para que todo iso non impida ou quebrante a  boa marcha dunha explotación con todo o que iso supón.

E no ámbito forestal, tan importante para Galicia, hai que seguir apostando por aumentar a extensión das especies coníferas e frondosas que nos identifican. E tamén para impulsar o emprego da madeira que ten  moitísimas posibilidades desde o punto de vista económico impulsaremos que as edificacións conten cunha porcentaxe mínima dun 20% en madeira. Empezando polas identificacións que promova a propia Xunta de Galicia e seguiremos despois estendendo o seu uso en todo tipo de edificacións, tamén no sector privado.

Seremos tamén a primeira comunidade autónoma en regular un mercado voluntario de créditos de carbono e por suposto queremos ser os primeiros en ter un monte galego ben protexido.

Hai que avanzar na súa ordenación, que tamén é fundamental para a prevención de lumes. Seguiremos fortalecendo o noso sistema de extinción de lumes. Este mesmo ano empezan a aumentarse os contratos dos traballadores contratados dos traballadores que pasarán de seis a noves meses. E tamén dúas novas leis contribuirán a este obxectivo:  a Lei contra loita contra incendios e a lei que regulará os montes veciñais en man común, que creo que cada vez é máis necesaria por moitísimas razóns.

No que se refire ao noso mar imos ampliar a aposta pola cadea mar-industria tan potente e tan forte en Galicia. Seguir velando por potenciar I+D+i mariño, como dicía noutro momento da intervención a concentración das competencias en investigación. Os nosos centros son vangarda a nivel nacional e internacional e hai que seguir potenciándoos, tamén en investigación mariña.

Hai que seguir acompañando ao sector pesqueiro e marisqueiro que necesita ser acompañado nas súas xustas reivindicacións e demandas.

E polo tanto hai que seguir defendendo ante as institucións europeas a revisión da política pesqueira común; que se vele pola ampliación das cotas de pesca, tendo en conta a dobre vertente  do sector. Por unha banda hai que asegurar o aproveitamento sostible dos caladoiros, pero tamén garantizar a protección do medio ambiente. Polo tanto, non se pode, contrariamente ao que algúns defenden, sacrificar o primeiro por unha maneira errada de entender o segundo. Isto o único que vai provocar é que se traslade a outros lugares a pesca onde as garantías medioambientais son menores. Polo tanto, defendamos o noso sector diante de Europa, empezando pola unión que ten que haber aquí en Galicia para telo clarísimo.

Se queremos que Galicia siga sendo a potencia pesqueira que sempre foi hai que seguir apostando pola modernización da frota e das empresas do sector. Todas esas excelentes empresas, moitas delas con moitísima tradición, e con base familiar, que se dedican a industria alimentaria con base nos produtos marítimos. O récord do ano 2023, cando vendemos ao exterior produtos do mar por valor de case 3.000 millóns de euros, aínda non é o noso teito. Estou convencido. E polo tanto seguiremos apoiando todo o que teña que ver coa súa promoción.

A GALICIA DAS PERSOAS

Señorías. Cando dicimos que Galicia é o mellor lugar de España para nacer e para vivir, estamos falando moito máis que dun eslogan publicitario, nin queremos ser chovinistas. É a constatación de que na nosa comunidade hai calidade de vida:

Recentemente coñecíamos o dato de que  somos a terra co maior número de centenarios. A lonxevidade é unha das evidencias máis claras dunha sociedade próspera;

E hai que dicir unha serie de datos que desminten algunhas informacións interesadas e falsas. Desde o ano 2009 chegaron a Galicia 87.000 persoas máis das que marcharon, 33.000 das que chegaron eran menores de 30 anos. O último saldo migratorio publicado polo Instituto Nacional de Estatística é o máis positivo desde que existen datos que se publican.  Isto hai que decilo. Hai que intentar que a xente que se queira quedar en Galicia a traballar, poida facelo.  Por iso ese pacto industrial que lles propoño. Hai que atraer á xente a participar do reto demográfico teorizando, ou se poden, tomar medidas que o fagan efectivo. Por iso, esta proposta de cambio de estrutura orgánica vinculando o retorno ao emprego. Ao final, as cifras, se facemos as cousas ben, seguirán desmentindo as mentiras que se contan a este respecto.

Hoxe, as galegas e galegos temos a educación infantil totalmente gratuíta, os únicos en toda España. Isto supón, un aforro de 2000 euros de media por cada familia. O calendario de vacinación infantil máis completo do mundo en algunha vacina. Isto fai que os nenos e nenas de Galicia estean máis protexidos que en ningunha outra parte.

Fomos pioneiros a nivel mundial na vacina contra o virus da bronquiolite con resultados positivos que estamos experimentando e nestas últimas semanas demos un paso máis coa incorporación da vacina intranasal contra a gripe para os máis pequenos. E contamos con servizos de conciliación nos concellos máis pequenos que están sendo xa imitados noutros lugares.

Nesta lexislatura Galicia seguirá explorando fórmulas para favorecer e axudar ás persoas que queren ter fillos:

Imos dar o maior impulso ás técnicas de reprodución asistida na Sanidade pública: Queremos elevar ata os 45 o acceso á fecundación in vitro, e queremos eliminar o límite dun fillo, que existía ata o de agora,  para que o acceso a esta forma sexa moito máis xeral e moito máis sinxelo. Queremos tamén abrir a todas as galegas a posibilidade de conxelar óvulos na Sanidade pública.

Seguiremos tamén explorando novas fórmulas para a mellora da conciliación e a flexibilidade horaria. Queda moito por facer nestes campos.

Todos os expertos coinciden en que a etapa clave para garantir a plena igualdade de oportunidades é, precisamente, a etapa máis temperá, a primeira infancia. Por iso é tan importante ese dato que di que Galicia é líder en escolarización na etapa de 0 a 3 anos.

O Ensino galego demostrou ser, nestes anos, un dos máis eficaces para que as nenas e nenos de Galicia poidan ter o mellor dos futuros:

Xa somos líderes nacionais en equidade e en competencia científica, no eido da educación, e estamos por riba da media dos países desenvolvidos en materias tan importantes como as matemáticas e a comprensión lectora.

Hai que seguir traballando para seguir mellorando. Nos vindeiros anos,  poremos en marcha iniciativas como os polos creativos, seguiremos contratando máis profesores de apoio, seguiremos establecendo programas de apoio á lectura, de plurilingüísmo ou de orientación e apoio familiar.

E neste arranque de lexislatura, poremos á disposición dos fogares unha medida pioneira: axudas para que as nenas e nenos vaian a actividades extraescolares e clases de reforzo con cargo ao  erario da Xunta de Galicia, pagados cos impostos de todos os galegos.

Porque señorías, os resultados están á vista de todos, e hai que seguir por ese vieiro.

Galicia reduciu o abandono escolar á terceira parte. Pasamos en poucos anos do 26% a menos do 9%.

Galicia elevou o investimento por alumno ata os 9000 euros nas zonas rurais e 7000 nas zonas urbanas, cifras que nos sitúan á cabeza de España;

E Galicia consolidou un ensino integrador, algo fundamental e que fala moi ben do noso Sistema Público de Ensino.  O 94% do alumnado con necesidades educativas especiais vai a centros ordinarios e, os que teñen que recorrer á educación especial, teñen máis profesores por alumno que en ningunha outra Comunidade Autónoma.

Galicia cre tamén no plurilingüísmo, e por iso nestes anos multiplicouse por dez o número de alumnos que participan neste tipo de ensino. Como resultado, estudos independentes acreditan que estamos entre as mellores comunidades autónomas en canto ao nivel de inglés do seu alumnado.

Galicia cre na educación dixital, e por iso na lexislatura que acabamos de pechar investimos 120 millóns de euros en material dixital para o ensino. E por aí, imos seguir. Iso si,  sen prexuízo de seguir velando por limitar e regular o uso das pantallas e das novas tecnoloxías entre os nenos en contornas de lecer.

Galicia por suposto cre na convivencia escolar, algo fundamental. As familias que teñen algún problema neste eido o coñecen de primeira man. Por iso, teremos como prioridade a detección e eliminación do acoso e do ciberacoso, con protocolos de actuación e formación aos docentes e tamén ás familias para que todos estes protocolos pasen do papel a ser eficaces.

Galicia cre nos seus docentes, que son o piar dun sistema educativo que se supera cada día. Por iso hai poucos meses sacamos adiante un amplo acordo sindical para mellorar as súas condicións laborais, absolutamente merecido este acordo. Para eliminar burocracia, reforzar a atención á diversidade e reducir as ratios de alumnos por clase.

Galicia vai seguir crendo na súa Formación Profesional. Algo fundamental. Ningún pais desenvolvido que queira ter desenvolvemento económico e industrial pode descoidar a súa Formación Profesional. Hai hoxe 25.000 alumnos máis matriculados na FP que no 2009, un 70% máis. E nesta lexislatura, seguiremos por este camiño, seguiremos reforzando a nosa Formación Profesional, e poñeremos en marcha os plans:

FPGal360, dirixido especialmente a reducir ao mínimo o abandono escolar. A non dar a ningún alumno e alumna por perdido na súa educación. Polo menos, unha base que lle permita afrontar os retos da vida.

E o Plan Conecta FP, que busca ampliar os vínculos cun tecido produtivo que reclama un persoal formado que a FP pode e debe conectar as necesidades laborais coas ofertas formativas desde o ensino público.

E Galicia por suposto cre tamén na súa Universidade: fronte á colaboración, que creo exemplar, que vimos observando estes anos cos máximos responsables das universidades, queremos seguir por ese camiño, queremos seguir facendo unha Universidade excelente, absolutamente accesible e igualitaria, e por iso xa desde este mesmo curso escolar que empezará en setembro faremos realidade un compromiso electoral.  Faremos que o ensino superior e o ensino universitario 100% gratuíto para aqueles alumnos que se esforcen e vaian  superando as materias .

Galicia, señorías, cre na súa xuventude como non vai crer, se é o seu futuro, a súas esperanza, que son os que teñen que construír Galicia. Polo tanto hai que escoitar  a súa voz, e darlles a importancia que teñen, tamén desde o punto de vista político na estrutura deste Goberno. Hai que comprender os seus problemas. Hai que darlles solución, que ten que seguir sendo sempre unha prioridade. Para axudar aos nosos mozos e mozas a atopar o seu propio camiño, neste mesmo ano abriremos novas oficinas especializadas na orientación xuvenil, que funcionarán como “ventá única” para que poidan acceder a todos os servizos de asesoramento, de apoio, de axuda, de orientación que ofrece a Xunta de Galicia.

Tamén ampliaremos as prazas de residencias xuvenís para as mozas e mozos galegos que estudan un ciclo superior de Formación Profesional ou un grao universitario. E parte do problema ao que me referirei, do acceso á vivenda, aínda que sexa unha necesidade temporal.

A vivenda é algo fundamental. Somos especialmente conscientes das enormes dificultades que padecen moitas galegas e galegos, como en toda España, especialmente os máis novos, pero non só eles,  para o acceso a unha vivenda.

Durante estes anos facilitar que todas as persoas,  con independencia de cal sexa a súa situación económica, persoal, xeográfica ou laboral, poidan acceder a unha vivenda foi unha das nosas grandes prioridades. Nesta lexislatura ten que selo aínda con moita máis forza.

Está claro que a fórmula máis eficaz, fóra de teorías. Escóitanse moitas teorías sobre o que hai que facer para afrontar o problema da vivenda. Hai que irse á realidade. O camiño  non é outro que incrementar o número de vivendas á disposición dos que necesitan e buscan a vivenda.

Nesa liña van moitas das medidas que xa estamos desenvolvendo. A flexibilización das condicións para a habitabilidade dos baixos o, seguridade aos propietarios que desexan alugar,  pero teñen medo dunha “okupación”. Todo isto o estamos abordando e hai que seguir perseverando.

Desenvolver solo residencial, con vivendas de alugueiro accesible. Rebaixar ata o 3% o imposto de transmisións patrimoniais para a compra de vivenda por parte das familias monoparentais, por exemplo.

Pero, por riba de todo, duplicar o tamaño do parque público de vivenda: dos 3800 vivendas  que hai hoxe hai que chegar ás 8000 a disposición dos galegos e das galegas.

As primeiras 375 están a piques de comezar a súa construción, e seguiremos neste ano dando comezo a novas promocións. A mellor política de vivenda é aquela que se basea en realidades, non en prometer cousas que nunca se cumpren, falar de planificacións que non pasan do papel, e decir o que os demais teñen que facer, mentres que os que poñen deberes nunca fan nada. Iso en materia de vivenda, nin en nada, nunca verán que o faga a Xunta de Galicia.

Nesta lexislatura, Señorías, a Xunta ten que seguir reforzando unha Sanidade pública que nos permitiu superar a situación sanitaria – da que xa nos esquecemos- durante a pandemia na que a Sanidade pública galega demostrou unha excelencia que nos permitiu superar con mellores datos e mellor situación que outras comunidades autónomas, esa enorme proba.

Nunca poderemos dicir que a Sanidade pública non te defectos, claro que os ten, pero si podemos afirmar que o Servizo Galego de Saúde acreditou a súa capacidade para estar á altura dunha sociedade, que é moi esixente, e que ten todo  dereito a selo, respecto da calidade da asistencia sanitaria. Temos unha excelente Sanidade pública en Galicia.

Para demostralo, Señorías, ademais dunha boa xestión, tamén hai que implicarse con recursos económicos.

Galicia vai investir na súa Sanidade pública 5070 millóns de euros neste exercicio orzamentario 2024 que xa está en Vigo, 1400 máis que no ano 2009;

Os hospitais e centros de saúde de Galicia contan cun cadro de persoal de 43.200 persoas, 7000 máis que hai 15 anos. E hai que seguir aumentado este persoal.

Os froitos desta aposta percíbenos no día a día os cidadáns que recorren aos servizos sanitarios:

Construíronse e melloráronse un centenar de centros de saúde,  160 millóns de euros de investimento.

Creáronse dous novos hospitais punteiros en Lugo e Vigo e emprendéronse reformas de moitísimo calado  en todos os demais. Está a piques de rematarse, por exemplo, a construción do novo Montecelo en Pontevedra.

Instaláronse equipos de alta tecnoloxía sanitaria en todos os hospitais galegos, coma o Hi-Fu, e sen ir máis lonxe, a tecnoloxía Da Vinci que está en todos as áreas sanitarias e o centro de Protonterapia cuxa construción comezou no día de onte en Santiago. Isto nos vai converter na primeira comunidade autónoma que o vai ter en funcionamento no ano 2026.

Máis de 200.000 persoas se beneficiaron da regulación de tempos máximos para probas, primeiras consultas e intervencións; e reducíronse as listas de espera: fronte aos datos terxiversados que ás veces se dan, a realidade di que existen 24 días menos en Galicia que a media nacional para a primeira consulta hospitalaria (aquí 63 días, 87 no conxunto de España). Somos a segunda comunidade máis rápida para as operacións cirúrxicas (66 días de espera media, 46 menos que no conxunto de España)

Insisto, hai que seguir mellorando, non podemos darnos por satisfeitos con estes datos. A iso imos dedicarnos nesta lexislatura. Galicia é a segunda comunidade autónoma na que os galegos e as galegas, mellor valora a súa Sanidade pública, 10 puntos por riba da media nacional. Señorías, por algo será.

E fronte aos retos que ten a nosa sanidade pública, sen dúbida non é un reto menor o reto da prevención.

Poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo da detección precoz das doenzas. Isto sempre é rendible desde todos os puntos de vista.

Implantaremos en toda Galicia os cribados de cancro de pulmón e de próstata, que nestas semanas están a comezar a súa fase piloto, e queremos estendelos a toda a poboación

Introduciremos programas de cribado xenético das doenzas con  compoñente hereditaria, ao abeiro dun programa que recompilará o ADN de máis de 400.000 galegos. Deste modo, poderase actuar antes sobre doenzas coma o cancro de mama.

Tamén velaremos pola adopción de hábitos saudables, importantísimos na prevención de enfermidades e da súa redución. Especialmente entre os máis novos. A futura Lei de protección da saúde dos menores dará resposta a fenómenos sociais coma as bebidas enerxéticas e os vapeadores.

E seguiremos con medidas de reforzo como o Bono Deporte, que tivo tanto éxito adoptado en meses recentes, e demostrou que a xente quere ter unha vida saudable e que o que hai que facer desde a administración é fomentala. O cheque para maiores que practican deporte que poremos en marcha nesta lexislatura vai tamén nesa liña.

Traballaremos tamén para que a poboación galega se beneficie dos últimos avances na medicina oncolóxica, custosos pero moi necesarios. O futuro Centro de Fabricación de Terapias Celulares Avanzadas vai permitir elaborar en Galicia fármacos personalizados, os chamados CAR-T, os fármacos máis avanzados contra o cancro.

Ao longo desta lexislatura, as galegas e galegos, Señorías,   que necesiten tratamento oncolóxico poderano recibir máis cerca das súas casas —cos novos hospitais de día de Cee e o Barbanza, por exemplo— e nunhas condicións máis acolledoras—coa humanización de todos os espazos de espera e de administración de terapias que existe nos hospitais públicos.

Tamén a sanidade galega terá que facer fronte a un reto crecente, unha das grandes materias pendentes, unha das grandes preocupacións sociais do nosos século: a saúde mental.

Ampliáronse os cadros de persoal para saúde mental recentemente nesta lexislatura e po aí seguiremos. Ademais de aumentar os cadros de persoal de psiquiatras e de todos os que teñen que ver coa atención á saúde mental, contaremos nesta lexislatura cun novo plan que incorporará psicólogos clínicos aos centros de saúde, de xeito que poidan apoiar ás persoas que necesitan reducir, na medida do posible, o consumo de psicofármacos. Psicólogos no centro de saúde a través dun plan que se estenderá nesta lexislatura.

Polo tanto, Señorías, correspóndenos facer a nosa parte na Sanidade pública, por suposto, as competencias que temos, que son moitas, son moi complexas. Facendo a nosa parte teremos todo o dereito a esixir que os demais fagan o mesmo. Todos sabemos que a falta de médicos  a falta de médicos en certas especialidades segue a ser o gran problema para o futuro da Sanidade pública en España. Onte mesmo viamos como as persoas que superaron o MIR elixían praza en Galicia. A nosa comunidade foi elixida por médicos excelentes con moi boas notas no MIR. Iso tamén fala da excelencia da nosa sanidade e de que sexamos un lugar de preferencia. Pero queremos seguir séndoo. Non hai médicos abondo nalgunhas especialidades, especialmente na Atención Primaria.

Por iso volveremos a insistir ao Goberno central que poña en marcha as medidas necesarias para resolver este problema, que só están na súa man: flexibilizar dunha vez os criterios de acreditación de unidades docentes para facilitar que se poida impartir docencia en Galicia en lugares onde agora mesmo non se pode porque non se flexibilizan os criterios.  Hai que adecuar o MIR á realidade dos recursos humanos da Sanidade pública e aprobar definitivamente a especialidade de Urxencias- Canto tempo levamos reclamando xunto aos profesionais de Urxencias? Cantas promesas e proclamas? Hai que iniciar os trámites para crear a especialidade de Medicina Xenómica.

Insisto, A Xunta fixo a súa parte, o que o sistema permitía. Ese sistema pioneiro aplicado noutros lugares a través de concurso de méritos para prazas de difícil cobertura permitiu que 530 prazas xa teñan persoas que as estean atendendo.   Seguiremos traballando nesta liñas para seguir respondendo con axilidade, con imaxinación e con esforzo ás necesidades da Sanidade pública en Galicia.

E como non, Señorías, o próximo Goberno autonómico ten que seguir dedicando un especial esforzo aos nosos maiores. Aso que a Galicia de hoxe lle debe tanto e dos que tanto pode seguir esperando a Galicia de mañá.

Hai que abordar a vellez fuxindo da condescendencia e fuxindo das tentacións idadistas e de infantilización.  Hai que preguntarlle a cada galego como quere pasar esta etapa das súas vidas e ofrecéndolle alternativas para que poida facer realidade a súa opción. E, sobre todo, facéndoo coa máxima axilidade e reducindo na medida do posible os prazos de valoración e os trámites que deben facer.

Desde 2009, Galicia triplicou as prazas de residencia sostidas con fondos públicos, ata chegar ás 15.000 actuais.  Hai que seguir.

Saben que é un compromiso que estamos cumprindo: aumentar as prazas. Nos primeiros cen días do novo Goberno, imos poñer en marcha outras mil novas prazas públicas a disposición dos nosos maiores. Tanto en residencias como en centros de día. E aquí quero volver a facer un recoñecemento público á aportación da Fundación Amancio Ortega. Acabamos de inaugurar dous excelentes en Santiago e Lugo que poñeremos a disposición dos usuarios galegos.

Tamén neste ano inauguraremos en Santiago o primeiro centro de coidados intermedios público de España destinado á xente maior que, despois de recibir unha alta hospitalaria, non estea en condicións para volver ao seu domicilio

Continuaremos tamén co despregamento do bono universal de 5000 euros ao ano para os galegos dependentes que prefiren permanecer na súa casa para que poidan acceder á axuda dun coidador.

Tamén nos centraremos en detectar e paliar un dos fenómenos sociais que máis tristura nos provocan, que é a soidade non desexada, especialmente entre as persoas maiores. A iso dedicaremos tamén un esforzo importante nesta lexislatura.

Seguiremos traballando por unhas persoas das que podemos aprender cada día moitas leccións: estou falando das galegas e galegos con discapacidade. Traballaremos pola plena inclusión  en todos os eidos, por suposto nas aulas, no emprego público e privado e tamén, proporcionarlle servizos especializados a quen o precise. Grazas ao concerto social, moi demandado polas entidades que traballan coas persoas con discapacidade, e que están a ser unha realidade moi palpable que axuda moitísimo, non só para os usuarios se non tamén para as súas familias.

Trátase dunha vella demanda que xa é unha realidade Xa hai máis de 5000 prazas que se ofrecen a través de concertos sociais.  Avánzolles que nos vindeiros días seguiremos ampliando a oferta con 160 novas prazas públicas para as persoas que o necesiten e amparadas polos concertos sociais.

E para que os servizos públicos se fortalezan de forma sustentable e estean atendidos polas persoas idóneas, é necesario recoñecer que estas persoas teñen unha función fundamental en garantir que os equipos estean adaptados ás necesidades da sociedade galega.

Nesta liña seguiran indo as ambiciosas ofertas de emprego público que estamos a lanzar en todos os ámbitos (só no 2023, o ano pasado, aprobáronse máis de 1100 prazas para a Administración xeral, máis de 1200 para Sanidade, e 1750 na Educación) Seguiremos nos próximos meses por este camiño

O desafío é triplo:  abordar o inevitable e progresivo envellecemento dos cadros de persoal que padecen todas as Administracións públicas,  e que polo tanto, hai que facer fronte ás xubilacións e incorporar novos servidores públicos. Hai que reducir a temporalidade por debaixo do limiar do 7% e garantir que todos os procesos selectivos, a parte da súa obxectividade, sexan rápidos e se resolvan no prazo máximo dun ano desde a súa convocatoria. Disto estou seguro, de que os miles de opositores e opositoras o van a agradecer especialmente e é un compromiso que vai cumprir a Xunta de Galicia.  Menos dun ano en todas as oposicións.

A GALICIA DA VINDEIRA DÉCADA

Señorías. Vou rematando. O desafío que temos ante nós nesta lexislatura é nin máis nin menos que a construción da Galicia, non dos vindeiros catro anos, hai que construír a Galicia da vindeira década. As decisións que tomemos condicionarán a estrutura económica, a configuración territorial e os servizos públicos cos que contaremos a partir do 2030-32, ata o ano 2034 e máis alá. Prestar, en definitiva, o mellor servizo aos galegos de hoxe, pero tamén aos de mañá.

Se a nosa comunidade avanzou ao longo destes anos como fixo, foi grazas á responsabilidade e á visión de país de moitísima xente. Eu quero recordar neste discurso de inicio de investidura a todos os que aportaron antes ca min, o seu esforzo, á Xunta. Polo tanto, un recoñecemento a: Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo. Todos fixeron o posible por construír unha Galicia mellor.

Tamén, por suposto, a todas as persoas que os acompañaron no seu traballo , ás que tiveron unha responsabilidade de Goberno, e ás que a tiveron de oposición. Ao final os logros son de todos, dos que teñen que gobernar e dos que, desde a oposición, teñen que intentar construír alternativa

Alternativas que permiten ademais que Galicia sexa hoxe unha comunidade cada vez máis vertebrada en todo tipo de infraestruturas: as terrestres, de transporte e as tecnolóxicas que —na era do teletraballo, tan importantes—. Todo iso que permite ter unha Galicia cada vez mellor comunicada.

Oito de cada dez galegos viven a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións e hai que seguir avanzando por este camiño. Nesta lexislatura continuaremos as execucións autovías da Costa da Morte, Brión-Noia, Costa Norte, Santiago-A Estrada e dúas nas que as melloras son inminentes: Tui-A Guarda e Lugo-Monforte.

Tamén seguiremos consolidando a rede de transporte público máis accesible de toda España, con vantaxes evidentes de gratuidade para os maiores  pero tamén para os máis mozos. Para maiores de 65 e para menores de 21 anos.

A Galicia de mañá, e tamén a de hoxe, ten que seguir sendo cada vez máis igualitaria, combatendo activamente o machismo que aínda pervive no día a día. Nos primeiros compases desta lexislatura que iniciamos lanzaremos novos programas para o impulso do emprego feminino de alto valor engadido.

e por suposto, Non haberá cuartel na loita contra a mostra máis extrema das desigualdades, a violencia machista. A nosa comunidade porá en marcha neste mesmo ano Centros de Información á Muller móbiles, á disposición de todo o noso rural, naqueles lugares onde non existe un recurso permanente. E un programa para a atención especializada ás vítimas que presentan unha especial, pola súa intensidade, vulnerabilidade: mulleres maiores, con discapacidade ou que que forman parte de familias monoparentais.

Galicia avanzará á vindeira década protexendo a nosa lingua e a nosa cultura e abríndoa ao mundo, máis aínda do que estaba. Potenciaremos o uso do galego especialmente entre a poboación neofalante e levaremos a nosa enorme riqueza cultural aos municipios máis pequenos, os que menos oportunidades teñen de contar con estas manifestacións culturais, coa rede Adival que puxemos en marcha nestas semanas.

Avanzaremos apoiando a todos eses galegos que van polo mundo falando ben de nós e  do noso.  Embaixadores, creadores, científicos, deportistas que representan a Galicia ao mesmo tempo que desempeñan a súa actividade. Mañá mesmo terei oportunidade de reunirme cos deportistas que acudirán á Olimpíada de París e cos deportistas paraolímpicos, Todo o esforzo que fan, un esforzo de moitísimos anos e meses de adestramento ten que ser recoñecido por toda a sociedade galega porque tamén nos están representando co seu traballo.

A Galicia da vindeira década terá as súas portas abertas a un turismo respectuoso que permita combinar o gran número de visitantes coa conservación do que fai, precisamente, que eses visitantes acudan a coñecer a nosa terra.  Por tanto ese é o camiño, o vieiro e a tendencia na que seguiremos. Poñer en marcha, difundir cada vez máis,  en España e en todos os países do mundo, a riqueza cultura para poder atraer visitantes con “sentidiño”.  Non nos obsesionamos coa cifra  pero non descartamos a oportunidade de seguir crecendo.

Confío ademais, e quero agradecer aquí, en que na lexislatura que agora comezamos, a Ribeira Sacra, conte co galardón a Patrimonio da Humanidade. Agradezo o esforzo e unanimidade de todas as comunidades autónomas e do Goberno de España en recoñecer que era unha candidatura que tiñan que apoiar.

Avanzaremos tamén na vindeira década no bo trato e coidado aos animais de compañía. Unha sociedade que coida dos animais de compañía é unha sociedade que fala ben de si mesma. Os centos de miles de galegos que teñen ao seu nome unha mascota merecen a atención da Xunta de Galicia. A medida que poñeremos en marcha de inmediato é a gratuidade dos primeiros gastos veterinarios para as persoas que adopten, creo que vai nese camiño, igual que o  novo centro de acollida a nivel galego e apoiando aos concellos de máis de 20.000 habitantes para sigan instalando parques de ocio canino.

E tamén avanzaremos, señorías, Galicia avanzará á vindeira década contribuíndo —na medida das nosas competencias— en ter unha Xustiza cada vez máis áxil e cada vez mellor axeitada ás demandas dos cidadáns. Unha xustiza lenta, unha xustiza ineficaz  non é xustiza. Neste mapa de competencias compartidas a Xunta de Galicia fixo un enorme esforzo nos últimos anos.

161 millóns de euros investidos en mellorar as sedes xudiciais, case 50 millóns de euros en implantar novas tecnoloxías. Polo tanto, implantación da carreira profesional  en materia de Administración e Xustiza. Somos a día de hoxe en moitas especialidades xurisdicionais a comunidade que máis paga na xustiza de oficio. Sei que é unha tarefa inacabada e que os profesionais teñen dereito ás súas reivindicacións. Pero tamén sei que isto non o podemos facer só as comunidades autónoma. No que só depende de nós, Galicia  está en situacións punteira. Por iso pedimos a implicación do Ministerio de Xustiza para abordar este problema.

A confianza é o concepto sobre o que debe pivotar sempre a democracia . E é que cidadáns nos conceden a súa confianza que sempre é temporal e revogable. Nos dan a súa confianza cunha finalidade clara: administrar os seus recursos que proveñen dos seus impostos, do seu traballo e do seu esforzo da mellor maneira posible. Espero que ningún dos aquí presentes pensemos o voto do pasado 18 de febreiro pode interpretarse como unha carta branca para actuar durante catro anos. Ese apoio é temporal e está sometido permanentemente ao escrutinio de quen no lo deu.  A confianza da xente non nos pode liberar, senón que ten que atarnos para facer as cousas como dixemos que as iamos facer, cumprir os compromisos que dixemos que iamos cumprir, e eu polo tanto, prometo respectar iso, prometo honrar en todo momento. Prometo gobernar con palabra.

Non podo asegurar que non me equivocarei xamais, porque o vou facer bastantes máis veces das que me gustaría, pero o que si podo asegurar é que cada decisión que tome, cada paso que dea e cada palabra que pronuncie será no interese supremo de Galicia e dos galegos.

Hai moito tempo que Galicia sabe cal é o seu destino e os seus intereses. E o que fai cada catro anos e elixir a quen cre que mellor pode levalos a cabo.

Eu pido a confianza desta Cámara, co convencemento de que teño que seguir sendo un humilde camiñante ao carón do noso pobo, un pobo ao que lle pedín e me outorgou maioritariamente a súa confianza.   Por tanto, comprométome a dato todo, dalo todo de min, todas as miñas forzas, todas as miñas ganas, e toda a experiencia acumulada nestes anos para que Galicia siga superándose. Cando non nos poñemos límites, as galegas e galegos somos imparables. Eu pido a súa confianza para seguir por ese camiño.

Moitas grazas.

Noticias recomendadas

O Parlamento galego apoia a implantación da iniciativa empresarial de Altri en Palas de Rei, sempre que cumpra a máis estrita normativa medioambiental, técnica e sectorial
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que manifesta o seu apoio á implantación da iniciativa empresarial de Altri en Palas de Rei,
O PPdeG presenta a súa campaña para as eleccións europeas apelando directamente a cada galego: “Somos a túa resposta”
O Partido Popular de Galicia presentou hoxe as liñas mestras da súa campaña para as eleccións europeas e fíxoo poñendo o foco na importancia das decisións que se toman no
O Parlamento de Galicia pide á Xunta accións divulgativas para difundir o legado científico e político do matemático Rodríguez
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta desenvolva accións divulgativas que axuden
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings