Skip to content

Medidas urxentes para minimizar as consecuencias socioeconómicas da invasión de Ucraína nas empresas e nos cidadáns

Medidas urxentes da Xunta e o Goberno do Estado para minimizar as consecuencias socioeconómicas da invasión de Ucraína nas empresas e nos cidadáns

 

Galicia está ao carón dos esforzos que está a desenvolver a Unión Europea e os gobernos dos distintos Estados membros, incluído o Goberno de España, reivindicando o restablecemento da legalidade internacional e da paz tras a invasión de Ucraína por parte de Rusia, tendo como guía nesta crise os principios e valores democráticos e a protección dos dereitos fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado de constitución da Alianza do Atlántico Norte e na Constitución Europea.

De feito, desde a Comunidade galega se condena esta agresión inxustificada e se amosa unha total disposición a colaborar nunha resposta humanitaria coordinada co Goberno central en apoio ao pobo ucraíno. Neste sentido, Galicia ten comunicado a disposición de máis de 1.400 prazas de acollida para refuxiados entre as habilitadas pola Xunta, concellos e entidades sociais; ao tempo que ten ofrecido preto de 500 camas nas sete áreas sanitarias con espazo específico para pacientes pediátricos e pacientes con tratamento oncolóxico, e traballar de forma activa na axuda humanitaria.

Pero, as incertezas que se derivan desta situación, unha das máis graves vividas en Europa desde a segunda guerra mundial, están a provocar un excepcional impacto económico no tecido produtivo e nas familias, que están a facer fronte a unha escalada sen precedentes no relativo aos prezos enerxéticos, así como á escaseza dalgunhas materias primas esenciais na cadea agro-mar-industria e outras industria. Ademais, empresas presentes nestes dous países ou que lles viñan exportando os seus produtos e servizos vense afectados por unha contracción dos seus mercados, ao igual e as localidades turísticas que acollían a súa cidadanía.

Como consecuencia, faise necesario adoptar medidas urxentes para que os sectores como a industria, o agro e o mar poidan continuar coa súa actividade, mantendo o emprego, e para que as familias poidan facer fronte e a súas facturas.

Por todo o exposto, as deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno.

“O Parlamento de Galicia da Xunta insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que faga efectivo o compromiso asumido na declaración pactada na Conferencia de Presidentes celebrada este domingo, 13 de marzo de 2022, e poña en marcha as medidas urxentes necesarias para minimizar as consecuencias socioeconómicas nas empresas e nos cidadáns tras a invasión de Ucraína e, entre elas, as seguintes:

1) Baixada dos impostos que gravan a electricidade, o gas, a gasolina e o gasóleo.

2) Medidas específicas para os sectores máis afectados: transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandería e turismo.

3) Rectificar a política enerxética abrupta que se vén levando a cabo e apostar por unha transición planificada, proporcional e xusta.

4) Reverter o incremento xeneralizado de impostos, descartando a implantación de peaxes nas autovías que suporían novas cargas para as familias e os sectores produtivos esenciais.

Así mesmo, o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a analizar, xunto cos sectores máis afectados polas consecuencias da invasión de Ucraína (transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandería, turismo …) e, en coordinación coas políticas que ao efecto se impulsen pola Unión Europea e polo Goberno de España, a poñer en marcha aquelas medidas necesarias, no ámbito das súas competencias, coa finalidade de mitigar a situación pola que atravesan os mencionados sectores.

Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-002777

 

Nota de prensa: http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/novas/item/5889-o-parlamento-demanda-28-actuacions-ao-goberno-de-espana-e-a-xunta-para-facer-fronte-a-inflacion-e-as-consecuencias-da-invasion-de-ucraina

 

Noticias recomendadas

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que transfira a Galicia fondos Next Generation para financiar as necesidades do comercio
O Parlamento galego aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio dos deputados do PSdeG, a través da que se demanda ao
O Grupo Popular salienta que a Xunta xa executou o 83 por cento dos 130 millóns de fondos Next Generation para a sostibilidade turística
O portavoz de Turismo do Grupo Popular, Borja Verea, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta “xa ten mobilizados, a día de hoxe, máis do 83 por cento
Millán Mon defiende el sector pesquero europeo en un debate sobre la protección de los océanos
El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon intervino hoy en un debate en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo sobre la necesidad de proteger los océanos. El debate contó con
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies