Skip to content

Moreno, Ayuso, Mañueco e López Miras acompañarán a Feijóo no 17º Congreso do PPdeG

Os presidentes do PP de Asturias, Extremadura e Cantabria únense tamén a Pablo Casado e Teo García Egea, así como a secretaria xeral do PP vasco

O Congreso do PPdeG, que terá lugar esta fin de semana en Santiago, contará coa presenza de todos os presidentes autonómicos do Partido Popular con responsabilidades de Goberno. A data de hoxe teñen confirmada a súa asistencia ao Conclave o presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e o presidente de Murcia, Fernando López Miras.

 

Todos eles súmanse aos xa confirmados Teodoro García Egea e Pablo Casado, que asistirán ás xornadas de venres e sábado, respectivamente. Ademais, os presidentes do PP en Extemadura, José Antonio Monago, en Asturias, María Teresa Mallada de Castro, e en Cantabria, María José Sáenz de Buruaga, así como a secretaria xeral do Partido Popular vasco, Laura Garrido, participarán nun evento que se celebra un ano despois da cuarta vitoria electoral consecutiva e por maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo en Galicia.

 

O acto tamén contará coa presenza da presidenta de Nuevas Generaciones, Beatriz Fanjul, e dos vicesecretarios Jaime de Olano, Ana Beltrán e Antonio González Terol.

 

Malia que tanto o programa como o número de asistentes e invitados están por pechar, o PPdeG agradece o interese coa que tanto a dirección nacional da formación como o resto do territorio están a afrontar este Conclave.

 

Cómpre lembrar que Galicia non só é o berce dese Partido Popular que fundou Manuel Fraga hai 45 anos, senón que tamén é unha terra que ostenta dous importantes fitos na política española. En primeiro lugar, é o exemplo de que é compatible ser unha nacionalidade histórica con ter un profundo respecto pola unidade de España e pola Constitución de 1978; e, en segundo lugar, cando todo o país padecía os efectos da inestabilidade política do multipartidismo e das opción políticas máis extremas, os galegos apostaron por un Goberno estable, pola unificación do centro-dereita en torno ás siglas do PP e por deixar fóra do Parlamento a Ciudadanos, VOX e Podemos.

 

Por tanto, a nosa Comunidade é un territorio simbólico para o PP e os populares galegos agradecemos que así se demostre coa destacada presenza de líderes da formación no Congreso desta fin de semana.

 

UN CAMIÑO POR PERCORRER COS GALEGOS

O 17º Conclave autonómico ten por lema “Un camiño por percorrer”, un slogan que recolle a intención da formación de non vivir dos logros colleitados ata o de agora, senón que traballa por todos os retos que aínda quedan por acadar coa vista posta na Galicia do futuro.

 

Os populares queren continuar actualizándose e renovándose sempre da man dos galegos, para seguir avanzando así no sendeiro das melloras económicas e as baixadas de impostos -que forman parte dos relatorios-, da blindaxe dos servizos sociais públicos e de calidade, e da aposta por ser un partido cada vez máis aberto e accesible.

 

O Congreso que se desenvolverá os días 16 e 17 de xullo será presidido polo presidente do PP de Pontevedra, Rafael Domínguez, un dos referentes urbanos do PPdeG, que mellorou o resultado do partido nun momento de especial dificultade electoral e nunha cidade na que gobernan os nacionalistas. Pola súa parte, como vicepresidenta da Mesa exercerá Marta González, deputada no Congreso e integrante do PP de Santiago, urbe que acolle este evento.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies