Skip to content

O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana o traspaso a Galicia da xestión do dominio público marítimo terrestre

Santiago, 2 de marzo de 2021.- O Grupo Popular demandará ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana o traspaso a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo terrestre. Así mesmo, solicitará á Xunta a elaboración do III Programa de Muller e Ciencia, unha vez avaliado a segunda edición desta iniciativa entre os anos 2016 e 2020.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular Pedro Puy avanzou que as preguntas dos grupos da oposición ao Presidente da Xunta adiantaranse á xornada do martes, xa que o mércores Feijóo ten previsto manter un encontro co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos.

 

COMPARECENCIAS DE CULTURA E EDUCACIÓN, E MAR

 

A orde do día da sesión plenaria inclúe as comparecencias do conselleiro de Educación e Cultura, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento, así como as actuacións en relación coa evolución da Covid-19; e da conselleira do Mar, para dar conta do impacto que en materia pesqueira pode ter o acordo de saída da Unión Europea de parte do Reino Unido, así como das actuacións que se van desenvolver no futuro na defensa de Galicia nesta cuestión.

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei do Pleno, o Grupo Popular demandará ao Goberno de España a transferencia a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo terrestre, “unha cuestión que xa se ten formulado noutras ocasións desde a Comunidade galega”.

XESTIÓN DE PROXIMIDADE

Pedro Puy lembrou que Galicia conta con máis de 2.000 quilómetros de costa, sendo a comunidade que con máis territorio costeiro. “Deste xeito, reclámase esta xestión do domino público marítimo terrestre porque se trata dun territorio que ten unha especial vinculación con materias que son actualmente competencia autonómica, como a regulación urbanística, a construción de portos ou o control de vertidos na costa”, sinalou.

“O obxectivo é acadar unha mellor prestación do servizo público, facéndoo a través dunha xestión de proximidade e cun coñecemento máis detallado da realidade costeira galega, referendada coa aprobación do Plan de Ordenación do Litoral”, indicou.

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo a elaboración do III Programa de Muller e Ciencia, dentro da Unidade de Muller e Ciencia e en colaboración coa Comisión Interdepartamental de I+D+i e as asociacións de mulleres da ciencia de Galicia.

AVALIACIÓN

Previamente, o Grupo Popular solicita que o Goberno galego realice unha avaliación do II Programa de Muller e Ciencia, desenvolvido entre os anos 2016 e 2020, que incidiu na investigación e a práctica científica para avanzar na igualdade entre mulleres e homes e no cambio institucional que o permita.

O portavoz popular recordou que este II Programa galego de Muller e Ciencia desenvolveuse en tres eixos estratéxicos: un primeiro, para conseguir o compromiso das institucións para a integración do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; en segundo lugar, conseguir unha presenza equilibrada de homes e mulleres no sistema de ciencia, tecnoloxía e innovación; e, por último, integrar o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en cada fase da produción, transferencia e aplicación do coñecemento.

Xa no apartado de preguntas ao Goberno galego, os deputados do Grupo Popular interesaranse polas ferramentas que as directrices da paisaxe pon a disposición das administracións públicas e os cidadáns para facilitar o uso e aproveitamento do territorio galego e a preservación da paisaxe; pola existencia dalgún novo compromiso de apoio económico do Goberno de España para a celebración do bienio Xacobeo 2021-2022; e polo ofrecemento que fixo o Goberno galego ás entidades locais para asumir por parte da Xunta a xestión das axudas municipais á hostalería, microempresas e autónomos para acadar unha maior simplificación e axilidade.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies