Skip to content

O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central “reconduza a situación” das novas tarifas eléctricas “cara unha racionalidade”

Santiago, 1 de xuño de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana ao Goberno de España que “reconduza a situación” das novas tarifas eléctricas “cara unha racionalidade” e aborde este tema con diálogo coas comunidades autónomas.

Así mesmo, solicitará que o Goberno central conte coa participación das comunidades autónomas no deseño do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-22 para a concreción de accións e aplicacións de recursos económicos.

 

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que a sesión plenaria dará comezo coa comparecencia, a petición propia, da conselleira do Mar para abordar a situación creada polo recurso interposto polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico respecto do Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-23.

 

SEN ALEGACIÓNS ANTERIORES AO MESMO PLAN

 

“Estamos sorprendidos porque este instrumento de planificación foi aprobado noutras ocasións polo mesmo sistema sen que houbera alegación algunha, e máis cando o Ministerio ten que informar cando se autorizan explotacións marisqueiras, porque afectan ao dominio público marítimo terrestre, pero non é así cando se trata dunha regulación xenérica dunha actividade”, sinalou.

 

Pedro Puy lamentou que esta situación “ten xerado unha enorme alarma, tanto na Xunta como nas propias confrarías, xa que pon en risco a actividade de máis de 3.700 persoas que traballan no marisqueo a pé, principalmente mulleres, e de arredor de 5.000 persoas que se dedican ao marisqueo desde embarcación”.

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular solicitará ao Goberno de España que “reconduza a nova situación das tarifas eléctricas cara unha racionalidade e en diálogo coas comunidades autónomas, como se ven pedindo desde a Xunta de Galicia”. “Seguimos pensando que é necesario facer unha transición enerxética equilibrada e xusta”, manifestou Pedro Puy, pero afirmou que “os efectos de todas estas decisións van repercutir no custo da enerxía para o consumidor final e para a competitividade das empresas”.

 

O portavoz popular lembrou que o Goberno de España “leva tempo prometendo medidas para rebaixar o prezo da luz, pero o novo réxime de tarifas suporá un encarecemento do servizo”. Fronte a isto, salientou que o Goberno galego “puxo en marcha desde hai anos axudas para as familias con menos recursos para o pago da factura eléctrica” e concretou que o bono eléctrico beneficia a cerca de 4.400 familias.

 

SEN DETALLES DO PLAN TURÍSTICO PARA O XACOBEO

 

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo conte coa participación das comunidades autónomas no deseño do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-22 para a concreción de accións e para a aplicación de recursos económicos.

 

Pedro Puy lamentou que o Ministerio anunciou a principios do mes de marzo o Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22, pero a día de hoxe “non se deron máis detalles nin se contactou ou se pediu a colaboración das comunidades autónomas”.

 

Neste sentido, lembrou que se trata “dun evento que ten un carácter nacional e un fenómeno cun enorme interese para as comunidades do interior polas que discorre o Camiño de Santiago, onde a presenza de visitantes ten que ver co turismo cultural ou relixioso”.

 

Por último, no apartado de preguntas, o Grupo Popular interesarase polos resultados do proceso asistencial integrado para a esclerose lateral amiotrófica; pola evolución dos traballos de ampliación da rede de centros integrados de formación profesional; e polas xestións realizadas pola Xunta para defender a autonomía financeira de Galicia na tramitación do proxecto de Lei de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal, que “atenta contra a nosa autonomía fiscal, a nosa capacidade de desenvolvemento do Dereito Civil, deturpando os pactos sucesorios; e non respecta os principios básicos da relación tributaria entre Administración e contribuínte”, sinalou Pedro Puy.

 

Noticias recomendadas

O PP de Galicia sae “aínda máis reforzado” da Intermunicipal para seguir traballando polos veciños e veciñas dos 313 concellos
O Partido Popular de Galicia sae “aínda máis reforzado” para seguir traballando polos veciños e veciñas dos 313 concellos despois da súa participación na XXVII Intermunicipal do PP esta fin de
El PPdeG pone ejemplos de políticas de termalismo, conciliación o gestión de los residuos que han transformado territorios
Tres representantes del PPdeG pusieron esta tarde ejemplos, delante de compañeros de toda España, de políticas de termalismo, conciliación o gestión de los residuos que han transformado sus territorios. En
El PPdeG sitúa las políticas sociales de Galicia en materia de cuidado de los mayores y conciliación como referencia para toda España
El PPdeG reivindicó hoy las políticas sociales que durante los últimos años se vienen implementando en Galicia en materia de cuidado de los mayores y conciliación por considerarlas una referencia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies