Skip to content

O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Pesca estudos exhaustivos sobre a adopción de medidas de protección de cetáceos

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que se fagan estudos máis exhaustivos sobre a necesidade de adopción de medidas de protección dos cetáceos, así como a adopción de medidas desde un punto de vista de proporcionalidade para os posibles danos que cada arte de pesca pode orixinar na interactuación con estas especies.

 

A deputada popular Teresa Egerique lembrou que “recentemente coñecemos que a Comisión Europea intentará protexer aos cetáceos para que a pesca non dane accidentalmente a estes tipo de animais”. Así, España, Francia e Suecia foron expedientadas pola Comisión Europea pola laxitude das súas accións para evitar a morte de mamíferos, cetáceos e aves nas súas tarefas pesqueiras.

 

 

Diante desta situación, a conselleira do Mar amosou a súa preocupación e remitiulle unha carta no mes de xuño ao ministro de Pesca explicando que o nivel de selectividade do arrastre peláxico, en termos de interacción e captura accidental de mamíferos mariños, é moi superior a outras artes, polo que se entende que as actuacións e normas deben tamén ser diferentes.

 

 

Ante a diferenciación que se da no uso de artes e a súa afectación para os mamíferos, así como ante posibles medidas de protección dos mesmos, Teresa Egerique apuntou que “a conselleira solicitoulle ao ministro que realizase xestións ante o marco decisorio europeo, co obxectivo de que a normativa de captura accidental de mamíferos e a de descartes atenda de forma específica a cada pesquería”.

 

 

 

 

“É moi importante diferenciar e defender a forma de pescar dos galegos, que compren estritamente as normas e non son tan agresivos como outros”, subliñou a deputada popular.

 

 

NORMATIVAS LINEAIS

 

 

En concreto, sinalou que “queremos evitar que a imposición de normativas lineais castigue a aquelas flotas que empregan artes selectivas e con nulo efecto pernicioso sobre os recursos e contorno mariño, como pode ser a frota galega”, polo que considerou que, “ao igual que se ten limitado de forma estrita outras pesquerías, coma o arrastre e enmalle de fondo, sería necesario circunscribir estas normas sobre protección de mamíferos a aquelas artes realmente perniciosas”.

 

 

Teresa Egerique salientou que “a Xunta adoptou medidas para paliar esta situación e para iso convocou unha orde de axudas para dotar aos pesqueiros de tecnoloxía e ferramentas para esquivar as capturas non desexadas de todos aqueles animais mariños que non sexan especies obxectivo para a pesca, ou o que é o mesmo, limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptar a pesca á protección das especies”.

 

 

A Consellería do mar destina a esta liña de axudas un importe de 300.000 euros e a contía da subvención pode ser de ata o 50 por cento do investimento, no caso de que o beneficiario sexa unha pequena ou mediana empresa, e de ata o 30 por cento cando non se trate de pemes.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de
O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies