Skip to content

O Parlamento galego pide a creación dun Plan galego fronte ás condutas aditivas

22 de febreiro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se pide á Xunta a elaboración neste ano 2023 dun Plan galego fronte ás condutas aditivas.

“O obxectivo é poder dar resposta aos novos perfiles de adición, como é o caso das adicións ás novas tecnoloxías e o xogo, mellorar os recursos cos que contamos para a atención aos pacientes complexos e adecuar os recursos existentes ás necesidades actuais”, manifestou a portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo.

 

A proposición non de lei contempla, como liñas fundamentais deste Plan fronte ás condutas aditivas, a relevancia da prevención e o seu beneficio, especialmente nas idades de adultos novos e menores de idade; a dotación de recursos para elaboración propia de campañas de prevención, así como a creación dunha liña de axudas e colaboracións con entidades do sector que desenvolvan actividade preventiva e de asistencia a persoas afectadas; e adoptar a consideración de todas as persoas afectadas por unha adición como enfermas, seguindo os criterios validados dende o punto de vista clínico e asistencial para elo, e que poidan ser tratados da súa patoloxía a través do sistema público de saúde.

 

ESFORZO INNEGABLE DA XUNTA

 

Ademais, demanda ter en consideración as adicións a novas tecnoloxías e situacións derivadas; crear un Comité Galego de Estudo das Adicións, que integre a persoal da administración, clínico, asistencial, do asociacionismo implicado e do eido académico que permita avaliar a evolución do problema e presentar propostas de medidas ante o Goberno de Galicia; e, por último, cumprir o acordo parlamentario de marzo de 2021 sobre as unidades que tratan condutas aditivas, dentro do marco xeral de acordo entre Xunta e FEGAMP para delimitación competencial no ámbito das administracións locais e autonómica.

 

Encarna Amigo salientou o “innegable esforzo” que a Xunta de Galicia está a facer no eido da saúde mental e mostra disto é o aumento das prazas formativas, que nesta convocatoria increméntanse un 53 por cento as de psicoloxía clínica e un 33 por cento as de psiquiatría.

 

“O obxectivo do Goberno galego é realizar unha labor de prevención, ademais de atender ás persoas afectadas por trastornos mentais e aditivos, polo que o traballo que se fai no marco do Plan de saúde mental debe ser complementario cunha acción particular no eido das condutas aditivas en todos os seus niveis”, engadiu.

 

Por último, a portavoz popular lamentou que o BNG “se manteña no seu discurso negacionista de todo o que acontece no ámbito sanitario en Galicia, porque o certo é que as accións demóstranse con feitos e o Goberno galego aposta pola saúde mental das persoas e pola prevención e tratamento dos trastornos aditivos”. “Así, leva anos traballando en distintos eidos, aumentando partidas orzamentarias, contratando a máis persoal e estendendo os programas de saúde mental e creando novos cando a poboación o require”, afirmou.

Noticias recomendadas

O PPdeG agarda que a “incompetencia do Goberno de Sánchez” e a falta de Presupostos estatais para o próximo ano non prexudique o Xacobeo 2027
O Partido Popular de Galicia alerta de que a incapacidade do Goberno de Sánchez para conseguir aprobar os Presupostos Xerais do Estado implica o risco  de que a declaración do
Alberto Pazos asegura que a Comisión de Investigación sobre a contratación pública acreditou o bo facer do Goberno galego e destapou unha incipiente trama de “nacionalismo de amiguetes”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, fixo hoxe un balance do desenvolvemento da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Administración galega e afirmou que “comezou co obxectivo
Os senadores do PP lucense afean que “o Goberno de Sánchez non teña intención de rebaixar o status de protección do lobo”
“O Goberno de Sánchez non ten intención de rebaixar o status de protección do lobo e, ademais, deriva aos seguros agrarios”, segundo afirman os senadores do PP lucense -José Manuel
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies