Skip to content

O Parlamento reclama información concreta e rigorosa sobre a chegada do AVE a todas as cidades galegas

Santiago, 24 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reclama ao Goberno Central máis información e máis concreción nos prazos de chegada da alta velocidade a Galicia, unha vez que parece desbotada polo Ministerio de Transportes a mellor opción para o PPdeG, que era a de modificar o ancho de vía entre Ourense e Santiago para facilitar a circulación dos AVE ata a capital galega.

O portavoz popular de Infraestruturas, Diego Calvo, considerou esa información “necesaria para os galegos” e da que a Xunta tan só ten coñecemento “a través dos medios de comunicación”. “O AVE chegou a Galicia con moitísimo retraso e fíxoo de forma incompleta porque, a día de hoxe, non hai trens suficientemente rápidos para o resto das cidades, non funciona a variante de Cerdedo e porque ninguén fala da súa continuidade ata Ferrol”, explicou Diego Calvo, ao tempo que lembrou que polas liñas do Eixo Atlántico entre A Coruña e Vigo, e tamén entre Santiago e Ourense, seguen circulando os trens Alvia e Avant, que alcanzan unha velocidade máxima de 250 quilómetros por hora.

 

INCUMPRIMENTO DOS TEMPOS DA VIAXE

 

Ante esta situación, a realidade é que non se compren “nin de lonxe” os tempos de viaxe previstos e de aí a reclamación de axilizar as xestións e os traballos que debe acometer o Goberno Central, así como a obtención dun cronograma que defina as diferentes actuacións a poñer en marcha.

 

“A Xunta está a dar sobradas mostras da súa preocupación pola mobilidade dos galegos dentro das súas competencias, en todo o relativo aos autobuses, mentres que o Goberno central está a prexudicar todo o que pode e máis aos galegos, sobre todo aos residentes no entorno rural”, denunciou Calvo. Neste senso, lembrou que aínda non se repuxeron as liñas e frecuencias suprimidas por mor da pandemia sanitaria e criticou a nova Lei de Mobilidade que prepara o Goberno de Pedro Sánchez e que concibe “o transporte ferroviario como un luxo e non como un servizo público, que é o que verdadeiramente ten que ser”.

 

LEI ESTATAL DE MOBILIDADE

 

Con respecto a esta nova normativa aprobada xa polo Consello de Ministros, Calvo lembrou que a Xunta presentará alegacións facendo especial mención aos prexuízos que causará na conectividade do rural, pois anuncia “a morte dos trens de media distancia en Galicia” ao entender o seu funcionamento en termos de rendibilidade en lugar de como servizo público indispensable.

 

“Polas medidas que se promoven nesa lei, parece que o Goberno de España entende a mobilidade como un privilexio, máis que como un dereito dos cidadáns”, denunciou o deputado popular, quen insistiu na “exclusión do rural por parte do Goberno de España ao condicionar as obras de infraestruturas viarias e ferroviarias a estudos que acrediten a súa rendibilidade económica e financeira, o que suporía renunciar a máis da metade das autovías planificadas”.

 

Dirixíndose directamente ao voceiro do BNG, Diego Calvo reclamou a súa postura sobre esta lei e afeoulle o feito de que “critican ao PSOE só coa boca pequena porque queren manter os seus sofás nos gobernos que comparten en concellos e deputacións”.

 

A ao resto dos grupos solicitou o seu apoio para reclamar información concreta sobre as previsións que manexa o Ministerio para a chegada da alta velocidade a toda Galicia e as novas conexións ferroviarias que pretende implantar para comunicar Galicia de xeito directo co resto de España, así como dos avances para a variante exterior de Ourense, a reforma da praia de vías ou o intercambiador previsto á saída da estación de Ourense.

 

Finalmente, tras defender novamente como mellor opción a realización das obras necesarias para dotar á vía de ancho internacional en substitución do ibérico actual, o portavoz popular reclamou ao Goberno central información sobre cando estarán dispoñibles os trens de rodadura desprazable, pois a previsión estaba fixada para este verán pero hai uns días a ministra abriu a porta a un novo posible retraso por problemas de homologación con Renfe.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies