Skip to content

O PPdeG critica que o BNG só pensa nunha “Galicia cativiña” ao rexeitar a mellora da xestión municipal da auga

Santiago, 9 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Diego Calvo afeou esta mañá no Pleno do Parlamento a conduta do BNG en todo o que respecta ao proxecto de lei de mellora do ciclo integral da auga.

“Andan agora a dicir que vostedes son os do si, mentindo claramente unha vez máis, pois veñen a criticar unha lei que aínda non está presentada e que, sen dúbida, é positiva para todos os concellos de Galicia”, asegurou Calvo, que engadiu que “só quen pensa nunha Galicia cativiña é quen de rexeitar as melloras propostas nesta nova norma”.

 

Neste senso, e ante a intención dos nacionalistas de paralizar este proxecto lexislativo, lembrou os problemas que teñen a maioría dos concellos para asumir as súas competencias en depuración, abastecemento e saneamento, como sucede en Tomiño, Ribadeo, Rianxo ou Pontevedra, cidade esta última gobernada polo BNG e a única de Galicia onde o concello non xestiona a súa depuradora. “A Xunta inviste na estación depuradora de Pontevedra 30 millóns de euros e vostedes veñen aquí a dicir que non é necesaria esta nova lei de xestión da auga?”, preguntouse Diego Calvo.

 

Durante a súa intervención, rexeitou un por un todos os argumentos da oposición á nova lei. “É mentira que se vaia impoñer nada aos concellos, pois a súa adhesión é voluntaria; é mentira que se incremente a factura da auga, porque o que se fai é unificar tributos; é mentira que Augas vaia deixar de apoiar aos concellos que decidan manter a xestión como agora, pois o seu traballo será como ata gora; e é mentira que a Xunta trate de evadirse das súas competencias pois, insistimos, todo o relacionado coa xestión da auga é competencia municipal”.

 

OS INFORMES DA FEGAMP

 

No relativo ao prezo da factura da auga, Calvo criticou ao BNG por presentar ante o Parlamento unha iniciativa baseada nunha mentira, pois os cálculos que denunciaron hai unhas semanas foron realizados sobre unha base errónea, cuestión que xa recoñeceron publicamente os técnicos da Fegamp e que, aínda así, foron expostos polos nacionalistas no pleno.

 

“O que tería que facer o BNG é pedir desculpas e retirar esta moción, porque xa está ben de tratar de enganar aos galegos”, apuntou o deputado popular, que recomendou aos nacionalistas preocuparse polo “verdadeiramente importante” como é o incremento que está a supoñer na xestión da auga a subida do prezo da luz.

 

Finalmente, Diego Calvo eloxiou o traballo realizado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, para coñecer de xeito pormenorizado o estado actual das infraestruturas hidráulicas e tratar de melloralas cara a unha xestión máis óptima. “É un traballo minucioso, feito con rigor e moi valente, porque estamos falando de novo dunha competencia municipal na que a Xunta inviste millóns de euros cada ano”, rematou o deputado, que fixo referencia tamén aos 1.100 millóns de euros que se levan investidos no saneamento integral das rías e ríos de Galicia nos últimos 10 anos.

Noticias recomendadas

Aprobado o ditame do proxecto de Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, paso previo á súa aprobación definitiva en Pleno
A Comisión de Cultura do Parlamento galego aprobou esta tarde o ditame do proxecto de Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, co que este texto lexislativo queda pendente
O PPdeG reclama a Yolanda Díaz que explique o ‘caso Errejón’ e “teña a valentía de dimitir” no caso de que ela ou alguén máis colaborase en encubrir estes feitos
O Partido Popular de Galicia reclama á galega Yolanda Díaz que dea “todo tipo de explicacións” polo escándalo protagonizado por Íñigo Errejón e que, dada a gravidade do acontecido, “teña
O Parlamento galego demanda ao Ministerio do Interior un concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes da unidade adscrita a Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio dos deputados do BNG nin do PSdeG, a través da que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies