Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016.– O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu hoxe unha rolda de prensa trala reunión do Comité Electoral do Partido Popular de Galicia, presidido por Alfonso Villares.
Tellado anunciou así “o equipo que acompañará ao noso candidato no Parlamento de Galicia para defender o noso proxecto”, destacando que o obxectivo das candidaturas do PPdeG é “ter un grupo parlamentario sólido capaz de defender o noso proxecto” fronte a outras que teñen como prioridade “dar satisfacción a diferentes faccións ou agrupacións locais”. O número dous dos populares galegos presentou unhas listas cunha porcentaxe de renovación dun 58%, destacando non obstante que a incorporación de novas caras se combina con “conservar aos valores seguros”.
Tellado quixo así contrastar con outras forzas que necesitan “cambiar de marca” ou esconder aos “referentes nos últimos catro anos”. O PPdeG síntese “orgulloso” do traballo feito en Xunta e Parlamento e por iso inclúe nas súas candidaturas á totalidade do goberno galego, a todos os delegados territoriais e a todas as persoas que ocupan cargos na Mesa do Parlamento ou na dirección do grupo parlamentario.
“Cremos que o traballo destes catro anos é, sen lugar a dúbidas, o noso gran aval ante Galicia nestas eleccións e polo tanto incorporamos ás listas ás persoas que representan ese traballo do que nos sentimos orgullosos”, concluíu.
EXPERIENCIA E UNIDADE, RASGOS DIFERENCIAIS
Miguel Tellado explicou que as candidaturas do PPdeG ofrecen “un equipo con dúas características que ningunha outra forza política pode ofertar nestes momentos”: a experiencia e a unidade.
No tocante á experiencia, o secretario xeral dos populares indicou que as candidaturas do PPdeG incorporan a “persoas experimentadas na xestión pública” en diferentes eidos: goberno galego, Cortes Xerais e política local, así como deputados con experiencia na propia cámara galega na defensa de temas tan importantes como a política económica, a política social, a pesqueira ou a sanitaria.
En canto á unidade, Tellado destacou que as candidaturas populares configuran un “equipo unido para unha maioría estable”. “Destas candidaturas non vai saír ningún grupo mixto”, sinalou Tellado en referencia á ruptura nesta lexislatura do grupo parlamentario que formaban os que agora integran as Mareas. Unha fractura cuxa repetición augurou nesta nova lexislatura.
Tamén puxo en valor que “destas candidaturas non sairá ningunha impugnación ante os órganos do partido en Madrid” como si ocorreu no caso dos socialistas galegos. Estas listas non “nolas ten que emendar ninguén”, pois “aquí ninguén discute o liderazgo de Alberto Núñez Feijóo”. afirmou en referencia á corrección feita por Ferraz nas listas do PSdeG.
Tras agradecer o seu traballo e esforzo durante estes anos ás persoas que non repiten nas candidaturas, o secretario xeral do PPdeG destacou que as persoas que conforman as candidaturas para o 25 de setembro son un “equipo unido” capaz de lograr “unha maioría estable para Galicia”.
LISTAS DO PPdeG PARA AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS
PONTEVEDRA
1-. Alberto Núñez Feijóo
2-. Alfonso Rueda Valenzuela
3-. Teresa Egerique Mosquera
4-.Jesús Vázquez Almuíña
5-. Guadalupe Murillo Solís
6-. Román Rodríguez González
7-. Valeriano Martínez González
8-. José Manuel Cores Tourís
9-. María Nava Castro Domínguez
10-. Marta Rodríguez Arias
11-. Ignacio Javier López-Chaves Castro
12.- Silvestre José Balseiros Guinarte
13-. Alberto Pazos Couñago
14-. Marián García Míguez
15-. Isabel Novo Fariña
16-. Javier Dorado Soto
17-.Moisés Rodríguez Pérez
18-. Jacobo Moreira Ferro
19-. Rosa Oubiña Solla
20-. Marta Fernández-Tapias Núñez
21-. Pablo Carollo Ramos
22-. María de la Concepción Ortega Martínez
Suplentes:
1-. Manuel Santos Costa
2-. Gerardo Ramón Pérez Puga
3-. María José Pino Fernández
4-. Paula Bouzós Barros
5-. María Deza Martínez
A CORUÑA
1-. Diego Calvo Pouso
2-. Beatriz Mato Otero
3-. Ángeles Vázquez Mejuto
4-. José Manuel Rey Varela
5-. Pedro Puy Fraga
6-. Miguel Tellado Filgueira
7-. Paula Prado del Río
8-. Rosa Quintana Carballo
9-. Ethel Vázquez Mourelle
10-. Álvaro Pérez López
11-. Carlos López Crespo
12-. Martín Fernández Prado
13-. Aurelio Núñez Centeno
14-. María Antón Vilasanchez
15-. Soraya Salorio Porral
16-. Gonzalo Trenor López
17-. Miguel Prado Patiño
18-. Ana Belén García Vidal
19-. Sandra María Devesa Bouzas
20-. María Herminia Pouso Maneiro
21-. Hipólito Fariñas Sobrino
22-. Raquel Rodríguez Amigo
23-. Rogelio Lema Mougán
24-. Manuel María Durán Guillán
25-. Marta María López Pena
Suplentes:
1-. Rafael José Giron Martínez
2-. Noelia Gil Calviño
3-. Lucía Isabel Fariñas Seoane
4-. Alba Vázquez Golan
5.- Francisco Javier Crespo
LUGO
1-. Francisco Conde López
2-. Encarna Amigo Díaz
3-. Raquel Arias Rodríguez
4-. José Manuel Balseiro Orol
5-. Sandra Vázquez Domínguez
6-. Daniel Varela Suanzes – Carpegna
7-. Susana López Abella
8-. Jaime Castiñeira Broz
9-. Daniel Vega Pérez
10-. Julia Rodríguez Barreira
11-. Rosa Arza Rodríguez
12-. Miguel Cela González
13-. Manuel López Fernández
14-. Maite López Rego
Suplentes:
1-. Manuel Antonio Fernández Piñeiro
2-. Javier Vázquez Prado
3-. Pilar Rivas Fraga
4-. Sonia López Méndez
5-. Begoña Seco Varela
OURENSE
1-. Marisol Diaz Mouteira
2-. Miguel Santalices Vieira
3-. José Luis González Vázquez
4-. Antonio Rodríguez Miranda
5-. Cristina Romero Fernández
6-. Marta Novo Iglesias
7-. Cesar Manuel Fernández Gil
8-. Moisés Blanco Paradelo
9-. Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez
10-. Antonio Mouriño Villar
11-. Carlos Gómez Salgado
12-. Jackeline Fernández Macías
13-. Marta Pena Fraga
14-. José Antonio Parente Camino
Suplentes:
1-. Manuel Ángel Fernández Quintas
2-. Roberto Bermúdez Piedra
3-. Ana María Oliveira Ferreira
4-. Ana Patricia Torres Madureira
5-. María Gabriela Doallo López