Skip to content

O PPdeG prioriza, sobre o traspaso de competencias, que o Estado abone as débedas polo IVE de 2017 ou o cumprimento das regras de gasto

Santiago, 11 de maio de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que “non renunciamos a ter máis competencias que sexan útiles e melloren a xestión dos galegos, pero consideramos prioritario o pago de xeito inmediato dos 204 millóns de euros do IVE de 2017 recoñecidos pola sentenza do Tribunal Supremo, os incentivos polo cumprimento das regras de gasto e déficit, as transferencias das políticas de emprego, a titularidade da AP-9 cos fondos correspondentes e a xestión do dominio público marítimo-terrestre”.

“Respectamos a Constitución, o Estatuto e o marco autonómico para conseguir máis e mellor autogoberno conforme ao noso status constitucional de nacionalidade histórica, pero debemos distinguir entre as reivindicacións que son urxentes e importantes”, sinalou a viceportavoz popular.

 

Deste xeito, Paula Prado concretou que “consideramos urxente que o Estado pague a Galicia os 204 millóns de euros que nos debe pola liquidación do IVE de 2017, unha débeda que acaba de ser recoñecida e ratificada pola sentenza do Tribunal Supremo; os 170 millóns de euros polo cumprimento das regras de gasto e déficit; os 100 millóns de euros das transferencias para as políticas de emprego; ou os cartos que nos quitou o Estado das partidas destinadas ao Plan de Vivenda”.

 

A viceportavoz popular salientou que “Galicia ten acadado ao longo destes anos un nivel de traspaso de competencias que nos sitúa como a comunidade autónoma con máis transferencias acadadas do Goberno central: un total de 154 traspasos desde o ano 1978, só superados por Cataluña, con 190, e Andalucía, con 155”.

 

Prado explicou que “ao longo dos últimos anos a actividade se ralentizou, pero non só en Galicia”. Así, nos últimos dez anos só se realizaron o 3,5 por cento dos traspasos totais feitos ás comunidades autónomas, “na súa maior parte ao País Vasco e Cataluña en anos de gobernos do Partido Socialista pola súa debilidade parlamentaria”.

 

“O Goberno da Xunta non vai renunciar a aspirar ao teito competencial máximo, similar ao que se marque para calquera das comunidades históricas, estando a favor de demandar novas transferencias a Galicia sempre que sexan útiles, melloren a xestión para os cidadáns e non lle supoñan ningún gasto”, apuntou. Pero manifestou que “o autogoberno vai máis alá que o mero feito de recibir transferencias, senón que consiste en deixar gobernar á Xunta e non boicotear a modificación da Lei de saúde que aprobamos neste Parlamento para xestionar a pandemia”.

 

TRASPASO DE TRÁFICO COA GARDA CIVIL

 

Respecto do traspaso concreto das competencias en materia de tráfico, Paula Prado afirmou que “para o PPdeG este traspaso non leva implícito a expulsión da Garda Civil de Galicia” e asegurou que “o PPdeG renunciará ás competencias de tráfico se iso leva consigo a expulsión da Garda Civil das estradas galegas”.

 

A viceportavoz popular explicou que o Grupo Popular se abstivo no debate do pasado Pleno sobre a transferencia de tráfico “porque non é unha prioridade para nós, e en ningún caso coincidimos co modelo do BNG ou o que se vai implantar en Navarra”. “Nós estaremos sempre do lado da Garda Civil porque Galicia non se pode entender sen o traballo deste corpo, xa que vertebra o territorio, especialmente no ámbito rural”, engadiu.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies