Skip to content

Os eurodeputados do PPdeG solicitan á Comisión Europea que tome medidas ante o “fraudulento engano aos galegos” da papeleta compartida polo BNG con Esquerra e Bildu

A través dun escrito remitido polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez á vicepresidenta da Comisión para Valores e Transparencia, Věra Jourová

Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia veñen de poñer en coñecemento da Comisión Europea a “práctica fraudulenta” na que incorreu o BNG ao ocultar aos votantes galegos a súa coalición con Esquerra Republicana e EH Bildu nas súas papeletas e publicidade electoral no marco das recentes eleccións ao Parlamento Europeo.

 

A través dun escrito remitido polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez á vicepresidenta da Comisión para Valores e Transparencia, Věra Jourová, os populares galegos denuncian que, a pesar de que o BNG concorreu ás eleccións integrado nunha lista na que Ana Miranda ocupaba o terceiro posto logo da candidata de ERC Diana Riba— e o candidato de EH Bildu Pernando Barrena—, nas papeletas e na publicidade electoral en Galicia só aparecían os candidatos do BNG. É dicir, omitíronse aos outros candidatos da coalición.

 

Unha práctica que, a pesar de non estar prohibida pola lexislación nacional, induce aos votantes a acudir ás urnas sen coñecer con exactitude a quen están votando. De feito, a candidata electa do BNG anunciou logo das eleccións que só ocupará o seu escano unha parte da lexislatura, cedendo o seu posto a un eurodeputado de Esquerra Republicana durante o tempo restante.

 

Este pacto de reparto dos tempos entre os candidatos non se explicitou antes dos comicios, polo que os galegos e galegas que votaron por esta coalición confiando en elixir a unha representante da súa Comunidade no Parlamento Europeo atoparanse sen representación por parte do BNG entre 2027 e 2029”, sosteñen desde o PPdeG.

 

Cómpre lembrar que o Parlamento Europeo aprobou unha Resolución o 3 de maio de 2022 sobre o réxime electoral europeo, na que o artigo 17.4 establece que “nas circunscricións nacionais, as papeletas utilizadas nas eleccións ao Parlamento Europeo serán uniformes, darán a mesma visibilidade aos nomes, siglas, símbolos e logotipos, se os houbese, dos partidos políticos nacionais ou das agrupacións de electores nacionais, así como aos das entidades electorais europeas cando estean afiliadas a algún deles, e presentarán a lista de nomes dos candidatos e, no seu caso, dos suplentes, na orde en que figuren nas correspondentes listas electorais”.

 

Por todo isto, solicitan á Comisión que tome medidas “no marco da loita contra a desinformación”, para evitar que “no futuro se repitan estas prácticas fraudulentas” e garantir ademais a transparencia dos acordos de coalición nas eleccións europeas.

 

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda: “A receita para que Galicia e Ourense sigan funcionando é a da centralidade, a estabilidade e o sentidiño que representa o Partido Popular”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que na centralidade, na estabilidade e no sentidiño que caracterizan ao Partido Popular está “a receita” para que Galicia e Ourense “sigan
Alberto Pazos traslada a preocupación do pobo saharaui polo “incomprensible bandazo do Goberno de Pedro Sánchez nas relacións de España co Sáhara Occidental”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, trasladou hoxe, logo da viaxe dunha delegación do Parlamento de Galicia ao campo de refuxiados saharauis de Tinduf en Alxeria, a preocupación existente
O Grupo Popular asegura que SOGAMA manterá a media do canon de 2023 aos concellos adscritos
O deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que SOGAMA manterá de media o mesmo canon do ano 2023, fixado en 66 euros por
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies