Skip to content

Os senadores do PPdeG poñen en valor que onte Alfonso Rueda defendera no Senado os intereses dos galegos e o papel que Galicia ten que representar no conxunto de España

Os senadores do PPdeG manifestaron o seu orgullo pola intervención do presidente Alfonso Rueda onte na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado, da que destacaron a súa defensa dos intereses dos galegos e do papel que Galicia ten que representar no conxunto de España.

“Rueda expresou con toda claridade que Galicia non quere máis, pero tampouco quere ser menos que ningunha outra comunidade autónoma. E, polo tanto, non imos tolerar nin permitir que outros traten de pisar os nosos intereses”, destacou José Manuel Barreiro.

O senador por Lugo subliñou que os galegos están representados na Cámara Alta por 14 senadores fronte aos 5 que suman os partidos de esquerda: “Isto non só denota unha diferenza obvia desde o punto de visto cuantitativo, senón tamén unha diferencia cualitativa no que se refire á responsabilidade que iso implica”.

Unha responsabilidade que se reflicte, segundo apuntou, no feito de que na sesión de onte no Senado estivesen presentes representantes de practicamente todas as comunidades autónomas “salvo aquelas onde goberna o PSOE” e non estivese presente tampouco ningún representante do Goberno do Estado.

“Non deixa de ser curioso que o PSOE renunciara a debater esta cuestión nun momento no que están en cuestión a igualdade dos españois fronte á lei e o imperio da Xustiza”, engadiu.

A presenza dos presidentes autonómicos do PP, polo tanto, “deixou claro que a inmensa maioría da representación da cidadanía española está en contra de que se establezan diferenzas entre os españois dependendo de onde vivan”.

Lamentou neste sentido que os cidadáns das comunidades gobernadas polo PSOE “vaian ter que facer fronte a esa discriminación e a esa vulneración do principio de igualdade mentres os seus presidentes miran cara outro lado”.

Para Barreiro, no Senado onte non só se falou da “ruptura cos principios da Constitución española”, senón tamén dun trato diferencial desde un punto de vista financeiro: “O presidente de Cataluña está reclamando 450.000 millóns de euros que supostamente lle debe o Estado e ademais a condonación dunha débeda que ascende a 80.000 millóns. Isto non vai só de que se lle condone a débeda a Cataluña, senón de que os galegos e o resto de españois teremos que pagar esa cantidade”.

Os populares anuncian que utilizarán todas as medidas “para que non se produza este atropelo para o conxunto do país e para todos os galegos”.

“Nós queremos o mellor para Cataluña como o queremos para Galicia, pero co que non estamos de acordo é con que os independentistas cataláns queiran tratar de suplir as súas carencias a costa do conxunto do país e tomar decisións que nos afectan a todos de xeito unilateral, nin co feito de que os mesmos que cometeron un delito e están fugados da Xustiza sexan os que decidan o futuro de España”, remarcan.

José Manuel Barreiro concluíu a súa intervención conrapoñendo a situación de “desgoberno” que se da a nivel nacional fronte á estabilidade da que goza Galicia con Rueda á cabeza e que, segundo indicou, “non é froito da casualidade”.

“Galicia goza de estabilidade grazas a un Goberno que traballa con normalidade e toma decisións sobre as cuestións que realmente preocupan aos galegos, como a sanidade, a educación, a dependencia ou as infraestruturas; tal e como se pode comprobar nos Orzamentos que se acaban de aprobar”, explicou.

“O PPdeG cumpriu onte no Senado coa súa misión de defender o interese xeral dos galegos e do conxunto dos españois fronte a outros que non só non cumpriron, senón que nin asistiron”, sentenciou ao seu remate.

 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies