Skip to content

Paula Prado avanza que o 2023 será “un ano de moitos insultos do Goberno de Sánchez, pero de nulos investimentos a Galicia”

Comparece en rolda de prensa en Santiago xunto ao secretario executivo do PP no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirmou que os Presupostos Xerais do Estado presentados polo Executivo central esta semana demostran que os galegos non son unha prioridade para o Goberno de Pedro Sánchez, cuxos ministros visitan a Comunidade “case a diario” para “traer insultos”. “Adianto que así será o ano 2023: un ano de moitos insultos, pero de nulos investimentos a Galicia”, subliñou.

 

Como indicou, as Contas públicas estatais “non teñen en conta a Galicia” e non atenden ás propostas da nosa Comunidade como si se fai coas de Cataluña. “Sánchez beneficia unha vez máis aos seus socios. Os Presupostos Xerais do Estado volven ser os Presupostos Electoralistas do Estado, nos que vale máis quedar ben con independentistas e separatistas que con Comunidades fieis como a nosa”.

 

Igualmente, sinalou que se trata duns orzamentos que non son “de verdade”, con “cifras infladas e fume para Galicia”, criticando que, ademais, hai partidas que nin sequera aparecen —a saída sur de Vigo, a modernización do tren Ferrol-Coruña ou o AVE por Cerdedo— nin “tampouco veremos en 2023 o inicio das autovías Vigo-O Porriño, da Mariña, Lugo-Ourense ou Ourense-Ponferrada”.

 

“Os Orzamentos Xerais máis expansivos da Historia son uns Orzamentos retraídos para a nosa Comunidade”, dixo explicando que estancan o investimento, baixan ata o 8% o noso peso estatal —co Goberno de Rajoy chegouse a alcanzar case o 14%— e incorporan partidas que “sabemos de sobra que non se van executar”.

 

Por todo isto, asegurou que desde o PPdeG, a través dos seus 13 senadores e 10 deputados nacionais, “imos seguir loitando porque a nosa Comunidade teña voz e deixe de estar marxinada por Sánchez”, algo que avanzou que tamén farán os populares desde a Xunta e desde o Parlamento. “Afortunadamente son os últimos Orzamentos de Sánchez antes da chegada de Alberto Núñez Feijóo á Moncloa”, subliñou.

 

SER A VOZ DA GALICIA EXTERIOR

Nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo secretario executivo do PP no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda, Paula Prado referiuse á reunión que onte á tarde mantivo a Comisión de Acción Exterior do PPdeG: “Comprométome a que a Galicia exterior siga tendo voz e siga sentindo o Partido Popular como seu”.

 

Con esta fin, apuntou que que o presidente Alfonso Rueda viaxará á Arxentina e a Uruguay a vindeira semana, “un xeito de deixar claro que, tamén nesta nova etapa do PPdeG, imos ter presentes os galegos e galegas do exterior”. “Non somos un partido que viaxa a Colombia, Chile ou Brasil unicamente para sacar fotos e non falar de Galicia, como fai o BNG; somos un partido que viaxa a países como Arxentina ou Uruguay para escoitar as inquedanzas dos nosos irmáns e irmás. O PP seguirá sendo o que máis se parece á Galicia do exterior”, manifestou.

 

Pola súa parte, Rodríguez Miranda fixo referencia á derrogación do voto rogado poñendo en valor o “consenso parlamentario” á hora de conseguilo. Así mesmo, confirmou que o PP fará unha “vixilancia proactiva” para que realmente se cumpra o espírito da lei no desenvolvemento do regulamento e para axudar a que se leve a cabo da forma “máis eficaz posible” o que as Cortes Xerais indicaron: “Que os residentes no exterior teñan efectividade plena dun dereito fundamental como o de sufraxio, que ata o de agora non se mantiña”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies