Skip to content

Pedro Puy alerta da deriva “centralizadora” do Goberno de Pedro Sánchez, que da un paso máis coa nova Lei de vivenda

17 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe no Parlamento galego da deriva “centralizadora” que está a adoptar o Goberno de Pedro Sánchez, xa que á xestión dos fondos europeos ou a imposición do imposto ás grandes fortunas nalgunhas comunidades súmase agora a nova Lei de vivenda, que se elaborou sen contar coas comunidades autónomas a pesar de ter competencias nesta materia.

Pedro Puy lembrou que o Goberno central “esta a realizar multitude de accións claramente recentralizadoras, sen ter en conta ás comunidades autónomas”. Así, citou a centralización total dos fondos europeos, principalmente os destinados ao impulso industrial, onde as comunidades como Galicia teñen competencia; ou “como se vulnera a autonomía fiscal das comunidades, como acontece coa creación do imposto ás grandes fortunas, sobre o que esperamos que o Tribunal Constitucional recoñeza que se trata de anular as decisións financeiras que, dentro das súas competencias adoptan determinadas comunidades”.

 

CONFUSIÓN E CONFLITIVIDADE COA NOVA LEI DE VIVENDA

 

“Sempre que denunciamos estas cuestións se nos acusa de confrontación, aínda que posteriormente se recoñeza que algunhas das demandas feitas por Galicia eran obxectivamente xustificadas, como é o que está a acontecer co retraso na posta en marcha do Corredor Atlántico”, apuntou.

 

Respecto da nova Lei de vivenda anunciada polo Goberno central, o portavoz popular explicou que as competencias neste ámbito son autonómicas, polo que “aprobar un proxecto de lei sen consultar coas comunidades na súa preparación pode xerar unha confusión, e mesmo unha conflitividade diante do Tribunal Constitucional, ao regularse sobre unha mesma materia desde dúas instancias”.

 

Deste xeito, Puy demandou que “se teña en conta os criterios das comunidades autónomas e por iso solicitamos, do mesmo xeito que xa fixo a conselleira, a convocatoria dunha conferencia sectorial, aos efectos de tratar de consensuar os criterios desa nova Lei de vivenda”.

 

Pedro Puy explicou que “o problema da vivenda é de oferta”, xa que “non hai suficientes vivendas alí onde existe demanda para atender as necesidades das familias, o que non só encarece o prezo senón que moitas veces leva ás familias a non ter opcións de aluguer”. “Todo isto se pode agravar con propostas incluídas na nova Lei, como a obriga de que o 50 por cento das vivendas protexidas edificadas en solo de reserva se destinen a alugueiro; a limitación dos prezos do alugueiro en zonas tensionadas; ou a modificación lexislativa para ofrecer unha maior protección aos okupas cando se encontren en situación de vulnerabilidade”, engadiu.

 

Finalmente, cualificou de “sorprendente” o anuncio feito onte por Pedro Sánchez nun acto electoral de que a Sareb porá no mercado 50.000 vivendas para o seu aluguer a prezo asequible. Neste sentido, dixo que, ata o de agora, a Sareb puxo en mans das comunidades autónomas no entorno de 1.800 vivendas, que no caso de Galicia foron 47, das que 40 acaban de ser adquiridas pola Xunta para ser destinadas a alugueiro social.

 

O portavoz popular lamentou que a propia Sareb recoñeza que “as súas propiedades están en lugares onde apenas hai demanda de vivenda, o que non resolve o problema de vivenda das familias nas grandes cidades”. Por este motivo, incidiu na ineficacia deste anuncio, “porque non coinciden os lugares nos que a Sareb ten inmobles con aqueles sitios onde a presión sobre o mercado inmobiliario impide a moitas familias acceder a un alugueiro razoable”.

 

INVESTIMENTOS EN VIVENDA

 

Sobre os investimentos realizados pola Xunta en materia de vivenda en 2022, Pedro Puy recordou que “a execución dos fondos de vivenda é plurianual, polo que non se poden tomar datos de forma parcial e menos aínda nun ano concreto”. En todo caso, indicou que, segundo a execución orzamentaria correspondente a ese ano, a Xunta gastou o 79,83 por cento do seu presuposto para vivenda, unha cifra semellante á realizada polo Goberno bipartito. Pola orixe destes fondos, executáronse a totalidade dos procedentes da Xunta, o 73,32 por cento dos finalistas do Estado e o 80,32 por cento dos remitidos pola Unión Europea.

 

Porén, Pedro Puy criticou “o atraso co que se convocaron as liñas de axuda financiadas con fondos estatais e europeos, unha cuestión atribuíble unicamente a que o Goberno de Pedro Sánchez non asinou o novo Plan estatal de vivenda coa Xunta ata o mes de xullo, tardando ademais tres meses en transferir os fondos europeos que lle correspondían a Galicia”.

 

Pola contra, salientou a axilidade do Goberno galego á hora de tramitar as convocatorias financiadas con este diñeiro, poñendo como exemplo o bono alugueiro para a mocidade, onde Galicia foi a primeira comunidade en convocalo, en decembro xa tiña todas as solicitudes resoltas e neste momento xa se está procedendo ao pago das axudas, esgotando os 22,4 millóns de euros dispoñibles.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
O Grupo Popular avanza a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia
O deputado do Grupo Popular Borja Verea avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia, que dará continuidade ao traballo que xa
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies