Skip to content

Pedro Puy: “Somos o Parlamento que máis traballa, con máis horas de sesións plenarias e no que a oposición ten maior capacidade de control, co 80% das iniciativas que se debaten”

Santiago,  4 de xaneiro de 2019.- O voceiro do Grupo Popular Pedro Puy sinalou hoxe na rolda de prensa de balance sobre a actividade parlamentaria que “continuamos a ser dos parlamentos autonómicos de España que máis traballa, con 744 reunións de órganos colexiados  e 618 horas de sesións plenarias no que levamos de  Lexislatura e no que a oposición ten maior capacidade de control e impulso ao Executivo, co 80% das iniciativas que se debaten”.
 

 

O voceiro popular destacou que das reunións dos órganos colexiados destacan en primeiro lugar as celebradas pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos (149 horas) , a Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego (61horas)  e o Pleno (57), “o que da conta das cuestións máis relevantes e destacadas do traballo parlamentario”.
 
 

 

Pedro Puy sinalou que a duración das sesións plenarias  no que levamos de Lexislatura (618 horas) é significativamente superior a outros parlamentos constituídos nas mesmas datas, como o Vasco, que celebrou 506 horas, ou os de Cataluña, Madrid ou Valencia, que baixaron das 500 horas.
 
 

 

En canto aos procedementos de natureza lexislativa, o voceiro popular sinalou que no que levamos de Lexislatura aprobáronse 15 Leis, 11 remitidas polo Goberno, 3 proposicións remitidas polos grupos parlamentarios e 1 de iniciativa popular. Ao respecto destas últimas Pedro Puy destacou o feito de que a reforma da Lei para a súa tramitación fixeron da Cámara galega a máis participativa do Estado.
 
 
 
 
CONTROL DA OPOSICIÓN  E CAPACIDADE DE ACORDO
 
 

 

“Somos o Parlamento con máis horas de pleno e no que  máis do 80% das iniciativas son a proposta da oposición, o que da conta da súa capacidade de control e impulso” indicou Pedro Puy, salientando que das 1117 iniciativas no pleno, 908 (o 81,28%) o foron a iniciativa da oposición , un “bo síntoma da oportunidade que teñen de controlar ao Goberno”.
 

 

 

Destacou, así mesmo, a capacidade de acordo que supuxo que o 45% das iniciativas aprobadas en pleno (64 dun total de 142) foran a proposta da oposición  e que se incrementou en Comisión superando o 60% , xa que foron aprobadas 204 a iniciativa da oposición sobre un total de 338.
 

 

 

Así mesmo sinalou que o Goberno compareceu en 142 ocasións e contestou a 1056 preguntas en Comisión, polo que “sumando plenos e comisións os membros do goberno galego teñen comparecido unha media de 2,3 veces cada día desta Lexislatura” indicou o voceiro popular.
 

 

 

POLÍTICA FORESTAL, DEA E ORZAMENTOS
 
 

 

Pedro Puy destacou no seu balance parlamentario tres grandes fitos como foron “o traballo relevante feito na Comisión sobre Política Forestal, aprobando 123 propostas de resolución que contaron co apoio explícito do PSOE e algunhas doutros grupos políticos, e que marcan un antes e un despois dunha política moi relevante na ordenación do monte e prevención dos incendios forestais”.
 
 

 

Así mesmo, sinalou o Debate do Estado da Autonomía como outro dos fitos do último período de sesións, no que se aprobaron 53 propostas de resolución, 10 pactadas coa oposición e 6 da oposición que “permitirá que a labor de impulso ao Goberno sexa frutífera no 2019”.
 

 

 

E, por último, “e en contraste co que está a ocorrer noutras administracións”, sinalou a aprobación dos Orzamentos da Xunta e a Lei de medidas. “Uns orzamentos realistas, que incrementan o teito de gasto, permiten seguir cumprindo as condicións de déficit, incrementan a inversión e dedican máis recursos ao gasto social”.
 

 

 

Pedro Puy sinalou tamén na rolda de prensa que “rematamos o ano con boas novas, cunha continuidade dos datos positivos no ámbito económico e social, tanto ao respecto das cifras do desemprego  como nos avances na igualdade que fai que o número de fogares con moitas dificultades para chegar a fin de mes se reduzan, e todos estes datos son posibles polo esforzo da sociedade”.
 
 

Ao respecto do traballo do  Grupo parlamentario,  Pedro Puy sinalou que “nos sentimos moi satisfeitos de manter un apoio leal ao Goberno, tanto cando é crítico como é de defensa da súa tarefa, algo que contrasta coa alternativa que está a dar a oposición no último ano”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies