Skip to content

Revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar e os adapte ás circunstancias actuais

Iniciativa sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que inicie o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar e os adapte ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola 

 

A lexislación sociolaboral española faculta ao Goberno para reducir a idade mínima para acadar a pensión de xubilación en aquelas actividades profesionais de natureza excepcionalmente penosa, tóxica, perigosa ou insalubre nas que se acusen elevados índices de morbilidade ou sinistralidade, así como naquelas outras cuxa realización implique unha continua separación familiar e afastamento do fogar.

Esta redución débese efectuar mediante o establecemento duns coeficientes aplicables ao tempo de traballo efectivamente realizado nas citadas actividades que fixeran posible, en cada caso, unha vez cumpridos os demais requisitos legais, a percepción da pensión con anterioridade ao cumprimento da idade esixida con carácter xeral.

Concretamente, no eido que nos atinxe, o establecemento inicial dos citados coeficientes no mundo do mar levouse a cabo mediante o Decreto 2309/1970, de 23 de xullo e foron modificados pola disposición adicional oitava do Real Decreto 863/1990, de 6 de xullo e posteriormente en 2004 e 2007.

Durante este amplo período de tempo transcorrido desde a súa instauración, véñense dando cambios substanciais que modificaron as circunstancias sobre os que se aplicaban, xa que as variacións dos tempos de permanencia no mar derivados dos sistemas de conservación do peixe, as introducións das normativas de acceso aos caladoiros ou as xestións e ordenacións das propias pesquerías motivaron unha variación total da situación da actividade pesqueira.

Tanto é así que cómpre revisar esta normativa e os seus efectos toda vez que desta evolución danse situacións de incoherencia grave entre a práctica pesqueira real e a contemplada na normativa, existindo anacronismos (presenza de buques baleeiros) ou agravios comparativos (dous buques no mesmo caladoiro e pescando coa mesma arte poden ter coeficientes diferentes) que é preciso eliminar a prol de buscar unha maior equidade nos dereitos de xubilacións dos mariñeiros poden ter coeficientes diferentes) que é preciso eliminar a prol de buscar unha maior equidade nos dereitos de xubilacións dos mariñeiros.

 

Este Parlamento aprobaba no pleno do 7 de febreiro de 2017, un acordo parlamentario por iniciativa deste grupo parlamentario, no que se solicitaba o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a exixir ao Goberno do Estado que se manteñan os coeficientes redutores ata a entrada do Regulamento europeo polo que se definen as características dos buques de pesca e, unha vez que entre en vigor, iniciar un proceso de diálogo co sector de cara ao mantemento e mellora dos coeficientes redutores da idade de xubilación ás características da actividade marítimo- pesqueira de Galicia, toda vez que os cambios substanciais na realidade operativa das embarcacións e prácticas de marisqueo demanda esta posibilidade de cambio.»

Dende este Grupo Parlamentario consideramos positivo retomar o traballo feito ata o de agora neste asunto, agora que por fin ten sido aprobado este regulamento comunitario, xa que consideramos crucial uniformizar e igualar os coeficientes conforme a criterios realistas e máis acaídos á realidade actual.

Sabemos que o ISM, a DGMM e a Segepesca tiñan anunciado no anterior Goberno a súa intención de revisar estes coeficientes unha vez que se aprobase este Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se definen as características dos barcos de pesca, cuestión xa superada.

Amais, tamén se puido constatar interese en avanzar nesta materia no Foro Mar, organizado en Cambados pola Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos (UPTA) e no que participaron o ministro de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, José Luis Escrivá e a directora del Instituto Sacial de la Marina (ISM) María Elena Martínez Carqués.
O Ministro asegurou que se lle estaba buscando un encaixe ao colectivo de traballadores do mar na reforma que busca que os autónomos coticen por ingresos e,
que este ano 2022 revisarase o modelo polo que se determinan as profesións con
penosidade e, sobre todo, a penosidade prolongada. A directora do ISM informou que o que se pretende é equiparar o coeficiente redutor da idade (COE) de xubilación das
mariscadoras de a pé, ao dos mariscadores a frote.

Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para ínstalo a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola”.

 

Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/Wgp4CnITYAPfllmmDbscmFa5phEvIERQj7VVrtFrLpE=

 

 

Noticias recomendadas

O Grupo Popular afirma que “para que Galicia siga funcionando é necesario que sigamos contando co traballo de institucións como o Valedor do Pobo”
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “para que Galicia siga funcionando é necesario que sigamos contando co traballo de institucións como
O Grupo Popular afirma que a instalación de Altri en Palas de Rei vai depender “do estrito cumprimento das normas europeas, españolas e galegas, as máis respectuosas co medio ambiente do mundo”
O portavoz de Industria do Grupo Popular, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a instalación do proxecto de Altri en Palas de Rei vai depender “do
Ángel Moldes relevará a Héctor Corujo como voceiro do PPdeG e vicepresidente 1º da Fegamp
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, relevará ao rexedor do Incio, Héctor Corujo, como principal representante do Partido Popular de Galicia na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies