O presidente do PPdeG asegurou, nun mitin celebrado no Pazo do Monte de Ferrol, que os galegos teñen na súa man evitar catro anos máis de sanchismo derrogándoo ao grande: contribuíndo desde Galicia a unha maioría contundente que permita a Alberto Núñez Feijóo formar un goberno cohesionado, estable e sen ataduras.
Diego Calvo contrapón a “división de España” que ofrecen o PSOE e os seus socios fronte ao “Goberno forte, sen intermediarios e sen chantaxes” que ofrece o PP
Miguel Tellado: “Non imos permitir que os que saben que van perder impidan o Goberno de cambio que queren a maioría dos españois”
José Manuel Rey: “Se queremos que non siga Pedro Sánchez, temos que ser capaces de unir o voto. Porque xa temos comprobado e sufrido o que ocorre cando se divide: un minuto de acordo e catro anos de enfrontamentos permanentes”
Recordou que uns votos poden marcar a diferenza entre gobernar e que “non nos deixen gobernar” e por iso apelou á ampla maioría que Feijóo conseguiu catro veces en Galicia para que agora o leve ao Palacio da Moncloa
Un chamamento no que incluíu aos votante moderados que queren unha política tranquila e eficaz, aos votantes socialistas decepcionados coa mentira e a ineficacia, e aos votantes de esquerda que queren unha Galicia relevante e cuxos partidos só lles poden garantir ser “muleta do sanchismo”
Alfonso Rueda puxo a José Manuel Rey como referente de como se goberna e de como se gaña, asegurando que é o mesmo modelo que sempre practicou Feijóo en Galicia e agora en España: escoitar á xente, ofrecer un programa crible, apelar á maioría e exercer o poder non como fin, senón como medio para mellorar a vida da xente
Criticou a falta de seriedade e de rigor do Goberno de Sánchez con Ferrol e a súa comarca, remarcando a súa incapacidade de aprobar unha tarifa eléctrica competitiva para que a central térmica das Pontes non suspendera a súa actividade, de impulsar a modernización da liña ferroviaria con Coruña e de avanzar no dique seco
Recordou ademais que a Xunta puxo á disposición do Goberno central un Pacto de Estado por Ferrol con medidas concretas para que a comarca tivera por fin o impulso que merecía, pero que o único que atoparon do outro lado foi “ao Goberno máis incumpridor desde que temos memoria”
Fronte aos cambios de opinión de Pedro Sánchez, o líder dos populares galegos puxo en valor que Alberto Núñez Feijóo sempre tivo a mesma porque aprecia a Ferrol, a coñece ben e nunca deixou de considerala como un pulmón industrial que había que revitalizar
DIEGO CALVO: “SÁNCHEZ NON QUERE QUE VOTEMOS”
O presidente provincial afirmou que a data de convocatoria destas eleccións xerais responde unicamente a que “Sánchez non queren que votemos” e contrapuxo a “división de España” que ofrecen o PSOE e os seus socios fronte ao “Goberno forte, sen intermediarios e sen chantaxes” que ofrece o PP
Diego Calvo reivindicou as propostas “firmes e realistas” do programa co que Alberto Núñez Feijóo aspira a ser o próximo presidente de España: “Poñemos a disposición de todo o país unha nova forma de gobernar, gobernar á galega”
En clave local, falou dun “maltrato histórico e permanente” do PSOE á comarca de Ferrol coa complicidade do BNG, remarcando que o Goberno galego si mostrou un compromiso claro co cumprimento do Pacto de Estado
MIGUEL TELLADO: “XA PODEMOS VER A LIÑA DE META”
Tamén o número 1 ao Congreso pola Coruña se referiu na súa intervención ao “desprezo” e o “abandono” do socialismo a Ferrol, exemplificándoo na falta de investimentos e no ataque do Goberno de Sánchez a empresas fundamentais para a economía e o desenvolvemento da cidade, como é o caso de Navantia
En contraposición, Miguel Tellado subliñou que o que Feijóo ofrece é un proxecto para poñer os problemas dos cidadáns no centro das políticas públicas e recuperar a ilusión e a confianza no futuro
“Estamos na recta final e xa podemos ver a liña de meta. Non imos deixar que se saian coa súa. Non imos permitir que os que saben que van perder impidan o Goberno de cambio que queren a maioría dos españois”, concluíu
JOSÉ MANUEL REY: “NECESITAMOS UN GOBERNO QUE SAIBA ONDE ESTÁ FERROL E CALES SON OS TEMAS IMPORTANTES”
O alcalde ferrolán subliñou que o PP é “a única alternativa real a que sigan os mesmos” e “o único partido que pode garantirlle a España catro anos de estabilidade, ilusión por cambiar as cousas e capacidade de xestión”
“Se queremos que non siga Pedro Sánchez, temos que ser capaces de unir o voto. Porque xa temos comprobado e sufrido o que ocorre cando se divide: un minuto de acordo e catro anos de enfrontamentos permanentes”, explicou
Nesta liña chamou a unir o voto en torno a Alberto Núñez Feijóo do mesmo xeito que se fixo en Ferrol nas eleccións municipais para contar así cun Goberno que, ao igual que o da cidade, “goberne desde o minuto un”
“Necesitamos un Goberno que nada máis chegar saiba o que hai que facer, que saiba onde está Ferrol e cales son os temas importantes”, engadiu Rey Varela para a continuación mencionar o dique seco cuberto, a conexión coa Alta Velocidade, a modernización e renovación da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña ou a mellora da liña de Vía Estreita (FEVE)
“Necesitamos un Goberno que aposte pola diversificación económica creando unha Zona Franca na nosa cidade e incentivos á implantación empresarial, e que aposte pola nosa ría mediante un plan de rexeneración marisqueira”, continuou
En contraposición ao sanchismo, o rexedor definiu o Goberno galego que preside Alfonso Rueda como o da normalidade, a cercanía, a confianza e a resolución
Neste sentido considera que o Goberno de España debería representar os valores que encarna Alberto Núñez Feijóo: a unidade, os principios, o interese xeral e o servizo público
“Feijóo é o único que se presenta para unir e non para dividir e confrontar e cun proxecto ao servizo de España, de Galicia e de Ferrol”, remataba ao tempo que pedía para o candidato popular o mesmo apoio e a mesma unidade que recibiu el mesmo o pasado 28 de maio