Skip to content

Tellado: “Apostar polo emprego do futuro e manter o apoio aos sectores afectados é clave para a reactivación económica”

Destaca que, nos últimos nove meses, o desemprego baixa en Galicia nun 19,27%, cunha vantaxe de case tres puntos con respecto ao Estado

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor que Galicia está no camiño da recuperación e da reactivación económica con menos paro que en setembro de 2019. Para seguir nesta senda, manifestou que é preciso continuar apoiando aos sectores económicos máis afectados pola covid-19 e, ao mesmo tempo, avaliar as novas oportunidades laborais para adiantarnos ás necesidades formativas cara aos empregos do futuro.

 

Segundo sinalou, os datos de desemprego de setembro indican que a Comunidade  segue a resistir os efectos provocados polo coronavirus con menos parados que antes da pandemia. De feito, o paro baixa na evolución anual, acumulando seis meses consecutivos de caída, o que indica a recuperación do mercado de traballo, e o descenso do 13,32% é o maior da serie histórica.

 

Igualmente, o desemprego descende nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, nas mulleres, nos maiores de 45, nos menores de 30 e nos parados de longa duración, ademais de aumentar as afiliacións e a contratación indefinida e a tempo completo. Así mesmo, remarcou que, nos últimos nove meses, o desemprego baixa en Galicia nun 19,27%, cunha vantaxe de case tres puntos con respecto ao Estado (16,21%).

 

Por outra parte, en setembro produciuse un descenso con respecto a agosto de 968 persoas protexidas por Erte, o que supón unha caída do 8,95%. Deste modo, a evolución durante os meses que está a durar a pandemia resulta favorable, xa que neste período saíron dun Erte un total de 155.196 traballadores, o que supón o 94,04%, mentres a proporción de saídas no Estado é do 92,94%.

 

APOSTAR POLO FUTURO SEN DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS

O número dous dos populares galegos fixo fincapé na importancia de facilitar ao noso tecido produtivo unha transformación dixital, pois o escenario de cambio que se está a vivir -e que a pandemia acelerou- require que as organizacións se adapten ás novas tecnoloxías para manter a competitividade no mercado e xerar un valor de diferenciación moi relevante. 

 

Segundo destacou, o Goberno galego traballa para identificar o antes posible os empregos de futuro neste momento de oportunidades para o que é necesario orientar a formación cara á demanda do mercado laboral e, por iso, Galicia contará cunha Axenda Galega de Capacidades que permitirá cruzar as necesidades do mercado laboral coa formación.

 

“Atender ás necesidades reais do mercado de traballo e facilitar o acceso das persoas sen emprego ao mundo laboral son obxectivos principais para a Xunta”, apuntou Tellado explicando que a oferta formativa do Goberno galego está acorde coa demanda do tecido produtivo. Nese senso, engadiu que Galicia está a investir 53,7 millóns de euros ata 2022 para formar a 37.100 persoas desempregadas e ocupadas a través de 2.200 cursos dirixidos a cubrir a demanda do mercado de traballo.

 

“Mirar cara o futuro tamén significa non deixar a ninguén atrás”, subliñou aclarando que os populares continúan comprometidos cos que peor o están pasando e manteñen o seu apoio aos sectores económicos máis afectados pola crise do coronavirus. Sobre isto, recalcou que a Xunta lanzará, a mediados de outubro, unha nova convocatoria do Plan de rescate co obxectivo de chegar a máis persoas beneficiarias: “Por moito que o Goberno de Sánchez insista nos seus restritivos requisitos para acceder ás axudas do terceiro Plan, nós queremos esgotar os cartos para que o diñeiro se quede na nosa Comunidade”.

 

REPARTO XUSTO DOS NEXT GENERATION

O secretario xeral referiuse tamén á oportunidade que supoñen os Fondos Next Generation para transformar a nosa economía, lembrando que a nosa Comunidade puxo todos os medios para aproveitala presentando unha candidatura sólida e traballando en proxectos tractores e transformadores.

 

Por todo isto, insistiu en demandar ao Goberno central un reparto claro e xusto destes fondos, baseado na calidade das candidaturas e non nas cores políticas: “Galicia non pode perder esta ocasión por erros na xestión, pola indefinición nos criterios de repartición nin porque se pense antes en consolidar aritméticas parlamentarias que en modernizar o noso tecido produtivo”.

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda reivindica a vitoria do PPdeG nas eleccións autonómicas coa mobilización máis alta da historia: “Galicia participou como nunca e votou como sempre”
Hoxe, acompañado polo presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, na Xunta Directiva do PPdeG “Galicia tiña que escoller entre as mentiras que algúns intentaron contar e o camiño da
A xornada de reflexión de Alfonso Rueda
Durante a xornada de reflexión deste sábado, 17 de febreiro, o presidente e candidato do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, saíu camiñar a primeira hora desta mañá coa súa
Alfonso Rueda: “Cada galego, viva onde viva e vote o que vote, ten en min alguén en quen confiar”
Hoxe, no mitin de peche de campaña na Coruña ao que asistiron 3.500 persoas e no que tamén participaron o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, o cabeza de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings