Santiago, 11 de novembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os populares gobernarán cun espírito de diálogo propio de quen non ten maioría absoluta, lembrando á oposición que as políticas do “non é non” xa quedaron desterradas da política nacional e galega, e tanto nas urnas como nas sondaxes.
O número dous dos populares galegos fixo unha primeira reflexión do que aconteceu onte no Parlamento de Galicia, unha xornada na que se estreou a nova Lexislatura de maneira formal coa elección do presidente da Xunta. Nese sentido, manifestou que, coa mesma contundencia coa que criticaron as formas da oposición durante a pasada Lexislatura, agora deben felicitarse pola volta á normalidade da Cámara galega.
Segundo precisou, non debería ser noticia que a educación presidise unha sesión no Parlamento galego pero que os precedentes fan que si sexa un feito a destacar. “Creo que onte sentamos entre todos os partidos políticos con representación no Parlamento as bases para facer destes catro anos un tempo frutífero para a política galega”, engadiu.
Ao tempo que recordaba que os populares teñen unha maioría folgada no Parlamento, salientaba que amosarán a súa predisposición para sumar apoios parlamentarios a esa maioría que lles deron os galegos.
Durante a súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado indicou que, se ben o Goberno de España estará obrigado a buscar consensos co resto de partidos e forzas pola súa situación parlamentaria, en Galicia, aínda que aritmeticamente non o precisen, afrontarán cada votación co mesmo “espírito de consenso, de diálogo e de acordos”.
Igualmente, apuntaba que onte se acuñaba na Cámara galega o concepto da “maioría ampla”, que se trata de converter a maioría absoluta que ten o PP nunha maioría ampla se así o desexan o resto de grupos parlamentarios.
Nese senso, sinalou tamén que onte se puido ver que hai espazo para concordar co PSdeG en determinados asuntos en materia de política económica e que, aínda que as diferenzas co resto de grupos son notables, cren que o ton de debate poderá axudar a recompoñer pontes que outros dinamitaron con insultos, golpes nos escanos, berros, e con formas que non representan a un pobo sensato, moderado e educado como é o galego.
“Aínda mantendo as profundas diferenzas programáticas que temos cos distintos partidos da oposición, se mantemos o nivel de debate de onte teremos gañado moito nesta X Lexislatura”, remarcou o secretario xeral mentres apuntaba que a mesma xenerosidade que comprometeron como forza máis votada, pedirana tamén ao resto de partidos.
“O PP non é un muro a derrubar, o PP como partido de Goberno é unha ferramenta para mellorar o contexto socioeconómico do país e para traballar xuntos con todos os que queiran sumar esforzos para mellorar a vida dos galegos”, dixo Tellado.
“Onte ás sete da tarde Feijóo retirou o logotipo do Partido Popular do seu programa electoral e puxo o da Xunta de Galicia co ánimo de respectar o programa avalado polos galegos”, afirmaba mantendo que iso non quere dicir que non se poida chegar a acordos co resto partidos políticos.
“Trátase de poder traballar en beneficio dos galegos conxuntamente, convertendo o diálogo nunha ferramenta habitual á hora de tomar decisións”, incidiu.