Skip to content

Tellado pide a deputados e senadores do PPdeG que estean vixiantes en cada Cámara ante os abusos cara a Galicia de Sánchez

Lamenta que o Goberno socialista estea baseando toda a súa xestión da pandemia na improvisación, os bandazos e as motivacións políticas. 

 

O número dous dos populares galegos, Miguel Tellado, pediu a deputados e senadores do PPdeG que estean vixiantes en cada Cámara ante os abusos cara a Galicia de Pedro Sánchez.

 

Así se expresaba nunha reunión telemática con representantes galegos da súa formación no Congreso, no Senado e no Parlamento Europeo, xuntanzas interparlamentarias que, avanzou, se realizarán de forma periódica e son un paso máis do seu partido por ser máis efectivo na súa tarefa de escoitar e acoller opinións para dar unha mellor resposta aos grandes retos da sociedade.

 

Un dos temas tratados no encontro foi a declaración do Estado de Alarma e as medidas aplicadas co toque de queda que, como sinalou o secretario xeral, non fan máis que crear unha enorme inseguridade xurídica, xeran moitas dúbidas para os cidadáns e en Europa, e fomentan a incertidume entre empresas e traballadores abusando de mecanismos constitucionais excepcionais.

 

Por este motivo, insistiu en solicitar aos seus representantes que controlen ese poder absoluto que Sánchez pretende exercer durante seis meses a través do Estado de Alarma; así como que desde as institucións europeas traten de parar os seus “tics antidemocráticos“, como xa fixeron parando a reforma do CGPJ.

 

De feito, tamén recordou que hai meses que desde a Xunta se propuxo reformar a Lei de Saúde Pública para dotar ás Comunidades dos mecanismos necesarios para xestionar esta pandemia, dando certezas e xerando seguridade. “Por iso pedimos aos nosos representantes en ambas cámaras que impulsen estas reformas legais”, sostivo.

 

“O Goberno socialista está baseando toda a súa xestión da pandemia na improvisación, os bandazos e as motivacións políticas”, precisou mentres definía como incrible que, sete meses despois, Sánchez si tivera tempo para irse de vacacións a Doñana pero España non teña un corpo normativo actualizado e preparado para combater a situación provocada pola COVID-19. De igual xeito, criticou que, en menos de 24 horas, o presidente do Goberno volvese cambiar de opinión e modificase o decreto para que agora sexan as Comunidades as que decidan se manteñen o toque de queda: “Un desastre sen paliativos”.

 

UNS PXE EXTREMISTAS

Sobre o proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado presentado onte por Sánchez e Iglesias, “os picapedra dos impostos”, afeou que estas contas aumenten o gasto ata limites históricos, traten de soster este aumento subindo a presión fiscal aos cidadáns e desincentiven a contratación nun momento no que as cifras da EPA falan de incrementos moi perigosos do desemprego.

 

Así mesmo, cuestionou que o Goberno diga que estes presupostos suben os impostos só aos ricos cando os pretenden aumentar aos refrescos e ao diésel. “Hai que moverse moito en coche oficial para pensar que os impostos ao combustible só afectan aos ricos”, dixo cualificándoos como “uns orzamentos extremistas para ter contentos aos seus socios extremistas”.

 

Igualmente, lembrou que, co Goberno do presidente Rajoy, Galicia chegou a un investimento territorializado do 12.5%. “Veremos a que chegamos agora con Sánchez e que territorios son a súa prioridade”, manifestou o secretario xeral.

 

UN REPARTO XUSTO DOS FONDOS EUROPEOS

Por último, referiuse á necesidade dun sistema de reparto xusto dos fondos europeos entre as Autonomías e afirmou que, segundo os obxectivos que establece a UE, a proposta da Xunta é viable, realista e está en liña con Europa.

 

O Executivo galego xa presentou os primeiros 108 proxectos que mobilizarían máis de 9.400 millóns de euros para facer fronte á pandemia e lograr unha progresiva recuperación económica e social. “Para que isto ocorra, necesitamos que o Goberno socialista estableza un sistema de reparto baseada na transparencia e a obxectividade”, explicou Miguel Tellado.

 

Nese senso, pediu que non impoñan unha distribución opaca que favoreza aos intereses políticos do PSOE e desprece a Galicia. “O máis xusto é apostar por un sistema de concorrencia competitiva, sen arbitrariedades, que garanta unha recuperación simétrica de todas as rexións do noso país”, engadiu ao tempo que cuestionaba que Sánchez siga sen aclarar cales serían estes criterios de reparto.

 

Pola súa parte, resaltou que Galicia seguirá traballando por identificar novos proxectos e avanzar nas iniciativas xa propostas. Ademais, destacou que se aprobou o plan de traballo da Comisión de Reactivación Económica do Parlamento, un mecanismo para dialogar entre todas as forzas políticas e escoitar á sociedade civil co que agarda que se favoreza a recuperación social e económica da Comunidade.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies