Skip to content

Tellado pide que a Fegamp e a FEMP volvan ser órganos de defensa dos concellos e deputacións e non apéndices da propaganda do PSOE

Di que Abel Caballero só se dedica a defender a Sánchez mentres Alberto Varela só fai oposición á Xunta e dá visibilidade a Gonzalo Caballero 

29, setembro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu que tanto a Fegamp como a FEMP volvesen ser órganos de defensa de todos os concellos e deputacións e non simples apéndices da propaganda do Partido Socialista.

 

Trala reunión que mantivo xunto ao vicepresidente primeiro da Fegamp e alcalde de Cervo, Alfonso Villares, con representantes do Consello Federal desta entidade, Tellado apuntou que tanto a Federación Galega de Municipios e Provincias como a Federación Española de Municipios e Provincias foron historicamente dúas institucións que, con independencia de quen as presidise, estiveron ao servizo do municipalismo. “Sempre estiveron gobernadas polo consenso e a vontade de acordo para mellorar a vida dos veciños, tanto en mandatos do PP como en mandatos do Partido Socialista”, insistiu.

 

Ademais, o número dous do PPdeG lembrou que os populares levan semanas advertindo desa utilización partidista que está a facer o PSOE tanto da Fegamp como da FEMP. Nese senso, indicou que Abel Caballero abdicou das súas funcións como defensor do municipalismo español para ser só un defensor máis de Pedro Sánchez; mentres Alberto Varela, o alcalde de Vilagarcía, “non sabemos se chegou a defender nalgún momento os intereses do municipalismo galego, pero si sabemos que está empregando o seu cargo unicamente para facerlle oposición á Xunta e para darlle a Gonzalo Caballero unha visibilidade que os galegos lle negaron nas urnas”.

 

RECLAMAR OS 54 MILLÓNS QUE DEBE O GOBERNO CENTRAL

Pola súa banda, Villares referiuse aos 54 millóns de euros correspondentes á liquidación do IVE do exercicio de 2017 que o Executivo central lle debe ás deputacións e aos concellos galegos. Sobre isto, avanzou que a reclamación destes cartos vai ser unha “petición que se vai facer desde o municipalismo galego ao Goberno”. “Xa en 2018 -engadiu o alcalde de Cervo- foi reclamado e que seguimos reclamando, pero que non atopamos ningunha contestación positiva para a devolución deste diñeiro”.

 

Así detallou que, dos 54 millóns de euros, ao concello da Coruña débeselle 3,2 millóns de euros; ao de Santiago, 1,16; ao de Lugo, 1,1; ao de Ourense, 1,4; ao de Vigo, 3,7; ao de Pontevedra, preto de 900.000 euros; e ao de Ferrol, 774.000 euros. No que corresponde ás deputacións, á da Coruña correspóndenlle 9,8 millóns de euros; á de Lugo, 4; á de Ourense, 4,5; e á de Pontevedra, 8 millóns de euros.

 

Tal e como salientou, os concellos necesitan de liquidez para facer fronte ás necesidades sanitarias, sociais e económicas derivadas da pandemia. Por iso, avanzou que desde a Fegamp se lle comunicará a todos os concellos galegos esta información “para que saiban que o Estado lle debe estes 54 millóns de euros”.

Noticias recomendadas

O PPdeG reivindica en Europa a importancia de facer política “desde o territorio e para o territorio” de cara a garantir o futuro do sector primario galego
O PPdeG reivindicou hoxe no Parlamento Europeo a necesidade de facer política “desde o territorio e para o territorio” para garantir non só o futuro do sector primario galego, senón
O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central habilite os mecanismos para que as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo a partir do vindeiro 1 de xaneiro
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central habilite os mecanismos necesarios para que as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo a
Aprobado o ditame do proxecto de Lei de estatística de Galicia, paso previo para o seu debate definitivo en sesión plenaria
A Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de estatística de Galicia, un texto que adapta á nova
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies