Propón a Paula Prado como secretaria xeral e como vicesecretarios a Pedro Rojo, José Manuel Rey, Raquel Touriño, José Ángel Santos, Marta Fernández-Tapias, Alberto Pazos, Olga Iglesias e Gabriel Alén
21, maio, 2022. O candidato á Presidencia do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou hoxe, no acto de presentación da súa candidatura, que o PPdeG seguirá sendo un partido ganador e incidiu que “unidos lograremos todo o que nos propoñamos”. “Fixémonos grandes porque nunca nos consideramos máis que ninguén, e eses son os valores que debemos conservar nesta nova etapa: a unidade e a humildade”.
Alfonso Rueda comezou a súa intervención agradecendo o apoio que recibiu durante os últimos anos, primeiro como secretario xeral do PPdeG, despois como presidente provincial do PP en Pontevedra e, nestas últimas semanas, como candidato á Presidencia do PP de Galicia. Neste sentido, afirmou que seguirá precisando de todos e cada un dos afiliados deste partido, porque dixo que “somos un equipo”.
PERSOA DE EQUIPOS
Deste xeito, Rueda manifestou que “son persoa de equipos” e avanzou que, se mañá sae elixido Presidente do PPdeG, “darei sempre a cara por este partido, por Galicia e por todos e cada un de vós, porque cada día me demostrades que paga a pena crer nesta formación”. “Un partido unido, un partido de Goberno, no que poñemos os intereses xerais de Galicia por riba de calquera ideoloxía e onde asumimos como prioridades todo o que é prioritario para os galegos e as familias”, apuntou.
Rueda asegurou asume o reto de presidir o PPdeG “con toda a ilusión e coa seguridade que da tervos ao meu carón”. Ademais, lembrou a súa orixe en Pontevedra, pero anotou que “desde agora, e xa para sempre, débome e debereime a toda Galicia e a todos os galegos, sen excepción”.
Durante a intervención presentou a súa candidatura, na que propuxo a Paula Prado como secretaria xeral e como vicesecretarios a Pedro Rojo, José Manuel Rey, Raquel Touriño, José Ángel Santos, Marta Fernández-Tapias, Alberto Pazos, Olga Iglesias e Gabriel Alén.
PROGRESO DE GALICIA
O candidato á Presidencia do PPdeG puxo como único obxectivo final o progreso de Galicia e o benestar dos seus veciños e asegurou que “nos presentamos para gañar cunha maioría sólida que nos permita gobernar”.
Na súa intervención, fixo unha mención especial aos afiliados e militantes de base, o que se emprega a fondo cada día para convencer aos demais de que o PP é a mellor opción de futuro de Galicia; o que non falta a unha soa xunta local; e o que sinte como propios todos e cada un dos logros dos alcaldes populares e da Xunta de Galicia.
Así mesmo, agradeceu a xenerosidade dos tres presidentes provinciais do PPdeG, Diego Calvo, Elena Candia e Manuel Baltar; e aos compañeiros do Goberno galego “por confiar en min”. Tamén se referiu especialmente a Alberto Núñez Feijóo, animando ao partido a traballar intensamente para conseguir que sexa canto antes o Presidente do Goberno de España.
LISTA DA CANDIDATURA DE ALFONSO RUEDA
VOGAIS ELECTIVOS DA XUNTA DIRECTIVA
- Álvarez Núñez, Julio. Alcalde de Quiroga.
- Calvín Fondevila, Valentín. Presidente PP de Ortigueira.
- Rodríguez Pérez, Fernando Carlos. Lugo.
- Castro Ochoa, Dolores. Alcaldesa de Folgoso do Courel.
- Fernández Moreiras, Manuel Pedro. Alcalde San Cibrao.
- García Fernández, Roberto. Concelleiro da Coruña.
- García-Luengo Pérez, Julio César. Alcalde Crecente.
- Lago Cabo, José María. Alcalde A Gudiña.
- Lorenzo Alonso, Alejandro . Porriño.
- Martin González, Telmo. Alcalde Sanxenxo.
- Negreira Souto, Carlos. A Coruña.
- Pardo Lombao, José. Alcalde de Outeiro de Rei.
- Pérez Álvarez, Manuel. Exalcalde de Vigo.
- Prado López, Manuel. Alcalde de Beariz.
- Ruiz Rivas, Manuel. Alcalde de Ribeira.
- Torres Madureira, Ana Patricia. Alcaldesa Boborás.
- Ulla Rocha, José. Alcalde de Begonte.
- Valcárcel Gómez, Marta. Alcaldesa de Salvaterra.
- Vázquez Dorado, Susana. Alcaldesa de Porqueira.
- Villaverde Pais, Mª Teresa, alcaldesa de Lousame.
VOGAIS ELECTIVOS DO COMITÉ EXECUTIVO
- Arévalo Gómez, Nidia. Alcaldesa de Mos..
- Calvelo Martínez, Carlos, Alcalde de Arteixo
- Crespo Iglesias, José. Alcalde de Lalín.
- Gallego Neira, Rosa. Portavoz Concello de Coruña.
- Gómez Rodríguez, María José. Alcaldesa de Guntín.
- Jiménez Morán, Juan Manuel. Exalcalde de Verín
- López Campos, José. Alcalde de A Estrada
- Martínez Carrillo, Carlos. Alcalde de Vedra
- Martínez Sanjurjo, José Luis. Alcalde de Ordes.
- Moure Iglesias, Flora. Presidenta local de Ourense.
- Núñez Masid, Eloína. Xerente do CHUS.
- Oujo Pouso, Luis . Alcalde de Porto do Son.
- Pardo Pumar, Pepa. Concelleira de Pontevedra.
- Prado del Río, Paula . Deputada Autonómica.
- Prieto Viso, Natalia.
- Pumar Tesouro, Jorge. Concelleiro Ourense.
- Ramallo Vázquez, María. Alcaldesa de Marín.
- Salgueiro Rapa, Demetrio. Alcalde de Xove.
- Serrano López, Juan. Exalcalde de Portomarín
- Varela Fernández, Katherinie. Monforte.
- Vázquez Prado, Javier. Lugo.
- Villarino Pardo, Ana. Alcaldesa de Oímbra.
VOGAIS DO COMITÉ EXECUTIVO DE GALICIA EN RESPRESENTACIÓN DOS GALEGOS NO EXTERIOR
- López Dobarro, Alejandro. Argentina
- Taboada Gamallo, Neir. USA
- Queda pendente de designar o representante de Europa.
VOGAIS POR DESIGNACIÓN DO PRESIDENTE
- Álvarez Carrero, Roberto.
- Aneiros Barros, Martina.
- Arias Fouz, Javier.
- Fidalgo Iglesias, Miguel.
- Trenor López, Gonzalo.
PRESIDENTES DOS COMITÉS
- Presidente do Comité Electoral de Galicia. Villares Bermúdez, Alfonso. Alcalde de Cervo.
- Presidenta do Comité de Dereitos e Garantías Murillo Solís, Lupe. Deputada autonómica.
VOGAIS NATOS DO COMITÉ
- Alberto Núñez Feijóo (presidente do Partido Popular).
- Diego Calvo Pouso (Presidente Provincial Coruña).
- Elena Candia López (Presidenta Provincial Lugo).
- José Manuel Baltar Blanco (Presidente Provincial Ourense).
- Luis López Diéguez. Provincia de Pontevedra.
- Miguel Ángel Santalices Vieira. (Presidente Parlamento).
- Adrián Pardo López (Presidente NNXX).
- Iago Acuña Vieites (Secretario xeral de NNXX).
- José Manuel Romay (Comité Ejecutivo Nacional).
- Miguel Tellado (Comité Ejecutivo Nacional).
- Ana Pastor Julián (Comité Ejecutivo Nacional).
- Francisco Conde (Comité Ejecutivo Nacional).
- Evaristo Ben Otero (voceiro Deputación da Coruña).
- Jorge Cubela López (voceiro Deputación de Pontevedra).
- Javier Jorge Castiñeira (voceiro Deputación de Lugo).
- Martín Fernández Prado (presidente local da Coruña).
- Ramón Carballo Páez (presidente e voceiro Lugo).
- Flora Moure (presidenta e voceira Ourense).
- Borja Verea Fraiz (presidente local Santiago).
- Rafael Domínguez Artime (presidente e voceiro Pontevedra).
- José Manuel Rey Varela (presidente local Ferrol).
- Marta Fernández-Tapias Núñez (Presidenta local Vigo).
- Rosa Gallego Neira (voceira A Coruña).
- Alejandro Sánchez-Brunete (voceiro Santiago).
- José Alfonso Marnotes González (voceiro Vigo).
COORDINADORES
- Acevedo Prado, Antón. Coordinador de Innovación Sociosanitaria.
- Ameijide Osorio, Antonio. Coordinador de Territorio e Infraestruturas
- Amigo Díaz, Encarna. Coordinadora de Sanidade
- Basanta Fernández, Antonio. Coordinador de Mar
- Bayón Rolo, Juan Andrés. Coordinador de Novas Afiliacións
- Benavides Alonso, Daniel. Coordinador de Deportes
- Caínzos Vázquez, Javier. Coordinador de Protección Civil e Asistencia á Veciñanza
- Chapela, Daniel. Coordinador de Cultura
- Del Río Freire, Rubén Coordinador de Acción Exterior
- Díaz Mouteira, Marisol. Coordinadora de Medio Ambiente
- Domínguez Alfonso, Miguel. Coordinador de Acción Institucional.
- Escobar Rivas, Alberto. Coordinador de Política Europea.
- Fernández Carricoba, Graciela. Coordinadora de Axentes Electorais.
- Fernández Gil, César. Coordinador de Estudios e Formación.
- Fernández López, Pablo. Coordinador de Emprego.
- Gallego Prieto, Juan Antonio. Coordinador de Programas.
- Galván Rodríguez, Eduardo. Coordinador Novas Tecnoloxías.
- González Vázquez, Marta. Coordinadora Interparlamentaria.
- González Abeijón, Fernando. Coordinador de Discapacidade.
- Martínez Cagiao, Noelia. Coordinadora de Turismo.
- Meijide Gómez, Higinio. Coordinador de Análise Política.
- Meneses Álvarez, Lara. Coordinadora de Xuventude
- Mouzo Mas, Paula. Coordinadora de Movementos Sociais
- Nóvoa Iglesias, Marta. Coordinadora de Industria e Empresa.
- Pan Varea, Jorge. Coordinador de Comunicación.
- Pérez Castellanos, Mª Sagrario. Coordinadora de Crecemento Sustentable.
- Pérez López, Noelia. Coordinadora de Mobilización Electoral.
- Rodeiro Tato, Ovidio. Coordinador de Educación.
- Souto Rozados, Avelino. Coordinador de Medio Rural.
PORTAVOZ PARLAMENTARIO
- Pedro Puy Fraga.
VICESECRETARÍAS
- Vicesecretaría de Organización. Pedro Rojo Otero.
- Vicesecretaría de Boa Administración e Política Local e presidente do Comité de Cidades. José Manuel Rey Varela.
- Vicesecretaría de Igualdade. Raquel Touriño Casal.
- Vicesecretaría de Concellos Rurais. José Ángel Santos.
- Vicesecretaría de Acción Electoral. Gabriel Alén Castro.
- Vicesecretaría de Alberto Pazos Couñago
- Vicesecretaria de Acción Sectorial. Olga Iglesias Fontal.
- Vicesecretaría de Participación. Marta Fernández-Tapias Núñez.
SECRETARIA GENERAL
- Paula Prado del Río.
PRESIDENTES DE HONRA
- José Manuel Romay Beccaría e presidente do Consello Consultivo do PPdeG.
- Mariano Rajoy Brey.
PRESIDENTE
- Alfonso Rueda Valenzuela.