Nidia Arévalo e María Ramallo coordinan un espazo de traballo que escoitará achegas das súas integrantes como rexedoras e como mulleres
Tellado: “A candidatura de Feijóo pon a disposición do partido a un presidente para o PP e para o Goberno de España”
Di que o obxectivo da formación é converterse na gran forza que aglutina ao centrodereita e ser a alternativa real ao Executivo de Sánchez
O Grupo Popular demanda a todas as administracións públicas que estean á altura do reto de reordenar o mapa de concellos de Galicia
Santiago, 4 de marzo de 2022.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos pediu hoxe no Parlamento galego que “todas as administracións públicas estean á altura do reto de reordenar o mapa de concellos de Galicia e que cesen os ataques partidistas a estes procesos”.
O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa nun protocolo de xestión de crises empresariais para achegar solucións ás entidades en dificultades
Santiago, 4 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “está traballando nun protocolo de xestión de crises empresariais, xunto cos principais axentes económicos e sociais de Galicia, a través do que se busca achegar solucións a empresas en dificultades”.
O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Pesca que simplifique os procesos formativos e a homologación de titulacións pesqueiras
Santiago, 3 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Pesca que coordine con todas as comunidades autónomas a simplificación dos procesos formativos e a homologación de titulacións do sector pesqueiro.
Feijóo anuncia su candidatura a la Presidencia del PP: “Seremos el partido por el que España está esperando”
“En 2018 dije que fallarle a Galicia sería como fallarme a mí mismo. Hoy siento que fallarle al PP es fallar a Galicia y al resto de España”, indica.
O Parlamento demanda ao Goberno de España a mellora do servizo e o mantemento das oficinas e unidades de reparto no rural de Correos
Santiago, 2 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que reforce o financiamento do servizo público postal; inclúa a Correos no reparto dos fondos para a recuperación, transformación e resiliencia; actualizar e manter as oficinas auxiliares e unidades de reparto existentes nas zonas rurais; reforzar a capilaridade de Correos ampliando o numero de oficinas, unidades de reparto e centros de tratamento; garantir a cobertura dos postos de traballo estruturais necesarios para dar cobertura e garantir un servizos postal público de calidade, con emprego e dereitos de calidade; e garantir o cumprimento dos parámetros de calidade determinados pola Lei Postal e polo regulamento que regula a prestación do Servizo Postal Universal.
O Grupo Popular oponse a calquera normativa do Estado que implique a supresión dos partidos xudiciais existentes en Galicia
Santiago, 2 de marzo de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Parlamento galego a oposición a calquera modificación da normativa ou decisión do Goberno central que poida implicar a supresión dos partidos xudiciais actualmente existentes ou a redución de competencias para a celebración de vistas e práctica de dilixencias e actuacións nas actuais sedes dos partidos xudiciais existentes.
O Grupo Popular centra as súas iniciativas do Pleno da vindeira semana na consolidación e o avance na igualdade entre homes e mulleres
Santiago, 1 de marzo de 2022.- O Grupo Popular centrará as súas iniciativas do Pleno da vindeira semana en consolidar e avanzar na igualdade real entre homes e mulleres, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. En concreto, a través de dúas proposicións non de lei e unha pregunta ao Goberno galego, demandará actuacións en ámbitos como o sociolaboral, discapacidade, medio ambiente, cultura, publicidade ou deporte; así como a modernización dos puntos de encontro familiar ou a posta en marcha do VIII Plan estratéxico para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Aprobado o ditame da Comisión de estudo sobre a seguridade viaria
Santiago, 25 de febreiro de 2022.- A Comisión non permanente especial de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia aprobou hoxe o ditame co voto favorable dos grupos Popular e Socialista, e a abstención do BNG. Este documento queda agora pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria.