O Parlamento galego pide ao Goberno central que rectifique o novo mapa de transporte por estrada e teña en conta as peculiaridades de Galicia

Santiago, 13 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do Grupo Socialista, a través da que se pide ao Goberno de España que rectifique os criterios empregados no deseño do novo mapa concesional das liñas de transporte por estrada da súa competencia e teña en contas as peculiaridades que ten Galicia no que respecta á dispersión territorial e poboacional, promovendo a prestación de servizos de transporte interautonómicos de calidade, que garantan, cando menos, as paradas e os tráficos actuais, ademais das conexións directas existentes ata o de agora.

Continue reading

O Parlamento rexeita a normativa europea que minora ou elimina o emprego das artes de fondo na pesca

Santiago, 13 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se amosa o rexeitamento das propostas normativas europeas que leven á minoración ou eliminación do emprego de artes de fondo, entendendo que o seu emprego pode ser respectuoso cos hábitats mariños nos que traballan e sinalando o impacto social e económico que estas medidas propostas poden ter, especialmente sobre a frota costeira artesanal.

Continue reading

O PPdeG salienta que Galicia é a segunda comunidade con mellor ratio de facultativos de medicina interna

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que Galicia, segundo os datos do propio Ministerio de Sanidade, “é a segunda comunidade autónoma con mellor ratio de facultativos de medicina interna por cada 100.000 habitantes” e insistiu na demanda ao Goberno central para que “tome as medidas necesarias para que o sistema de solicitude de acreditacións de prazas estea aberto de forma permanente e non unicamente en períodos curtos de tempo”.

Continue reading

O PPdeG contempla a transferencia da inspección de traballo, pero lembra que están pendentes a da AP-9 e a xestión do litoral

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “aspiramos ao máximo teito competencial, polo que contemplamos a transferencia en materia de inspección de traballo, pero na defensa dos intereses dos galegos non imos adoptar ningunha competencia que non veña dotada do financiamento necesario, ademais de que nestes momentos hai competencias pendentes prioritarias para o noso país: a AP-9 ou a xestión do litoral”.

Continue reading