Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lamentou esta mañá no Pleno do Parlamento que os socialistas galegos “perderon unha oportunidade de poñerse ao carón dos intereses de Galicia e dos galegos pedindo con claridade ao Goberno de Pedro Sánchez que devolva á Comunidade galega os 70 millóns de euros que non puideron ser executados ao abeiro do terceiro e cuarto plan de rescate polas condicións inxustas e inaccesibles impostas polo Goberno central”.
O Grupo Popular insiste en dar prioridade á localización da fábrica de fibras téxtiles na Mariña lucense ou, no seu caso, na provincia de Lugo
Santiago, 22 de febreiro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que os socialistas galegos “pretenderan rachar co acordo unánime acadado na pasada sesión plenaria a través do que se solicitaba á Xunta que dea prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles de España en Galicia, que permitiría pechar o ciclo de produción da madeira nesta Comunidade autónoma, así como que se propicie o seu emprazamento preferentemente na comarca de A Mariña e, se os criterios técnicos non garanten a viabilidade deste emprazamento, na provincia de Lugo”.
O Parlamento galego demanda o reintegro dos fondos non executados dos 3º e 4º plan de rescate para destinalos a un novo plan de apoio
Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España que os fondos estatais que non puideron ser executados ao abeiro do 3º e 4º plans de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da Covid-19 poidan ser destinados a un novo Plan de apoio para o ano 2022, axustándose o máximo posible á realidade do tecido empresarial galego e incorporando os criterios establecidos polas comunidades autónomas de común acordo co Diálogo Social de Galicia e a Mesa do Emprego Autónomo.
O Grupo Popular apoia investigar os casos de abuso sexual a menores no ámbito da Igrexa, da xustiza e das institucións públicas
Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia condenou hoxe por unanimidade os graves casos de abusos sexuais a menores na Igrexa católica, amosando o apoio ás vítimas dos mesmos na súa demanda de verdade, xustiza e reparación. Así mesmo, insta á Xunta a apoiar e colaborar coas investigacións que se leven a cabo no ámbito da Igrexa, da xustiza e das institucións públicas, encamiñadas a coñecer a verdade, a reparar o dano causado e a condenar aos responsábeis destes graves delitos, así como dar soporte e apoio ás vítimas tanto no proceso de denuncia como no tratamento e superación dos danos e secuelas causados polos abusos que sufriron.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central un plan nacional contra a exclusión financeira
Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable de BNG nin de PSdeG, a través da que se reitera ao Goberno central a necesidade de elaborar un estudo, en colaboración co Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado da Competencia, sobre a situación do mercado financeiro en España que sirva de base para a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso de toda a poboación aos servizos financeiros.
O Grupo Popular salienta que a Xunta xa contratou a 100 profesionais dentro do Plan de saúde mental
Santiago, 22 de febreiro de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “xa contratou a 100 novos profesionais dentro do Plan de saúde mental de Galicia”, dotado con 83 millóns de euros e adaptado ás necesidades da sociedade galega.
Tellado afirma que a traxectoria e o legado de Rosalía de Castro son unha fonte de inspiración en toda España e un motivo de fondo orgullo para Galicia
Reivindica a figura da autora, símbolo de que a cultura e as linguas unen aos pobos, fronte ao empobrecemento dos nacionalismos excluíntes
—
O número dous do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor o legado de Rosalía de Castro, que é unha fonte de inspiración en toda España e un motivo de fondo orgullo para Galicia, engadindo tamén que a súa traxectoria é símbolo do mellor da nosa cultura, un punto de encontro e un referente de que as linguas son ferramentas para unir aos pobos, nunca para dividilos.
Así se expresaba na ofrenda floral que o partido celebrou en Padrón en homenaxe á gran poeta galega e referente da nosa literatura, conmemorando que esta semana se cumpren 185 anos do seu nacemento. Acompañado polo portavoz parlamentario, Pedro Puy, polos membros da Comisión de Cultura do PPdeG e polo resto de integrantes do Grupo Parlamentario Popular no Parlamento, insistiu en que reivindicar a Rosalía é a mellor forma de homenaxear a cultura galega e española “rica e integradora”.
Tras salientar que os galegos construímos sempre sumando e unindo, lamentou que na última década cobrasen forza en toda España nacionalismos excluíntes, forzas que definen a súa identidade en contraposición ás demais, que para facer valer o propio necesitan atacar o alleo, que levantan muros e que impoñen linguas e pensamentos únicos cunha visión limitada.
Fronte aos que, a un lado e a outro, nos queren empobrecer, Tellado destacou a enorme riqueza dunha Galicia aberta e moderna e dunha España libre e plural das que a autora estaría profundamente orgullosa. Ademais, lembrou que Rosalía, adiantada ao seu tempo, foi clave no rexurdimento das nosas letras, na recuperación da conciencia galeguista e fundamental no panorama literario do século XIX, rompendo barreiras e demostrando que o galego é unha lingua que pode dialogar en igualdade coas grandes literaturas do mundo.
Pola súa parte, Pedro Puy resaltou que o fundamental de Rosalía é a súa capacidade para unir aos galegos en torno á beleza da súa palabra e dos seus poemas, tanto en galego como en castelán. Nese senso, fixo fincapé na virtude da autora para conectar coa xente, algo que segue vixente: “Ninguén puido expresar mellor que Rosalía os sentimentos universais e atemporais que engarzan coas nosas raíces e co noso pobo”.
Promoción da calidade alimentaria galega
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que continúe afondando na promoción da calidade alimentaria galega
Convocatoria dos procesos de selección de persoal ao servizo da Administración de Xustiza
Iniciativa sobre as actuacións da Xunta de Galicia perante o Ministerio de Xustiza para a convocatoria dos procesos de selección de persoal ao servizo da Administración de xustiza
Avelino Souto: “Debemos seguir escoitando ao noso rural para encarar os grandes desafíos aos que se enfrontan os veciños destas zonas”
“Queremos un rural sostible medioambientalmente, rendible, vivo e que sexa atractivo para vivir e para traballar”, di na constitución da Comisión de Medio Rural do PPdeG, que preside