Santiago, 8 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, sen o respaldo de BNG nin de PSdeG, a través da que se recoñece a relevancia de Laxeiro no eido das artes plásticas de Galicia e manifesta a importancia de que a Xunta coordine a posta en marcha dunha programación cultural que celebre a súa figura coincidindo co Día das Artes Galegas 2022.
O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Educación que concrete os novos currículos derivados da aplicación da LOMLOE
Santiago, 8 de outubro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable do PSdeG, a través da que se solicita ao Ministerio de Educación axilidade na concreción dos novos currículos derivados da aplicación da LOMLOE como paso previo a poder acometer a súa adaptación ás particularidades do ensino galego e, entre outras cuestións, facilitar que a Consellería poida ofrecer ao profesorado galego un conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acorde co modelo curricular vixente.
O Parlamento galego solicita que a Xunta incoe o procedemento de delimitación do Camiño de Inverno
Santiago, 8 de outubro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que incoe o procedemento de delimitación do trazado do Camiño de Inverno, dando prioridade ás rutas principais que xa foron recoñecidas previamente.
O Parlamento solicita a retirada da proposta de redución das áreas beneficiarias do programa europeo de cooperación POPTEP 21-27
Santiago, 6 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se solicita ao Goberno de España que manifeste ante a Comisión Europea o rexeitamento e solicite a retirada da proposta de redución da área xeográfica beneficiaria incluída no espazo de cooperación do Programa POCTEP 21-27.
Restablecemento de todos os servizos e frecuencias do transporte ferroviario antes da crise da covid-19
Demanda por parte da Xunta ao Goberno de España do restrablecemento de todos os servizos e frecuencias que ofrecía o transporte ferroviario antes da crise da covid-19
O PPdeG saúda que BNG e PSdeG recoñezan que o peche de oficinas bancarias é un problema global que precisa resposta do Goberno central
Santiago, 6 de outubro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez saudou hoxe no Parlamento galego que tanto BNG como PSdeG “recoñezan que o peche de oficinas bancarias, sobre todo en zonas do rural, é un problema global do sistema financeiro español e que afecta ao conxunto de España”, polo que insistiu que “o Goberno de España debe dirixir unha acción conxunta, ao ser o único competente na materia”.
Actuacións para esixir ao Goberno de España unha reforma lexislativa sobre a ocupacion de vivendas
Actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para exixir ao Goberno de España una reforma lexislativa sobre a ocupación de vivendas
Reactivación de unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural servizos gratuítos
Iniciativa sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reactivar determinadas unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural servizos gratuítos, como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao Alzheimer, sanitarios e de apoio
Muñoz exige a Montero que incluya la rebaja del IVA de peluquerías del 21 al 10% en los Presupuestos para 2022
La portavoz de Hacienda del Grupo Parlamentario Popular y senadora por Galicia, Elena Muñoz, ha exigido hoy en el Pleno del Senado, a la ministra de Hacienda, María Jesús Montero, que “respete la mayoría democrática de esta Cámara e incluya la rebaja del IVA de peluquerías y centros de estética del 21 al 10% en los Presupuestos para 2022, que han pactado los dos gobiernos de España”.
Pedro Puy salienta que a celebración a vindeira semana do Debate sobre o Estado da Autonomía “é mostra da normalidade democrática de Galicia”
Santiago, 5 de outubro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía a vindeira semana “é unha mostra máis da normalidade democrática que gozamos en Galicia” e contrastou esta situación coa que se vive a nivel nacional, onde non se celebra o Debate sobre o Estado da Nación desde o pasado 2015.