O Grupo Popular salienta que o Consello de Contas “verifica que a información rendida pola Xunta é completa e imaxe fiel do patrimonio”

Santiago, 13 de xullo de 2021.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe os informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na memoria de actividades do Consello de Contas de 2019, “no que se verifica que a información rendida pola Xunta é completa, reflicten a imaxe fiel do patrimonio e ofrece a información necesaria para interpretar a situación financeira da Administración”, sinalou o deputado do Grupo Popular José Manuel Rey.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que o Valedor do Pobo “se perciba como un ente que axuda á Administración a prestar mellores servizos”

Santiago, 13 de xullo de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Pleno do Parlamento, no debate para a aprobación do informe anual do Valedor do Pobo correspondente a 2019, que neste documento “se intúe unha moi boa colaboración das consellerías e da Administración autonómica coa institución, o que amosa que a Valeduría non se percibe como un ente inquisidor, senón como un ente colaborativo que axuda á Administración a prestar mellores servizos á cidadanía”.

Continue reading

Pedro Puy incide na máxima predisposición ao diálogo do Grupo Popular para elaborar o ditame da Comisión de reactivación

Santiago, 12 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, reiterou hoxe que “mantemos a nosa máxima predisposición ao diálogo” cos grupos da oposición na elaboración do ditame da Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia, que mañá se aprobará no Pleno do Parlamento galego. Así mesmo, avogou porque o novo Goberno central “permita mellorar a interlocución e o diálogo con Galicia para poder avanzar na axenda de asuntos pendentes co Estado”.

Continue reading

Tellado: “Sánchez puxo o Estado ao servizo do PSOE e Galicia é unha das súas principais vítimas”

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou que Pedro Sánchez poña o Estado ao servizo do PSOE, sendo Galicia unha das súas principais vítimas pola vinganza dun presidente cun territorio que non o vota nin lle serve para manterse na Moncloa. Para exemplificalo, expuxo un decálogo de agravios que resume ano e medio de maltrato á Comunidade, manifestando que os populares seguirán traballando para acabar con esta situación.

Continue reading

O Parlamento galego demanda que todas as administracións se involucren na organización de espectáculos musicais ao aire libre

Santiago, 8 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia amosou hoxe por unanimidade, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, o seu apoio ás orquestras galegas como un sector económico de importante valor cultural e turístico e puxo de manifesto a importancia de que todas as administracións, nomeadamente os concellos, se involucren na súa reactivación e posibiliten a súa organización, unha vez superadas con éxito as probas piloto de espectáculos musicais ao aire libre.

Continue reading

O PPdeG reitera que “o mellor modo de protexer o emprego en Xeal é cumprir as condicións das concesións da explotación en Cee e Dumbría”

Santiago, 8 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo reiterou hoxe no Parlamento galego que “o mellor modo de protexer o emprego na factoría de Xeal é garantindo o cumprimento das condicións que imperan nas concesións de explotación das centrais hidroeléctricas, que vinculan estas ao mantemento da actividade industrial nas plantas de Cee e Dumbría”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda que a Xunta apoie ao sector do videoxogo

Santiago, 7 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro insistiu hoxe no Parlamento galego, do mesmo xeito que se recolle no ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, que a Xunta apoie ao sector do videoxogo para aproveitar as posibilidades de impacto económico e establecer sinerxias entre os creadores galegos e os profesionais implicados no desenvolvemento tecnolóxico.

Continue reading

O Grupo Popular lembra a competencia e liberdade dos concellos para crear e xestionar os conservatorios e escolas de música

Santiago, 7 de xullo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez lembrou hoxe no Parlamento galego que “os concellos teñen competencia e liberdade para crear e xestionar os conservatorios e as escolas de música”, polo que subliñou que “tanto desde o PPdeG como desde a Xunta respectamos e respectaremos sempre a iniciativa dos concellos que, desde a súa competencia e liberdade, queiran ofertar á veciñanza ensinanzas musicais”.

Continue reading