O PPdeG saúda que BNG e PSdeG recoñezan que o peche de oficinas bancarias é un problema global que precisa resposta do Goberno central

Santiago, 6 de outubro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez saudou hoxe no Parlamento galego que tanto BNG como PSdeG “recoñezan que o peche de oficinas bancarias, sobre todo en zonas do rural, é un problema global do sistema financeiro español e que afecta ao conxunto de España”, polo que insistiu que “o Goberno de España debe dirixir unha acción conxunta, ao ser o único competente na materia”.

Continue reading

Muñoz exige a Montero que incluya la rebaja del IVA de peluquerías del 21 al 10% en los Presupuestos para 2022

La portavoz de Hacienda del Grupo Parlamentario Popular y senadora por Galicia, Elena Muñoz, ha exigido hoy en el Pleno del Senado, a la ministra de Hacienda, María Jesús Montero, que “respete la mayoría democrática de esta Cámara e incluya la rebaja del IVA de peluquerías y centros de estética del 21 al 10% en los Presupuestos para 2022, que han pactado los dos gobiernos de España”.

 

Continue reading

Pedro Puy salienta que a celebración a vindeira semana do Debate sobre o Estado da Autonomía “é mostra da normalidade democrática de Galicia”

Santiago, 5 de outubro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía a vindeira semana “é unha mostra máis da normalidade democrática que gozamos en Galicia” e contrastou esta situación coa que se vive a nivel nacional, onde non se celebra o Debate sobre o Estado da Nación desde o pasado 2015.

Continue reading

O Parlamento galego pide que a UE censure o comportamento de Noruega, Islandia e Illas Feroe na asignación de cota de xarda

Santiago, 5 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que censure diante da Unión Europea o comportamento dos gobernos de Noruega, Islandia e Illas Feroe na asignación de cota de xarda, así como para esixirlle que se adopten medidas equivalentes de sanción ante esta decisión unilateral.

Continue reading

O PPdeG pide ao Concello de Burela que solicite formalmente a cesión da finca detrás do edificio de Capitanía Marítima “se ten interese real” en ser o titular

Santiago, 5 de outubro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro emprazou ao Concello de Burela a solicitar formalmente a cesión da parcela situada no número 7 da travesía do Porto, (detrás do edificio de Capitanía Marítima) “se de verdade ten interese real por facerse coa súa titularidade”.

Continue reading

O Grupo Popular sitúa como prioridades políticas o Debate sobre o Estado da Autonomía e a tramitación dos orzamentos da Xunta para 2022

Santiago, 4 de outubro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou hoxe como “prioridades políticas” neste mes de outubro a celebración a vindeira semana do Debate sobre o Estado da Autonomía e, posteriormente, a tramitación dos orzamentos da Xunta para 2022. Así, dixo que existen “aspectos fundamentais que centrarán o debate, como aproveitar as oportunidades que se nos presentan cos fondos europeos, traballar sobre a base do contido do ditame da Comisión de Reactivación e acelerar os cambios necesarios para poder competir nos mercados”.

Continue reading