Santiago, 27 de abril de 2021.- O voceiro de Emprego, José Manuel Balseiro, amosou esta tarde no Parlamento a solidariedade e apoio do Grupo Popular aos traballadores da refinería de Repsol en A Coruña, e avanzou a esperanza de que o expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) anunciado e que afectaría a este centro “poida reconducirse e non chegue a aprobarse”.
O Grupo Popular esixe ao PSdeG que reclame a Sánchez as débedas pendentes con Galicia e deixe á Xunta traballar na xestión das autoestradas
Santiago, 27 de abril de 2021.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Diego Calvo, criticou hoxe a proposta presentada polo PSdeG no Pleno do Parlamento para que a Xunta anule as peaxes das dúas autoestradas da súa titularidade cando o Goberno central de Pedro Sánchez está a pedir que se cobre polo uso das autovías de titularidade estatal, o que suporía máis de mil quilómetros en Galicia, e sigue a subir ano a ano as peaxes da AP-9.
O Grupo Popular asegura que defender a Lei de saúde de Galicia e o autogoberno é a mellor forma de defender a vida e a saúde dos galegos”
Santiago, 27 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Parlamento que o Goberno galego e o PPdeG “imos defender a modificación da Lei de saúde de Galicia e o autogoberno, porque é a mellor forma de defender a vida e a saúde dos galegos”.
O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa nun novo plan integral de loita contra o acoso escolar
Santiago, 27 de abril de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que a Xunta “está traballando para reforzar a loita contra o acoso escolar cun novo plan integral, de xeito que os centros se convertan en espazos de convivencia, reforzando os protocolos de convivencia e as ferramentas de detección de acoso e de seguimento individualizado do alumno”.
O Grupo Popular acusa á oposición de “estar máis polo teatro no Parlamento que pola defensa dos intereses dos galegos”
Santiago, 27 de abril de 2021.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, acusou hoxe no Pleno á oposición de “estar máis preocupados por facer teatro no Parlamento que pola defensa dos intereses dos galegos”.
O Grupo Popular asegura que “Galicia non renunciará a maiores cotas de autogoberno desde a lealdade ás institucións galegas e españolas”
Santiago, 27 de abril de 2021.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “Galicia non renunciará a maiores cotas de autogoberno, exercido desde a lealdade ás institucións galegas e españolas”.
O Grupo Popular inicia con Vigo unha serie de iniciativas no Parlamento galego demandando ao Goberno central actuacións nas cidades galegas
Santiago, 26 de abril de 2021.- O Grupo Popular iniciará con Vigo no Pleno desta semana unha serie de iniciativas parlamentarias a través das que se demanda ao Goberno central actuacións pendentes nas principais cidades e vilas de Galicia.
Tellado: “O Goberno e Alcoa teñen que que actuar xa para salvar a planta de San Cibrao”
Esta mañá Miguel Tellado e Elena Candia reuníronse co comité de empresa de Alcoa para reivindicar ao Goberno central e á empresa que pechen un acordo para a venta da planta.
Tellado: “Estamos dispostos a chegar a un goberno de coalición co PSOE en Ourense pero non nos fiamos do seu candidato”
Lembra que Villarino, que non conta nin co apoio de todos os seus concelleiros, leva dous anos conspirando para facerse coa Alcaldía
Iniciativa sobre rexeitamento a Resolución do Parlamento Europeo respecto do aumento dos recursos pesqueiros no mar
Iniciativa sobre o rexeitamento á Resolución do Parlamento Europeo sobre un aumento dos recursos pesqueiros no mar