O Grupo Popular critica que o BNG “utilice a memoria histórica para poñer en dúbida as institucións, a calidade democrática e a transición”

Santiago, 1 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que o BNG “utilice as políticas de memoria histórica como ferramenta partidista para poñer en dúbida a lexitimidade democrática das institucións, para cuestionar a calidade democrática ou para deslexitimar o proceso de transición democrática”.

Continue reading

O Parlamento demanda prezos de referencia que favorezan a transparencia na negociación de parques eólicos entre promotores e propietarios

Santiago, 30 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta realice unha análise da valoración dos prezos de referencia dos parques eólicos instalados en Galicia para favorecer a transparencia nas negociacións entre os promotores e os propietarios afectados polo desenvolvemento de nova potencia renovable en Galicia.

Continue reading

A Comisión de Reactivación aproba o ditame, coa incorporación de 46 transaccións cos grupos da oposición

Santiago, 29 de xuño de 2021.- A Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19 aprobou esta mañá o ditame, coa incorporación de 46 emendas dos grupos da oposición. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou que “seguiremos coa man tendida para chegar a acordos ata a votación definitiva en sesión plenaria” e salientou que o fondo de consenso de 115 millóns de euros “permitirá reforzar as conclusións do propio ditame, permitindo que o 24 por cento do mesmo sexa administrado polos propios concellos”.

Continue reading