Luisa Sánchez destaca a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con preto de 12 millóns de euros para urbanizar o entorno e o Campus do Mar

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, destacou a aposta da Xunta de Galicia pola recuperación da ETEA, materializada na consignación de 11,72 millóns de euros nos orzamentos autonómicos do 2027 para continuar coa urbanización dos distintos ámbitos e para construción do novo Centro de Investigacións Mariñas no edificio Siemens. “Comprobamos que o Goberno galego reafirma o seu compromiso con Vigo, apostando pola ETEA, e tamén por seguir construíndo máis vivenda e reforzando as partidas en educación, coa construción do IES Domingo Villar en Navia, en sanidade, infraestruturas ou política social”, apuntou.

Durante unha comparecencia ante os medios de comunicación na Praza de Armas da ETEA, a líder local do PP subliñou a contía histórica destinada a Vigo polo Executivo autonómico nos orzamentos do vindeiro ano.

Entre eles, destacou a firme aposta do Executivo pola “recuperación” da ETEA, que se ratifica coa consignación de 5,6 millóns de euros para rematar a urbanización do ámbito PS-6 (2,55 M€) –no que se edificará posteriormente a residencia de maiores comprometida pola Fundación Amancio Ortega– e para a urbanización do ámbito PS-1 (3,1M€), que afecta aos viais e á Praza de Armas. A esta cantidade se suman outros 6,12 millóns de euros para la construción do novo Centro de Investigacións Mariñas (CIM) no edificio Siemens, unha dotación integrada dentro do plan de Infraestruturas Universitarias da Consellería de Educación.

“É un impulso á reordenación deste lugar e un novo motivo de orgullo para os veciños de Teis xa que este é un proxecto largamente agardado por Vigo dende que fai case 18 anos o Goberno cedeu os terreos para abrilos á cidadanía e erixir neles o Campus do Mar”, lembrou.

“Hai orzamento, hai vontade e tamén existe xa un convenio firmado, dende o pasado mes de febreiro, para poñerse a traballar”, destacou Luisa Sánchez, que fixo referencia á “foto paripé” protagonizada entón por Abel Caballero, David Regades e o entón reitor da Universidade de Vigo, sen que estivese invitada a conselleira de Infraestruturas, que firmou de forma telemática.

Dende entón, o desenvolvemento do PS-1, para o que a Xunta comprometeu 10 millóns de euros, segue bloqueado por parte de Caballero, sendo “un máis dos moitos proxectos paralizados por un alcalde que pensa máis en si mesmo e no seu interese electoralista que na súa cidade”, lamentou.

APOSTA POR SEGUIR LIDERANDO A CONSTRUCION DE VIVENDA
A presidenta local do PP celebrou que os orzamentos da Xunta ratifican a súa vontade de seguir liderando a construción en materia de vivenda, cunha consignación de 96 millóns de euros para Vigo, o que supón “o maior investimento en vivenda nunha cidade galega para o vindeiro ano”. Desa contía, 76,28 son para continuar erixindo vivendas de promoción pública (un 23,7 máis que este ano) e 7,4 son para o desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida.

Ademais do impulso á vivenda, o compromiso da Xunta cos grandes proxectos de Vigo demóstrase cunha partida de 1,5 millóns de euros para as obras de reforma do Teatro Fraga, 300.000 euros para cofinanciar o túnel de Elduayen, 300.000 euros para as novas pistas de atletismo de Balaídos e os 14,35 millóns para seguir levantando o IES Domingo Villar, en Navia, que é o primeiro centro educativo de Galicia construído integramente baixo o plan de nova arquitectura pedagóxica.

A aposta pola educación refléxase tamén na contía de 1,5 millóns de euros para rehabilitar o colexio Vicente Risco, mentres que no ámbito da sanidade reformaranse as Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro (1,6M€), haberá melloras no hospital Meixoeiro (2,4M€), a reforma da unidade Maxilofacial (1,01M€) ou a obra da Unidade de Reprodución Asistida (1,01M€), entre outros.

A Xunta incrementa un 18 % o investimento en Ferrol e comarca, con máis de 161,7 millóns de euros nos orzamentos

O presidente do Partido Popular de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2027. “Ferrolterra recibirá máis de 161,7 millóns de euros para a construción de vivenda pública, proxectos de transformación urbana, solo industrial, melloras en infraestruturas sanitarias, deportivas e en centros educativos, é un firme compromiso coa nosa comarca”.

Os orzamentos da Xunta para o 2027 superan os 15.100 millóns de euros, crecen un 6,4 % máis que en 2026, e serán os décimo oitavos consecutivos aprobados en tempo e forma. Estes orzamentos inclúen novas rebaixas fiscais para familias, empresas e acceso á vivenda.

O presidente dos populares afirmou que “a Xunta cumpre, Ferrol cumpre, nós estamos a elaborar os quintos orzamentos do noso mandato”, e contrapuxo esta planificación á situación do Goberno central, que leva anos cun orzamento prorrogado.

Así mesmo destacou que a Xunta reafirma o seu compromiso con Ferrol a través duns orzamentos que manteñen o esforzo investidor na cidade. Tras 17 exercicios orzamentarios consecutivos co PP á fronte do Goberno galego, “este investimento busca impulsar o crecemento de Ferrol e contribuír ao seu desenvolvemento económico e social”, asegura.

MÁIS VIVENDA PÚBLICA E REXENERACIÓN URBANA
A Xunta de Galicia reforza a súa aposta pola construción de vivenda pública en Ferrol, fronte á ausencia de investimento do Estado nesta materia na cidade. “Mentres o Goberno central non destina fondos á promoción de vivenda pública en Ferrol, o Goberno galego impulsa a construción de 353 novos fogares e incrementa os recursos destinados a facilitar o acceso á vivenda e á recuperación urbana”, afirmou.

A través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destínanse 37,7 millóns de euros á construción de vivendas de promoción pública no Bertón, cun incremento dun millón de euros no orzamento destinado á vivenda na urbe. Actualmente no Bertón están xa 172 fogares en plena construción, mentres que os 181 restantes se atopan en fase de licitación.

Tamén o veciño Concello de Narón verá incrementado o parque de vivienda pública. Os orzamentos da Xunta aportan de 7,7 millóns para a construción de 105 vivendas de promoción pública. Ademais, neste municipio, a Xunta está a executar as obras para transformar en 14 vivendas os locais sen uso de titularidade autonómica que ocupaban a primeira planta do inmoble emprazado na rúa Ponte Pielas. Así mesmo, proxecta outras 91 VPP que se van construír nunha parcela cedida polo Concello de Narón na Avenida 3 de abril.

O convenio de rehabilitación urbana de Ferrol mobiliza 3,26 millóns de euros para favorecer a rexeneración de barrios históricos, ámbitos declarados Ben de Interese Cultural (BIC) e zonas situadas no Camiño de Santiago.

Pola súa banda, o programa Rexurbe, fundamental para a recuperación do casco histórico, aporta 2,9 millóns para seguir avanzando na rehabilitación de vivendas e na revitalización de A Magdalena e Ferrol Vello, consolidando nova poboación a través de alugeiros sociais. Este ano entregáronse xa as chaves de cinco VPP trala rehabilitación de dous inmobles no marco deste programa.

“A Xunta demostra con investimentos concretos a súa aposta, un ano máis, pola vivenda pública e pola transformación de Ferrol, mentres o Goberno do Estado so fala en titulares”, apuntou.

A MAIOR TRANSFORMACIÓN URBANA EN DÉCADAS
Grazas ao esforzo inversor da Xunta, Ferrol avanza na súa transformación urbana, será o seu maior cambio en décadas. Novamente, Abrir Ferrol ao mar, a Cidade do Deporte, o convenio de rexeneración urbana e o saneamento na zona rural reciben un espaldarazo de 10,5 millóns de euros.

A Consellería de Infraestruturas consolida o seu compromiso coa cidade e o convenio Abrir Ferrol ao Mar aumenta un 120 % o seu orzamento. Así pásase dunha inversión de 1,6 millóns de euros en 2026 a 3,52 millóns de euros en 2027. “Este ano rematará a fase 1 Ferrol Vello-Arsenal-Magdalena, a fase de Esteiro estará lista en 2027 e antes de finalizar o 2026 comezarán as obras no barrio de Caranza, isto son feitos”, afirmou o tamén alcalde de Ferrol.

A Consellería de Deportes continúa a súa aposta co proxecto da Cidade do Deporte, cun investimento de 3,2 millóns de euros. “Os deportistas e clubes da cidade merecen unhas instalacións de primeira, como eles, e xuntos compartiremos logros e victorias nas novas instalacións”, destacou.

Neste momento están en obras, o complexo polideportivo Javier Gómez Noya (450.000 euros) e o pavillón de Santa Mariña (246.944,18 euros), mentres continúan os traballos en Fimo (5,7 millóns de euros), na cuberta do estadio municipal de A Malata (3,7 millóns de euros) e na Cidade Náutica de A Cabana (1,7 millóns de euros). Nas próximas semanas iniciaranse as actuacións na Casa do Deporte (188.142,90 euros) e no Ensanche A (311.808,41 euros). E xa están operativos os campos de fútbol de Caranza e da Gándara.

O deporte ferrolán recibirá, ademais, 275.000 euros reservados á actividade dos clubs de base.

En relación o saneamento na zona rural, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da un gran pulo o ano que vén a estas obras xa iniciadas, cun investimento de 3,7 millóns de euros para completar a Fase 1A, e poder comezar a seguinte fase.

Augas de Galicia destinará 3,83 millóns de euros a sufragar outros gastos correntes ligados, fundamentalmente, á explotación de diferentes instalacións hidráulicas xa existentes.

MÁIS SOLO INDUSTRIAL E INVESTIMENTOS ESTRATÉXICOS
Ferrol contará cun novo parque empresarial en Mandiá para dar resposta á demanda de solo industrial das empresas e favorecer a implantación de novas actividades económicas.

“Ferrol gañará 1,6 millóns de metros cadrados de superficie. Necesitamos seguir medrando e diversificando a oferta industrial da cidade e da comarca”, salientou Rey Varela. Esta nova área empresarial complementará as infraestruturas existentes e as posibilidades de desenvolvemento vinculadas ao porto exterior, reforzando o potencial industrial e loxístico de Ferrol e da súa contorna.

A estes investimentos súmanse outras actuacións estratéxicas para impulsar a actividade económica e mellorar a competitividade da cidade. A Consellería de Economía e Industria destinará 2,6 millóns de euros á mellora da eficiencia enerxética no CIS da Cabana.

Pola súa banda, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración prevé destinar 230.000 euros ao Centro de Formación Ocupacional, situado na avenida do Mar, en Caranza, e outros 120.000 euros ao Polo de Emprendemento de Ferrol, co obxectivo de reforzar a formación para o emprego e apoiar a creación de novas iniciativas empresariais.

A estas partidas súmanse 2,72 millóns de euros en axudas a autónomos e emprendedores e 5,4 millóns para plans de formación para o emprego.

MOBILIDADE URBANA
O investimento da Dirección Xeral de Mobilidade na cidade aumenta un 12,4% respecto a 2026 e ronda os 4,3 millóns de euros.

Así mobilízanse 100.000 euros para a integración da estación de autobuses na Estación Intermodal de Ferrol á espera de que ADIF firme o convenio. “Somos a única das sete grandes cidades de Galicia que segue esperando pola firma do convenio, esperamos que o próximo Goberno do Estado firme este documento”, solicitou Rey Varela.

Tamén se duplica a política tarifaria dos plans de transporte en Ferrol, acadando os 877.600 euros.

O servizo galego de apoio á mobilidade persoal, o transporte escolar e o servizo integrado de transporte medran un 5,5% e alcanzan os 2,8 millóns de euros. Os mozos ferroláns poderán beneficiarse das bonificacións á tarxeta TMG Xente Nova, que medran un 3,75% e pasan de 306.900 a 318.400 euros e as axudas á adquisición de bicicletas con pedaleo asistido suben o 42,9% ata os 40.000 euros.

A través da Consellería de Planificación de Infraestruturas, darase un impulso á VAC Costa Norte cun investimento de 3,15 millóns de euros.

OS NOSOS MAIORES E AS FAMILIAS
O benestar das persoas, a atención aos maiores e o apoio ás familias constitúen unha prioridade para a Xunta de Galicia e para o Goberno de Ferrol. Os orzamentos autonómicos reforzan este compromiso con investimentos destinados a mellorar os servizos de atención á dependencia, ampliar os recursos asistenciais e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

No ámbito da atención ás persoas dependentes, a Xunta destina 2,32 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Ferrol. Mentres que para o programa de Xantar na casa habilítase unha partida de 175.000 euros.

A estas medidas súmase o investimento de máis de 3 millóns para o funcionamento da residencia pública autonómica cedida pola Fundación Amancio Ortega, que xa acolleu os seus primeiros usuarios hai unhas semanas. O centro incorpora 120 novas prazas públicas e supón, ademais, a creación de 110 postos de traballo directos, reforzando tanto a rede de atención residencial como o emprego na cidade.

O Bono Coidado no Fogar contará cunha dotación de 7,3 millóns en Galicia, un 55 % máis que no exercicio anterior para chegar a aproximadamente 1.460 beneficiarios. Esta iniciativa contribúe a apoiar economicamente ás familias que asumen o coidado dos seus maiores e persoas dependentes no ámbito doméstico.

O apoio ás familias e á conciliación é outro dos eixes fundamentais destas políticas. Galicia manterá por quinto ano consecutivo a gratuidade das escolas infantís, unha medida da que se benefician 32.000 nenos e nenas en toda a comunidade, preto de 900 deles en Ferrol. O investimento destinado a esta iniciativa na cidade ascende a 2,2 millóns de euros.

Por outra banda, o Bono Concilia contará este ano cunha dotación de 2,6 millóns de euros e permitirá apoiar preto de 200 familias ferrolás na atención puntual dos seus fillos e fillas, ofrecendo recursos para compatibilizar as responsabilidades familiares e laborais.

A Xunta reforza tamén as políticas de apoio ás persoas en situación de dependencia, cun incremento do 20 % no investimento destinado aos bonos de dependencia en Galicia, ata alcanzar os 8,5 millóns de euros en Ferrol. As axudas aos maiores e á discapacidade suman 15,8 millóns de euros.

MÁIS INVESTIMENTO NA ATENCIÓN SANITARIA
A sanidade é un prioridade. Un exercicio máis segue o esforzo inversor para modernizar e de dotar de máis e mellores servizos á nosa área sanitaria. Así dende a Consellería de Sanidade destínanse 17,14 millóns de euros ao Complexo Hospitalario de Ferrol para o remate das obras en curso da fase 1 do Plan director e para o proxecto e inicio das obras da Fase previa final, traballando, así, simultaneamente nas dúas fases e avanzando nunha obra complexa que se está a levar a cabo compatibilizándoa coa actividade asistencial do hospital.

Ademais, contémplase crédito para a humanización de espazos hospitalarios, para a que se reservan 470.000 euros aos que se suman 4,4 millóns de euros para a dotación de equipamento destinado a aquelas zonas do hospital nas que van rematando obras. Así mesmo, destaca o crédito consignado para a adquisición de 10 vehículos para diversos servizos desta área sanitaria 330.000 euros.

Entre obra e equipamento, o orzamento consignado para o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ascende a máis de 22,4 millóns de euros.

Con respecto aos investimentos en Atención primaria, destaca a dotación de crédito para a licitación do proxecto do novo centro de saúde no barrio de San Xoán, 600.000 euros. “Estamos a ultimar a tramitación administrativa para a sinatura do convenio a través do que dende o Concello de Ferrol poremos á disposición a parcela, para a construción desta infraestrutura sanitaria que dará servizo a máis de 10.200 veciños e veciñas dos barrios de San Xoán Bertón, Catabois e Santa Icía”, avanzou Rey Varela.

Ao igual que nas restantes áreas sanitarias de Galicia, o orzamento do 2027 prevé importes que se destinarán á área para continuar a dotación de equipamento para os centros de atención primaria e hospitalaria, así como para actuacións TIC, nas que se inclúe o mantemento de equipamento e programas existentes e o desenvolvemento de novas actuacións.

En canto á mellora da atención aos ferroláns, desde a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes contémplase 500.000 euros para as obras de eficiencia enerxética no Tribunal de Instancia de Ferrol e 1,3 millóns de euros para a asistencia xurídica gratuíta, ademais de 200.000 euros para a posta en marcha do rexistro único no edificio administrativo de Ferrol

MÁIS RECURSOS PARA A EDUCACIÓN E O CAMPUS INDUSTRIAL
O orzamento do 2027 continúa mellorando as infraestruturas educativas de Ferrol, cun investimento previsto de 3,15 millóns de euros para distintas actuacións. Entre elas destacan 600.000 euros destinados á construción dunha pista cuberta no IES Ricardo Carvalho Calero e 700.000 euros para unha nova pista cuberta no IES Concepción Arenal. Tamén consignaranse 701.000 euros en 2027 para a rehabilitación integral do CIFP Leixa, un proxecto cun investimento total de 1,85 millóns de euros. As actuacións complétanse con diferentes tipos de melloras no CIFP Ferrolterra, IES Catabois, CEIP Plurilingüe Juan de Lángara e no CEE Terra de Ferrol.

O compromiso coa formación e o coñecemento esténdese tamén ao ámbito universitario e á innovación industrial. O Consello da Xunta celebrado onte aprobou investir 13 millóns de euros na construción do novo Centro de Investigación e Innovación da Industria Intelixente (EI3) en Ferrol, cunha partida de 1,28 millóns de euros prevista para 2027.

Ademais, mantense a dotación de 6,64 millóns de euros para o período 2024-2028 destinada á acreditación de excelencia do Campus Industrial da Universidade da Coruña. A estas actuacións súmanse 726.700 euros para o centro mixto de investigación UDC-Navantia-Stgo Deseño e Multimedia, S.L., denominado O estaleiro do futuro, que conta cun investimento total de 1,6 millóns de euros.

“Estes investimentos reforzarán a modernización dos centros educativos, a excelencia universitaria e a investigación, consolidando Ferrol como un referente na formación especializada e na innovación vinculada ao seu tecido industrial”, subliñou Rey Varela.

Pola súa parte, a Consellería de Cultura colaborará coa musealización del Centro Cultural Torrente Ballester, xa en obras, cunha partida de 230.000 euros. “Ferrol contará no 2027 co seu primer museo como cidade, que albergará o rico e variado patrimonio artístico co que contamos e que queremos compartir cos ferroláns e os visitantes”, avanzou o rexedor.

Os orzamentos contemplan outras inversións na comarca como a mellora do sistema de abastecemento de Ares (765.228 euros); nova Edar de Cariño (3 millóns); rehabilitación integral do CPI Atios en Valdoviño (1.375.000 euros); posición da pasarela portuaria de Mugardos (363.000 euros) e a mellora e acondicionamento das naves das antigas conserveiras de Cariño cun investimento plurianual de 500.000 euros, entre outras.

“Ferrol e a comarca está moi presente no orzamento do 2027 da Xunta de Galicia”, afirmou José Manuel Rey Varela, “estas cifras son un compromiso real que nos permite ofrecer vivendas de promoción pública, novas instalacións deportivas, novos espazos para o ocio e disfrute grazas a Abrir Ferrol ao mar, as primeiras viviendas do rural conectadas ao saneamento e solo industrial para facer de Ferrol unha cidade con máis oportunidades, máis emprego e máis futuro, capaz de atraer investimentos, fixar poboación e mellorar a calidade de vida da súa veciñanza”.

Domínguez califica de “excelentes” os orzamentos da Xunta con Pontevedra

O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, debullou hoxe os Orzamentos que a Xunta de Galicia ten previsto investir no concello de Pontevedra no ano 2027. Acompañado pola secretaria xeral dos populares locales, Pepa Pardo, Domínguez celebrou que a administración galega destine á capital da provincia un investimento total de 406,35 millóns de euros, que supón un incremento do 16,49% con respecto aos orzamentos deste ano 2026.

Ademais, Domínguez destacou a seriedade e a correcta planificación da Xunta de Galicia que se demostra con “estes orzamentos, que se presentan en tempo e forma, cousa que botamos en falta nos últimos catro anos do Goberno de Pedro Sánchez”. O líder do PP de Pontevedra considera que “estes orzamentos son un exemplo de que a Xunta de Galicia está conectada á realidade da cidade de Pontevedra e que o presidente Rueda cumple con Pontevedra”.

Entre os máis de 400 millóns de euros que a Xunta de Galicia compromete para a cidade de Pontevedra, o presidente local do Partido Popular destaca os 1,2 millóns de euros que Portos de Galicia reserva na anualidade de 2027 para o inicio do proxecto de dragaxe do río Lérez en Pontevedra, dentro dun proxect “complexo que é unha aposta de Rueda coa súa cidade” e que ascende na súa totalidade a 12 millóns de euros.

Tamén destaca para Domínguez os 250.000 euros que a Xunta compromete para o futuro Centro de Alto Rendemento (CAR) de Galicia, ubicado en San Andrés de Xeve, e que conta cunha partida de 250.000 euros para a redacción do proxecto de interese estratéxico.

Seguindo en materia deportiva, as reformas e melloras do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, CGTD, contarán o vindeiro 2027 con preto dun millón de euros, que se suman aos preto de 383.000 euros comprometidos para axudas e patrocinios a clubs pontevedreses dentro dun total de investimento en deportes que reserva unha cifra próxima a 1,6 millóns de euros.

Por último, na consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cabe destacar que a Xustiza incrementa os seus recursos para 2027 na Cidade do Lérez e conta con 20,6 millóns de euros, deles preto de 4 millóns de euros están destinados á asistencia xurídica gratuíta.

En materia de Mobilidade, Pontevedra ten reservados máis de 333.000 euros directos para actuacións na estación de autobuses, mellora de paradas e accesibilidade na rede autonómica, mentres a política tarifaria dos plans de transporte increméntase un 103,1% con respecto a 2026, ata roldar o 1,1 millón de euros. O investimento da Dirección Xeral de Mobilidade na cidade aumenta un 9,8% respecto a 2026 e sitúase próximo aos 9,6 millóns de euros, mentres a política tarifaria dos plans de transporte increméntanse máis do dobre: +103,1% para roldar os 1,1 millóns de euros.

O servizo galego de apoio á mobilidade persoal, o transporte escolar e o servizo integrado de transporte medran en Pontevedra un 4,6% ata case os 3,8 millóns de euros, as bonificacións da tarxeta TMG Xente Nova para os mozos e mozas de Pontevedra medran un 3,75% e superan os 2,5 millóns de euros e as axudas para adquirir bicicletas con pedaleo asistido suben na cidade do Lérez pasan de 35.000 a 50.000 euros, un 42,9% máis. Pola súa banda, as actuacións en paradas e estacións de autobuses en Pontevedra aumentan un 59,1% ata os 262.000 euros e a mellora da accesibilidade en paradas un 45,1% para superar os 71.000 euros.

Por parte de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a actuación máis importante está prevista en Valdecorvos, e permitirá seguir avanzando nos traballos para facer fronte aos riscos de inundación derivados do cambio climático. O orzamento para 2027 é de 1 millón de euros, dentro dun custo total previsto de 4 millón de euros. A actuación de Valdecorvos é unha obra clave para a cidade de Pontevedra porque se trata da creación dunha área de inundación controlada para laminar o caudal do río en caso de choivas intensas e, ademais, será unha das primeiras intervencións deste tipo programadas que se executará en Galicia. A Xunta aposta por un tema moi importante para Pontevedra e, sobre todo, para os veciños, para que “por fin poidan ter esa ansiada tranquilidade que esperan”.

En materia de Política Social e Igualdade, a Xunta de Galicia destina máis de 7,3 millóns de euros ao Bono Coidado no Fogar na cidade de Pontevedra, para un total de aproximadamente 1.460 beneficiarios, mentres que investirá máis de 2,6 millóns de euros para a suba do prezo da hora do SAF a 17 euros na cidade de Pontevedra, para un total de, aproximadamente, 110 beneficiarios.

Por quinto ano consecutivo, a Xunta de Galicia mantén a gratuidade nas escolas infantís, beneficiándose un total de 32.000 nenos e nenas de toda Galicia, dos que aproximadamente 1.100 son da cidade de Pontevedra, o que supón un investimento de máis de 2,1millóns de euros na vila do Lérez. Por outra banda, a través do Bono Concilia, está previsto que se beneficien unhas 300 familias na cidade de Pontevedra. Tamén se incrementa nun 20% o investimento previsto en bonos de dependencia en Galicia, cun investimento de 9M€ na cidade de Pontevedra.

As obras de restauración da finca do Pazo de Lourizán teñen comprometidos 6 millóns de euros para o inicio dos traballos no 2027. Este orzamento da consellería de Economía e Industria pretende revitalizar un dos elementos máis importantes do patrimonio histórico de Galicia, mostra de que o Goberno Galego busca continuar impulsando e dando valor á investigación e á industria forestal galega. “Dende fai tempo considerabamos necesaria a súa restauración. É un proxectos que vai modificar sen dúbida a cidade de Pontevedra”, indica o líder do PP de Pontevedra.

“Se algo preocupa aos pontevedreses neste momento é a vivenda e Alfonso Rueda ten a capacidade de identificar o problema e de tratar de solucionalo”, apunta Domínguez. En materia de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Xunta de Galicia continúa a apostar pola vivenda pública na cidade de Pontevedra e a maior mostra é que se duplica o investimento para construción de vivenda pública na cidade, acadando os 29,1 millóns de euros comprometidos para 2027, cando neste 2026 a cifra era de 14,22 millóns de euros. Tamén se incrementa o investimento para desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida con 4,6 millóns de euros.

Nos orzamentos de 2027, a Xunta de Galicia duplica o investimento para solo residencial e construción de vivenda pública en toda a comunidade galega, pasando de 177,73 millóns de euros a máis de 360 millóns de euros. Pontevedra é concretamente un exemplo do firme compromiso da Xunta en materia de vivenda, con máis de 300 vivendas públicas protexidas e sendo a cidade na que recentemente se entregaron as chaves para unha promoción de 74 VPP.

A Xunta de Galicia tamén referenda a súa aposta pola conectividade en Pontevedra cunha partida de 1 millón de euros para a Variante de Alba (o cuádruple do 2026), que mellorará a conexión norte do concello de Pontevedra, unha cifra que permitirá avanzar coa tramitación do proxecto construtivo no ano 2027.

Con respecto ao Novo Hospital Montecelo, a Consellería de Sanidade compromete un importe 11 millóns de euros para a finalización dos remates da obra do novo hospital, así como para a licitación da cafetería e do aparcadoiro. Tamén están consignados preto de 38 millóns de euros para a fase final do equipamento do Novo Montecelo: adquisición de equipos correspondentes aos plans de necesidades dos novos servizos, equipos de laboratorios, salas de diagnóstico e mobiliario xeral de áreas administrativas ou de espera de pacientes.

Nos orzamentos de 2027 tamén se prevén 5,75 millóns de euros para equipamento TIC do Novo Montecelo, ademais do previsto para outras actuacións TIC na área sanitaria. Por outra banda tamén se contempla unha partida de 405.0000 euros para a dotación do hospital de día de adultos e infanto-xuvenil, no marco do recollido no Plan Estratéxico de Saúde Mental. En total, entre obra e equipamento, o orzamento consignado para o Hospital Público Montecelo ascende a 55,2 millóns de euros.

Este orzamento de 2027 prevé a finalización da primeira fase e posta en servizo completa do Novo Hospital Montecelo no vindeiro ano co impulso do aparcadoiro e a cafetería. Tamén contempla o reforzo dos recursos destinados á atención á saúde mental e, ao mesmo tempo, o orzamento previsto para a área garante o incremento retributivo para o persoal e mantén a dotación para a prestación farmacéutica así como a ortoprotésica para toda a poboación da área.

Pola súa banda, a consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fará tamén unha firme aposta por Pontevedra ao incluír 1,5 millóns de euros nos seus orzamentos de 2027 para actuar no convento de Santa Clara, “para que este proxecto avance co apoio e respaldo da Xunta de Galicia”. Un ano máis, a Consellería de Cultura volverá apoiar unha nova edición de Culturgal cunha achega de 90.000 euros.

En materia de Emprego, Comercio e Emigración, Pontevedra ten unha estimación de investimento dos Bonos comercio na cidade de 200.000 euros mentres que o impacto do apoio ao emprendemento na cidade de 170.000 euros. Por outra banda, hai unha estimación do impacto das axudas aos autónomos na cidade de 1,5 millóns de euros e a previsión do impacto das políticas formativas para o emprego na cidade de 13,9 millóns de euros. Por último, a estimación do impacto do apoio á economía social na cidade será de 1,31 millóns de euros.

Rueda chama aos populares pontevedreses a “meter unha marcha máis” na campaña do 29N para “cambiar o peor goberno da democracia”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo un chamamento a “meter unha marcha máis” na campaña das Eleccións Xerais do 29 de novembro, de tal xeito que “Galicia sexa o motor do cambio de España” e lograr o dobre obxectivo de “cambiar o peor goberno da democracia”, o de Pedro Sánchez, e que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo Presidente. Así o expuxo ante a Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra, onde dixo aos populares pontevedreses de que non poden “confiarse nin dar nada por gañado”. “Nas xerais votamos todos: non só votan en Madrid ou Cataluña. Votan nas aldeas, votan nas vilas, votan nas cidades. E ese voto hai que traballalo”, lembrou.

Así o destacou durante a reunión que se celebrou na cidade de Vigo, que encabezou xunto ao presidente do partido na provincia, Luis López, e na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez. Rueda apelou a “poñer en valor o modelo da estabilidade, do sentidiño, da política útil que representa Galicia e que representa o PP”, como “base” para obter “a máxima confianza dos galegos”. “Non caben medias tintas, hai que saír a mellorar resultados”, subliñou o presidente do PPdeG. Obter unha “confianza maioritaria” -sinalou- non só contribuirá ao “cambio en España”, senón que facilitará “seguir medrando nas municipais” de 2027 e afrontar “nas mellores condicións o último terzo da lexislatura”.

Rueda censurou que, tras “8 anos de despropósitos, un tras outro, que culminaron co desastre deses dous decretos trapalleiros de vivenda” que precipitaron a convocatoria electoral, “o balance do Goberno do Sánchez” resúmese en “promesas incumpridas, corrupción, improvisación” e “dano á reputación” de España. Un balance que “vitorean os socialistas galegos”, “sustentan os nacionalistas cos seus votos” e “do que son cómplices esa amalgama de partidos á esquerda do PSOE”.

Fronte ao modelo do “sanchismo”, contrapuxo “o de Galicia e o do PP”; o da “política real e útil” que permite “solucionar problemas” en lugar de “crealos”. O líder dos populares galegos puxo como exemplo a vivenda. “O Goberno central leva 8 anos mirando para o outro lado”, engadiu. Prometendo centos de miles de vivenda, das que non vimos nin unha”, criticou. Galicia, en cambio, púxose “mans a obra, literalmente”, comprometendo 4.000 vivendas públicas. “E xa superamos esa cifra, todas en marcha”, celebrou. Son case 1.000 en Vigo, máis de 300 na cidade de Pontevedra e 225 máis en toda a provincia -Lalín, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Baiona, Bueu, O Porriño e Mos-.

Ademais da vivenda, Rueda puxo o acento en que Galicia volverá a contar en 2027 con Orzamentos, os máis altos da historia este ano, e sen recorrer o endebedamento por cuarto ano consecutivo; no plan de reforma da atención primaria, “que ata os médicos aplaudiron”; e no “acordo histórico” que supuxo a aprobación da actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, do que só se desmarcou o BNG, “que pretende apoderarse dun patrimonio que é de todos”.

LUIS LÓPEZ: “TODOS OS QUE QUEREN CAMBIO TEÑEN QUE VOTAR PP”

Pola súa banda, Luis López comezou a súa intervención dando as grazas aos asistentes ao acto do sábado, onde máis de 1.500 persoas encheron o pavillón de Nantes para homenaxear aos exconcelleiros e exalcaldes da provincia. “Grazas polo apoio, grazas comprensión e grazas por estar sempre aí. O sábado demos un gran exemplo de unidade e motivación, que somos un partido activado e movilizado, e así este sábado demos comezo dun xeito inmellorable coa precampaña das xerais, que logo engancharemos coas municipais”, indicou.

“Non hai outra. Todos os que queren cambio, teñen que votar PP. E ter éxito é fundamental e ten que ser o noso maior obxectivo. Iso vai axudar moito a que en maio do ano que vén todo volvan ser boas novas. Conto con vós, xa sabedes, e vós tamén contades comigo para o que precisedes”, rematou o presidente provincial.

Alfonso Rueda reivindica que a “boa política” comeza “no local” e aplaude o legado dos exalcaldes e exconcelleiros do PPdeG

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe en Sanxenxo que a “boa política” comeza “no pequeno, polo local”, poñendo en valor os esforzos de exalcaldes e exconcelleiros populares históricos de Galicia, os que deixaron “un importante legado” para que o PPdeG sexa “o que é hoxe: unha gran familia”.

Así o manifestou durante o acto de homenaxe, que cualificou de “bonito, emocionante e moi xusto”, a antigos representantes populares da provincia de Pontevedra. Baixo o nome “Compromiso compartido”, é un recoñecemento público a quen gobernaron coas siglas do partido, liderando o desenvolvemento das infraestruturas, a economía e os servizos locais dos seus respectivos concellos; así como ao resto de representantes públicos que dedicaron anos de servizo na oposición ou en tarefas de goberno local. Neste sentido, os populares instaron a fixarse nestes representantes para “coller impulso e ánimo” para os próximos retos electorais, tanto para as Xerais do 29N como para as municipais de 2027.

O acto, con máis de 1.500 asistentes, serviu para poñer en valor a vocación de servizo público, proximidade e entrega absoluta de representantes do PPdeG nunha provincia que, historicamente, contribuíu aos grandes fitos electorais do partido. Na homenaxe interviñeron tamén o presidente honorífico do PPdeG e expresidente provincial, Mariano Rajoy, e o presidente do PP na provincia de Pontevedra, Luis López, facendo de anfitrión o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.

Durante o seu discurso, Rueda puxo en valor a importancia de recordar de “onde vimos”. “Estamos aquí porque moita xente nos trouxo aquí e este acto é de xustiza”. Todas as historias que viviron os presentes ao longo da súa vida política reflexan que “só hai unha historia, a desta gran familia, o gran equipo que formamos”. “Dicimos que somos o partido que máis se parece a Galicia”, e se por algo é “é porque Galicia son familias”.

“UN ESFORZO MÁIS, SEGUIR TRABALLANDO COMO FACEMOS”

O líder dos populares galegos tamén fixo referencia aos próximos comicios do 29N, insistindo en que Galicia ten que ser “o motor do cambio” para elevar a Alberto Núñez Feijóo á presidencia do Goberno de España. “Feijóo meréceo, porque foi presidente de Galicia durante moitos anos, porque nos coñece ben e porque está á fronte dun reto que merece todo o apoio do mundo”, sinalou Rueda. “Para iso pídovos un esforzo máis, seguir traballando como facemos: con verdade, sentidiño e xenerosidade”, engadiu, sen necesidade de “ter que falar doutros, como fan outros partidos políticos, que se dedican a criticar mentres nós nos dedicamos a traballar”.

Neste sentido, referiuse ao expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, quen tamén tivo que afrontar o reto que está a vivir agora Alberto Núñez Feijóo. “El sabe mellor que ninguén que hai que comezar dende abaixo”, dixo o número un do PPdeG. “Mariano Rajoy ve as cousas dende onde hai que velas, dende os concellos”, porque todo o que “aprendes nos municipios, se pode aplicar en moitos outros lugares”.

De feito, Mariano Rajoy afirmou que daquela época se levou “grandísimos aprendizaxes”. “Ao fin, só recordamos o que estamos vivindo hoxe neste acto: que todos fomos concelleiros ou alcaldes do Partido Popular e a moita honra, moi orgullosos”, pedindo tamén un esforzo para levar a Alberto Núñez Feijóo á presidencia do Goberno de España.

LUIS LÓPEZ: “O VOSO TRABALLO É A NOSA CARTA DE PRESENTACIÓN”

Pola súa banda, o presidente provincial de Pontevedra, Luis López, deu as grazas na súa intervención aos que “renunciastes ao voso tempo, á vosa tranquilidade, para loitar por un lugar mellor para a vosa xente; aos que vos arremangastes nos 80, nos 90, nos 2.000 e agora; aos que sempre estabades aí; aos que nos ensinastes o que é traballar polos demais, o que significa ser xente de palabra, o valor do sentidiño, ter principios, camiñar ao carón da xente e saber xestionar, douvos as grazas”.

O presidente provincial fixo mención especial “aos que nos cederon o testemuño, a eses mestres da política próxima e a eses concelleiros cuxa pegada vive nos seus concellos”. Con especial emoción, lembrou a aqueles que hoxe foron representados polas súas familias “porque xa non están con nós, pero sempre estarán no recordo”. “Grazas de todo corazón en nome do millón de persoas que viven aquí”, engadiu.

“Dende o ano 1979, houbo 7.960 persoas que foron nas listas do PP, tivemos 2.600 concelleiros e un total de 152 alcaldes e alcaldesas, unhas cifras extraordinarias e que se traducen no que somos: unha gran familia que arrima sempre o ombro e fai piña, como é agora neste acto”, indicou Luís López. Ese orgullo pola andaina compartida é o “motivo principal polo que nace este acto, subliñando que congregar a máis dun milleiro de ex-concelleiros é un fito que “só está ao alcance do PP”, dixo.

Neste sentido, Luis López contrapuxo a solidez do PP coa situación doutras formacións: “Hai partidos que non son quen de reunir nin á xente que teñen agora porque se levan mal entre eles, moito menos aos que militaron no pasado, e hai partidos que naceron onte e non teñen nin historia que recordar, nin persoas que reunir”. Pola contra, sinalou que os motivos dos populares están “na porta da casa”, xa que non hai camiño, praza, pavillón ou centro cultural na provincia que non leve a impronta dos homenaxeados.

“UNHA HISTORIA COMPARTIDA”

O acto, que contou coa entrega de agasallos a exalcaldes e exalcaldesas, converteuse nunha demostración de forza e unidade orgánica e na reafirmación da cohesión do partido en Galicia e, concretamente, en Pontevedra, provincia na que o PPdeG goberna en 28 concellos.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, moderou o coloquio central do acto, titulado “Unha historia compartida”, no que compartiron as súas experiencias vitais e profesionais Purificación Álvarez, mestra e alcaldesa da Guarda entre 1989 e 1999; Juan José González, concelleiro da Illa de Arousa entre 1997 e 2019, que logrou manter a súa acta de forma ininterrompida durante máis de dúas décadas, e Manuel Gómez, concelleiro de Lalín durante máis de 30 anos.

Paula Prado destaca no Congreso Provincial de NNXX de Ourense a “forza” da mocidade galega que contribuirá ao “gran cambio” no Goberno de España

O IX Congreso Provincial de Novas Xeracións de Ourense, celebrado hoxe baixo o lema “Somos quen cambia as cousas”, elixiu ao ourensán Martín Gil como novo presidente das NNXX da provincia, cun 98,5% dos votos nun acto que congregou a máis de 200 mozos. “Mozos así representan á xuventude galega, comprometida e rigorosa, que vai contribuír ao gran cambio necesario neste país”, sinalou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, na clausura do Congreso. No acto tamén participaron o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e a presidenta de NNXX de Galicia, Nicole Grueira. Prado e Menor instaron á mocidade popular a mobilizarse nas Eleccións Xerais do 29 de novembro, para demostrar “a forza de Galicia” fundamental para poñer fin ao sanchismo e conseguir que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España.

A número dous dos populares galegos felicitou a Martín Gil polo reto político que asume e tamén agradeceu o traballo do presidente saínte, Nacho Campo. “Os mozos son fundamentais para que este 29N elixamos o Goberno que queremos, para decidir entre a delincuencia ou a decencia”, destacou.

Lembrou que o PPdeG é o partido máis votado polos mozos e mozas de Galicia, sendo a primeira opción do electorado menor de 30 anos, un éxito que agarda que se repita. “Non demos nada por gañado nin nada por perdido. O que pase este 29N será fundamental para os seguintes retos electorais”, subliñou.

Paula Prado enxalzou ás Novas Xeracións como a organización xuvenil máis importante e comprometida de Galicia, “sen pancartas, sen ruído e sen radicalismos”, fronte a unha esquerda “cada vez máis desnortada” e un independentismo galego “que caerá co sanchismo que apoian en Madrid a cambio de nada para Galicia”.

En contraste, puxo en valor o Goberno galego de Alfonso Rueda como exemplo das políticas que se preocupan polo que lle importa aos galegos e galegas, especialmente en temas esenciais como a vivenda. “É o gran problema da cidadanía, unha dificultade que afecta, sobre todo, aos mozos que non poden independizarse”, destacou Prado, que criticou os oito anos de política sanchista “antivivenda” fronte aos esforzos do Executivo autonómico por construír vivenda e redobrar esforzos para facilitar o acceso a un fogar para os menores de 36 anos, entre outras medidas pioneiras.

LUIS MENOR: “O PP É O ESPAZO IDÓNEO PARA QUE MOCIDADE CONTRIBÚA ÁS DECISIÓNS QUE AFECTAN Á SÚA TERRA”

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense destacou que este Congreso culmina a campaña que permitiu percorrer as nove comarcas ourensás para dar voz á mocidade, congregando a preto de 500 participantes e demostrando que a organización xuvenil “ten ganas de traballar” polo futuro da provincia.

Neste contexto celebrou dous fitos clave: a creación da agrupación de NNXX de Verín e a constitución do primeiro equipo comarcal na Limia. Un intenso esforzo territorial que o presidente provincial pediu manter a Martín Gil, para seguir medrando por toda a provincia, “e demostrar o voso profundo compromiso co partido e coa sociedade ourensá”.

Agradecido ao novo presidente da organización xuvenil e ao seu equipo polo paso dado, o líder provincial reivindicou ao PP como o espazo idóneo para que a mocidade poida formarse e “contribuír ás decisións” que afectan á súa terra. Así, puxo en valor a política municipal como “o primeiro chanzo e a canteira” do partido, instando á nova dirección de NNXX en Ourense a fomentar a implicación política xuvenil nos concellos.

O presidente provincial remarcou que este conclave chega nun momento histórico ante o “inminente e transcendental” reto das eleccións xerais do próximo 29 de novembro. Menor encomendou á nova directiva o “encargo maiúsculo” de traballar ao máximo para facer presidente a Alberto Núñez Feijóo, reconstruír España e atender as necesidades máis destacadas da mocidade. Unha “proba de lume” electoral, na que mostrou a súa absoluta confianza pola preparación e enerxía da organización.

MARTÍN GIL: “QUERO LOGRAR QUE NINGÚN MOZO DE OURENSE SINTA QUE A POLÍTICA NON VAI CON EL”

Para Martín Gil, asumir a presidencia de NNXX de Ourense representa un firme compromiso cos mozos da provincia. O dirixente mostrou o seu profundo agradecemento ao presidente provincial e ao conxunto do PPdeG por brindarlles apoio, “dándonos espazo, escoitándonos e confiando en nós”. A cambio, ofreceu a “lealdade, traballo e ilusión que nos caracteriza” para afrontar esta nova etapa.

Na súa faceta como profesor, confesou que constata diariamente como os mozos senten que a política actual non fala deles. Por iso, asumiu o reto de lograr “que ningún mozo de Ourense sinta que a política non vai con el”. O novo presidente definiu á organización non só como unha escola na que “aprendemos a escoitar, a organizar, a debater e a servir”. Novas Xeracións, afirmou, é tamén “a voz dunha xeración con problemas moi concretos”, destacando o reto da vivenda e o desexo de non ter que elixir entre a súa terra e o seu proxecto de vida.

Asegurou que a súa principal tarefa será trasladar todas estas inquietudes directamente ao partido para “transformalas en propostas políticas reais”. Para lograr este fin, anunciou a súa intención de ampliar a base social da formación e saír a buscar aos mozos “alí onde están”. Gil subliñou que asume esta responsabilidade nun momento moi delicado para España, pero que á vez representa unha gran oportunidade política, pois o país merece un Goberno que “pense nas próximas xeracións” para garantir un futuro de certeza.

Neste sentido, apelou ao traballo intenso para as próximas eleccións porque “as novas xeracións queremos ser decisivas”. Concluíu lembrando que Ourense sempre foi unha provincia fiel ao proxecto do PP “e ten que volver demostralo nas urnas”.

NICOLE GRUEIRA: “TRABALLEMOS POLO FUTURO QUE QUEREMOS”

Por outra banda, a presidenta de NNXX de Galicia, Nicole Grueira, agradeceu o traballo da mocidade ourensá e animou aos seus compañeiros a seguir traballando “polo futuro que queremos para Galicia”. Neste sentido, apelou ao modelo do PPdeG de liderar equipos con “humildade e liberdade”. Para Grueira, o PPdeG é o partido que “cre na xuventude e na gran forza de equipos como o que hoxe lidera Martín Gil nas xuventudes ourensáns”.

Rueda insta aos populares de Lugo a ser “motor do cambio” en España: “As Xerais gáñanse tamén en cada aldea, en cada vila e en cada cidade galega”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, insiste en “aspirar a todo” como “única receita” do éxito para os próximos retos electorais e augura que Galicia será “o motor do cambio en España”, contribuíndo de maneira destacada á vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas Eleccións Xerais do 29 de novembro. Así o manifestou na Xunta Directiva Provincial do PP de Lugo, onde lles pediu aos populares lucenses implicación, rapidez e traballo para demostrar como se fan as cousas no PP. “As xerais gáñanse tamén en cada aldea, en cada vila e en cada cidade galega”, dixo.

Así o sinalou durante a reunión, que encabezou xunto á presidenta do partido na provincia, Elena Candia. Tamén participaron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente do PP local, Ramón Carballo. Rueda puxo en valor os éxitos electorais de Lugo, a provincia co mellor resultado de toda España en 2023, un logro que anima a “superar” baixo o modelo de “estabilidade e moderación” do PPdeG, en contraste co modelo do sanchismo de oito anos de “caos e desvergoña”.

Ademais, afea aos socialistas galegos e ao BNG que “sustenten” este modelo sanchista, así como outras opcións como Frente Amplio que, para o presidente do PPdeG, “son caras da mesma moeda”.

Para Rueda, as razóns de que Pedro Sánchez convocase agora eleccións fundaméntanse en que “non lle saíu a xogada de tapar con dous decretos trapalleiros oito anos de inacción en vivenda”. Neste punto, lembrou que o presidente do Executivo central volveu incumprir un ano máis o seu propio anuncio de presentar os Orzamentos Xerais do Estado -segue cos de 2023, fronte ao modelo galego de orzamentos en tempo e forma anualmente- e que cada día se coñecen máis detalles das diferentes tramas corruptas do Goberno.

Para o presidente do PPdeG, Galicia fai o que debería ser normal pero que, por desgraza é cada vez máis excepcional: solucionar os problemas dos galegos e galegas. Así, subliñou medidas do Goberno galego do PP como o plan de vivenda, xa que se están construíndo máis de 4.000 vivendas en toda a comunidade autónoma. Delas, 615 proxéctanse na cidade de Lugo.

Tamén se referiu á Atención Primaria, cun plan de choque fomentado dende o Goberno galego para mellorala, así como a reforma e a construción de novos centros de saúde, como o do Sagrado Corazón ou a Milagrosa. No apartado da lingua, lembrou o acordo histórico polo galego “para que ninguén se apropie dunha riqueza que é de todos”.

ELENA CANDIA: “LUGO XÓGASE MOITO NESTAS ELECCIÓNS”

Pola súa banda, Elena Candia asegurou que “Lugo se xoga moito nestas eleccións” á vista dos “incumprimentos e débedas de Sánchez” coa cidade e coa provincia, especialmente, en materia de infraestruturas. “Merecemos un Goberno empático co noso territorio e que dea resposta ás necesidades importantes de Lugo e a provincia”, engadiu.

A dirixente popular citou o incumprimento dos prazos anunciados polo propio Goberno para a finalización da A-54: “Xa perdemos a conta das veces que anunciaron o seu remate, pero a realidade é que continuamos sen conexión completa por autovía entre Lugo e Santiago”. Tampouco avanzou na autovía entre Lugo e Ourense ou na da Mariña, a pesar de ser prometida polos representantes socialistas na campaña das anteriores eleccións xerais, e moitas estradas nacionais continúan en mal estado.

En clave municipal, lembrou “a falta de avances en relación ao compromiso para o mantemento da ponte branca ou sobre o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a mellora da rúa Fermín Rivera”. Candia incidiu tamén no incumprimento do anuncio do propio Ministro Puente para a posta en marcha da nova estación de tren en Lugo. “É unha mostra máis da falta de compromiso con Lugo como evidencian a perda de frecuencias ferroviarias e de conexións con Barcelona ou o norte peninsular”.
A presidenta provincial defendeu o modelo do Partido Popular como “proxecto político unido, forte, serio e avalado pola xestión” ante “o esperpento que temos en fronte”. Por iso cre que “estas eleccións deberan ser motivacionais”.

Candia lembrou a forte implantación do Partido Popular nestes momentos no territorio da provincia de Lugo onde goberna para o 65% da poboación. Así, amosouse convencida de lograr, co apoio de todos e a implicación da militancia, o ilusionante reto de alcanzar os resultados das anteriores xerais do 2023 nas que o a provincia de Lugo rexistrou o maior apoio porcentual (50,35%) ao Partido Popular.

Paula Prado defende o PPdeG como “motor do cambio”, da man de Alberto Núñez Feijóo, para poñer fin aos recortes do sanchismo en Galicia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o traballo do partido en Galicia como “motor do cambio” para contribuír á vitoria de Alberto Núñez Feijóo como próximo presidente do Goberno de España, co obxectivo de poñer fin aos “recortes do sanchismo” e aos “castigos e agravios infinitos” deste Goberno central con Galicia, á que trata como “unha comunidade autónoma de segunda”. Pola contra, Prado subliña que os galegos e galegas están “ben defendidos” no Congreso e no Senado grazas ao traballo dos deputados nacionais e senadores populares e as reivindicacións do conxunto de todo o PPdeG.

Así o manifestou hoxe a número dous dos populares galegos nunha rolda de prensa na sede autonómica do PPdeG, onde lembrou que quedan 45 días para “o gran cambio”, coas Eleccións Xerais do 29N, nas que augura que o Partido Popular, con Feijóo á fronte, “traballará para levantar o que fundiron outros e construír un futuro mellor, unha reconstrución nacional”.

Para a secretaria xeral do PPdeG, o único bo que fixo Pedro Sánchez durante a súa lexislatura foi convocar eleccións. Así, criticou as súas políticas de “recortes” con Galicia e citou temas como a vivenda, o caos ferroviario, o Real Decreto que modifica o Regulamento Xeral de Costas, a falta de fondos para renovación de centros educativos, agravios no financiamento autonómico, déficit de profesionais sanitarios ou a lei de dependencia, entre moitos outros.

Ademais, lembrou que esta política de recortes do PSOE ten como “cómplice” ao BNG. Para a secretaria xeral do PPdeG, o independentismo galego, socio de Goberno en Madrid, “defende o modelo de Sánchez e véndese a cambio de nada para Galicia, por moito que intenten terxiversar a historia”. Neste sentido, subliña que son “os do non a Galicia e aos galegos e galegas”.

As consecuencias do Goberno de Sánchez e os seus socios do BNG, sinalou Prado, obrigaron ao Goberno galego de Alfonso Rueda a redobrar esforzos en numerosos eidos, sendo en moitas ocasións insuficientes por culpa dos agravios que ten o Executivo central coa nosa comunidade.

INVASIÓN, CORRUPCIÓN E SINFÍN DE ESCÁNDALOS

“Nesta lexislatura vivimos unha invasión sen precedentes a Ceuta, perdemos a conta das persoas investigadas do círculo de Sánchez, sufrimos situacións moi dolorosas como a Dana ou o accidente de Adamuz, vemos como Puigdemont volverá a España sen represalias, un apagón do que non hai responsables, o incremento dos custes e o nivel de vida e un sinfín de escándalos dos que xa non podemos mirar cara outro lado”, explicou.

Neste punto, Prado insistiu en que é momento de “decidir entre delincuencia ou decencia, entre mafia ou democracia, entre o sanchismo ou a seriedade do Partido Popular”.

Paula Prado pon en valor o Domingo das Mozas de Lugo como símbolo do “rico patrimonio cultural” de todos os galegos e galegas

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pon en valor o traxe tradicional galego e a lingua como “símbolos do noso rico patrimonio cultural” de todos os galegos e galegas, a través de actos como o Domingo das Mozas, celebrado hoxe en Lugo no marco das festas patronais de San Froilán.

A número dous dos populares participou hoxe no desfile do traxe tradicional, unha das xornadas máis relevantes das festas patronais lucenses, nas que a alcaldesa, Elena Candia, fixo de anfitrioa.

Prado tamén participou na ofrenda posterior a Rosalía de Castro, onde reivindicou as “raíces” e a lingua como “patrimonio de todos os galegos”, lembrando o gran pacto social acadado para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que se aprobou esta mesma semana no Parlamento de Galicia.

Alfonso Rueda arroupa a Alberto Núñez Feijóo en Madrid no multitudinario acto político “Por fin”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, arroupou ao presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun acto multitudinario celebrado hoxe en Madrid baixo o lema “Por fin”, no marco das Eleccións Xerais do 29 de novembro.

Dende o PPdeG, que tivo unha nutrida representación neste primeiro gran acto do Partido Popular, xa se está traballando de cheo para formar parte do cambio que precisa este país e converter ao líder popular nacional no próximo presidente de España.