Skip to content

Paula Prado e Luis López instan en Poio a “non dividir o voto” e apostar pola candidatura do PP en Pontevedra ao Congreso e ao Senado

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo como exemplo os “gobernos de estabilidade” do PP, como en Poio, con Ángel Moldes á fronte, mestres o Executivo de Sánchez e os seus socios “dividen, polarizan e promoven a política do medo”. Neste sentido, animou á veciñanza de Poio a demostrar o seu apoio a Alberto Núñez Feijóo nas urnas o próximo 29 de novembro, como único “garante” para desaloxar ao PSOE e aos seus cómplices de Goberno, como o BNG.

“Galicia non son os violentos aupados pola esquerda.Galicia é tranquilidade, boa política, saber xestionar. O mesmo que queremos para o resto de españois”, defendeu Prado, instando a votar por Feijóo para o “cambio necesario” en España.

Para a número dous dos populares galegos, o sanchismo apura os seus últimos días de campaña electoral coa arma “máis antidemocrática”: a violencia e os insultos. Así, condenou todo tipo de agresións, veñan de quen veñan, “algo que outros partidos non son capaces de facer” como se viu nestas semanas.

Para o cambio necesario, Prado insistiu no “voto útil ao PP” en provincias como Pontevedra, como única garantía para desaloxar a Sánchez da Moncloa. Así, instou aos pontevedreses e pontevedresas a apoiar o proxecto do PP nas urnas, votando no Congreso a candidatura encabezada por Julio García Comesaña, e no Senado marcando aos tres candidatos populares: Nidia Arévalo, José Crespo e Mónica Domínguez.

“Non dividamos o voto. No PP somos a única forza capaz de lograr o cambio no Goberno, necesario despois de oito anos de corrupción e indecencia”, sinalou, apelando á “forza” do PP para acadar o cuarto escano en Pontevedra e axudar a Feijóo, sendo “motor de cambio” dende Galicia.

LUIS LÓPEZ APELA AO VOTO ÚTIL CONTRA AS TRAIZÓNS DE SÁNCHEZ
Pola súa banda, Luis López criticou que o presidente do Goberno “traizoara” todas as súas promesas e aos cidadáns incurrindo o seu executivo en numerosos casos de corrupción, machismo, chapuzas, chulería institucional e mentiras e lamentando que nin aprobara os orzamentos, nin protexera ás mulleres, nin construira vivendas, “nin traspasara a AP-9, imprescindible para Poio, nas condicións aprobadas polo Parlamento de Galicia”.

O presidente provincial do PP asegurou que entre Feijóo e Sánchez “non hai debate” e contrapuxo o aturdimento do socialista co plan que ten o líder do PP “para facer que España funcione de novo” e a súa “demostrada capacidade de xestión que coñecemos en Galicia”.

Finalmente, López chamou a todos os veciños de Poio a “non confiarse” e traballar para encher as urnas de votos a prol do cambio necesario que só representa o PP. “Hai que votar con intelixencia para rematar con este ciclo negro e para abrir un tempo de esperanza con Feijóo e iso pasa exclusivamente pola papeleta do PP. As demais non serven. Todos os votos da nosa provincia que non sexa para o Partido Popular permitirán a continuidade de Pedro Sánchez no Goberno e para que siga a política de corrupción e bailes”, aseverou, antes de desexar “un Nadal á galega, con sentidiño, xuntos en familia e cun galego na Moncloa”.

Noticias recomendadas

Rueda chama a demostrar nas urnas que “en Galicia non queremos máis sanchismo”, volvendo ser líderes no apoio a Feijóo en Lugo
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo un chamamento a enviar unha mensaxe clara nas urnas o próximo 29 de novembro, de tal forma que as galegas e os galegos
Mariano Rajoy e Paula Prado piden o voto en Melide para Alberto Núñez Feijóo como “garantía” do “cambio necesario” en España
O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, xunto á secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, visitaron hoxe Melide, onde apelaron ao “voto útil” para Alberto Núñez Feijóo como “garantía”
O PPdeG denuncia que a reforma do Goberno de Sánchez para as escolas infantís pon en risco o modelo galego de gratuidade e podería provocar a perda de 4.200 prazas
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, denuncia que a reforma que pretende aprobar mañá o Goberno de Sánchez para as escolas infantís pon en risco o modelo de gratuidade
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies