O PPdeG cualifica de “ambicioso” o Plan de Saúde Mental de Galicia, cun investimento de 83 millóns de euros

Santiago, 9 de marzo de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, cualificou hoxe no Pleno do Parlamento de “ambicioso” o Plan de Saúde Mental de Galicia, que suporá un investimento de 83 millóns de euros co obxectivo de mellorar o número de profesionais e de dispositivos asistenciais, así como o desenvolvemento de programas para a recuperación das persoas con trastorno mental severo e fomentar a investigación sobre estas patoloxías. En concreto, este plan prevé a creación de cinco novas unidades de saúde (dúas en Vigo, dúas en A Coruña e unha en Santiago) e a incorporación de 23 novos profesionais, entre psicólogos, psiquiatras, traballadores sociais e enfermeiros.

Continue reading

O Grupo Popular apoia no Pleno que a perspectiva de xénero estea presente nos proxectos Next Generation

Santiago, 9 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Pleno do Parlamento galego dunha moción a través da que se solicita que a perspectiva de xénero estea presente nos proxectos presentados pola Xunta aos Fondos Next Generation; que se revise o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2020 para incorporar posibles novas accións que dean resposta á nova realidade da pandemia; e establecer medios para combater a fenda dixital de xénero.

Continue reading

O Grupo Popular critica que BNG e PSdeG pretendan agora cambiar o Plan de Vivenda 2021-2025, aprobado co consenso de todo o sector

Santiago, 3 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marisol Díaz criticou hoxe a BNG e PSdeG por “propoñer agora cambiar as liñas estratéxicas do Plan de Vivenda de Galicia 2021-2025 cando é un documento que naceu co consenso de todos os axentes implicados neste sector, con medidas que xa probaron a súa eficacia e outras que darán resposta ás novas necesidades, ademais de estar dotado convenientemente de orzamento”.

Continue reading