Santiago, 16 de setembro de 2020.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, cualificou hoxe de “insuficiente” os fondos atribuídos polo Goberno central a Galicia para afrontar a situación derivada da Covid-19 no ensino galego e demandou “novas achegas para poder facer fronte ás medidas de reforzo de limpeza nos centros de ensino”.
Pregunta sobre o prazos de pagamento a provedores e a débeda comercial da Comunidade Autónoma de Galicia
O Grupo Popular pregunta sobre a valoración que fai o Goberno dos datos sobre os prazos de pagamento a provedores e a débeda comercial da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente nun momento de caída abrupta dos ingresos das familias e empresas galegas.
Iniciativa sobre demanda de carga de traballo para Navantia e investimentos para dispor dun Estaleiro 4.0
Demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno central en relación coa carga de traballo para navantia, así como sobre o desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadndo novos contratos para o naval galego.
Pregunta sobre medidas da Xunta de apoio ao sector do comercio e autónomos para axudar a superar a crise da pandemia
Pregunta sobre as medidas concretas que adoptou a Xunta de Galicia para axudar ao sector do comercio e aos autónomos a superar a crise derivada da penademia da covid-19
A Xunta de Portavoces acorda por consenso a creación dunha Comisión de Estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia
Santiago, 15 de setembro de 2020.- A Xunta de Portavoces acordou hoxe, por consenso dos tres grupos parlamentarios, a constitución dunha Comisión non permanente de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19. O portavoz popular, Pedro Puy, cualificou de “boa nova” a creación desta nova comisión no Parlamento galego e manifestou que “agora toca traballar e enchela de contido para buscar saídas a esta crise a medio e longo prazo”.
Mellorar as conexións ferroviarias, o pulo ao Xacobeo e favorecer a mobilidade laboral, centro dos acordos entre as Cámaras de España e Portugal
Os deputados galegos logran incluír nas conclusións do VIII Foro Parlamentario Hispano-Portugués temas de especial interese para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O PPdeG demandará ao Goberno unha solución ao bloqueo á comercialización do marraxo dientuso e a articulación de medidas que poñan remedio á crise da frota palangreira galega
Os populares galegos, dende o Parlamento e dende o Congreso, traballan para que se resolva este novo problema xerado polo Executivo central
Pedro Puy avoga por “aplicar todos os medios para que os incendiarios paguen as consecuencias das súas accións irresponsables”
Santiago, 14 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “estamos dispostos a aplicar todos os medios para que os incendiarios paguen as consecuencias das súas accións irresponsables”, ao tempo que avogou por continuar mellorando o sistema de prevención e loita contra os incendios.
El PP exige medidas para el fomento, apoyo e impulso al empleo y emprendimiento de nuestros jóvenes
O PPdeG ve ao Goberno galego preparado e adaptado para asumir os retos derivados da pandemia sanitaria e económica
Tellado insta a nacionalistas e socialistas a que antepoñan os intereses xerais de Galicia aos do seu propio partido.