O PPdeG asegura que a nova Lei de Museos regula este sector “mirando ao futuro e potenciando a súa actividade nunha sociedade moderna”

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O portavoz de Patrimonio Cultural do Grupo Popular, José Luís Ferro, asegurou hoxe no Pleno, no debate de totalidade do proxecto de Lei de museos, que “Galicia precisaba dunha norma que regulase este sector con flexibilidade e mirando ao futuro, que dotase de seguridade xurídica e potenciase a actividade desenvolvida no eido dos museos e que tivese en conta a dimensión plural da súa función dentro dunha sociedade moderna e democrática”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que a nova lei de reactivación económica achega confianza aos investidores para impulsar proxectos empresariais

Santiago, 7 de decembro de 2020.- O portavoz e viceportavoz do Grupo Popular, Pedro Puy e Miguel Tellado, respectivamente, xunto co conselleiro de Facenda e deputado popular, Valeriano Martínez, presentaron esta mañá a proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, unha nova norma dirixida a simplificar procedementos administrativos e achegar confianza nun momento de grandes incertezas para os investidores coa finalidade de que impulsar proxectos empresariais que xeren riqueza e emprego.

Continue reading

O Grupo Popular solicita que Francisco Conde compareza na Comisión de Reactivación para informar dos proxectos nos que traballa a Xunta

Santiago, 5 de decembro de 2020.- O Grupo Popular vén de solicitar a comparecencia do Vicepresidente 2º e conselleiro de Economía Empresa e Innovación, Francisco Conde, na Comisión especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, a fin de que informe sobre as iniciativas e os proxectos que está a desenvolver o Goberno galego para a transformación económica e social de Galicia.

Continue reading

O Grupo Popular propón aos maxistrados Costa Pillado e Aranguren Pérez como membros do Consello Consultivo de Galicia

Santiago, 4 de decembro de 2020.- Unha vez expirado o mandato tanto do Presidente como dos conselleiros electivos do Consello de Contas de Galicia e aberto o prazo para a presentación de candidatos a membros electos deste organismo por parte do Parlamento de Galicia, o Grupo Popular vén de propor aos maxistrados José Luís Costa Pillado e Ignacio Aranguren Pérez.

Continue reading

O Parlamento galego demanda o traspaso dos centros do Instituto Español de Oceanografía á Xunta

Santiago, 4 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, transacionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a emprender de xeito inmediato a comunicación e as xestións precisas co Goberno de España para o traspaso de competencias da xestión económica-administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO), previo saneamento e reartellamento da entidade, para que pasen a formar parte da estrutura da Administración galega.

Continue reading