O PPdeG demandará no Pleno que o Goberno central rebaixe o IVE das máscaras e hidroxeles hixienizantes

Santiago, 5 de outubro de 2020.- O Grupo Popular demandará no Pleno do Parlamento desta semana que o Goberno central reduza o IVE que se aplica ás máscaras ou hidroxeles hixienizantes, ben ao tipo reducido do 10 por cento ou superreducido do 4 por cento. Así mesmo, solicitará ao Goberno central e á Comisión Europea a análise de medidas de protección do marraxo que non leven ao quebranto económico da frota e que teña en conta todas as medidas de xestión sostible que se teñen adoptado a favor desta especie.

Continue reading

O Grupo Popular lembra a obriga do uso da máscara no marisqueo a pe

Santiago, 2 de outubro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento lembrou hoxe no Parlamento galego que, tal e como se recolle expresamente na normativa laboral de seguridade para o marisqueo a pe fronte á Covid-19, “o uso de máscara é obrigatorio, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Pesca estudos exhaustivos sobre a adopción de medidas de protección de cetáceos

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que se fagan estudos máis exhaustivos sobre a necesidade de adopción de medidas de protección dos cetáceos, así como a adopción de medidas desde un punto de vista de proporcionalidade para os posibles danos que cada arte de pesca pode orixinar na interactuación con estas especies.

Continue reading