Paula Prado critica que o Goberno central “aproveite os cartos dos galegos para maquillar o seu déficit e atender os seus gastos extraordinarios”

Santiago, 22 de xaneiro de 2020.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe que a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a pagar a débeda de 370 millóns de euros que ten con Galicia responde a que “aproveita os cartos de todos os galegos para maquillar o seu déficit, pagar favores a outras comunidades afíns que lle renden pleitesía ou para atender os seus gastos extraordinarios”. “Gustaríanos saber que pensan os socialistas galegos deste roubo, porque sería unha traizón a Galicia que apoiaran esta decisión que pon os intereses do PSOE por enriba dos intereses e necesidades dos galegos”, apuntou.

Continue reading

O Grupo Popular pedirá no Pleno ao Goberno central que convoque a Mesa das Pontes e que facilite o retorno de españois

Santiago, 21 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través da que se demanda con urxencia ao novo Goberno central que convoque a Mesa das Pontes, para establecer a folla de ruta que garanta un futuro para as 750 familias que dependen da actividade da central térmica; e que flexibilice e simplifique a obtención de permisos de residencia e traballo para as parellas mixtas ou con fillos retornadas a Galicia e sen nacionalidade, así como a homologación dos seus títulos universitarios, o troco do carné de conducir ou suprima taxas de expedición do pasaporte ou doutra documentación requirida para o seu retorno.

Continue reading

Pedro Puy prevé o debate de totalidade do proxecto de Lei de ordenación do territorio no Pleno da vindeira semana

Santiago, 20 de xaneiro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe a previsión de que no vindeiro Pleno se proceda ao debate de totalidade do proxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, “unha normativa máis simple, útil, eficiente e práctica, que aposta por unha simplificación administrativa, tanto do número de figuras coma no procedemento da súa tramitación”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda que o Goberno central modifique a normativa para poder incrementar a potencia dos buques que se utilizan para marisqueo

Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que modifique o Real Decreto de Ordenación Pesqueira de xeito que se considere a posibilidade de poder rexistrar e empregar como auxiliares de 4ª lista os buques que se utilizan para o marisqueo ou a extracción de recursos específicos coma o percebe, algas, ourizos, a similitude dos buques auxiliares de coral, empregados de facto para achegar aos pescadores alí onde se encontra o recurso.

Continue reading

O Parlamento galego pide ao Goberno central que habilite nos portos de Celeiro, Burela e Ribeira inspeccións de produtos de orixe animal

Santiago, 17 de xaneiro de 2020.– O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que solicita ao Goberno central, ante a próxima saída do Reino Unido da Unión Europea, que habilite e autorice aos portos de Celeiro, Burela e Ribeira para levar a cabo inspeccións en fronteira de produtos de orixe animal, ben sexa habilitando un PIF específico ou como centro asociado ao da Coruña.

Continue reading

O Parlamento demanda que Xunta e Concello colaboren para a cesión do uso da loxa vella de Camariñas, unha vez sexa solicitado pola entidade local

Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella, unha vez que a entidade local faga a solicitude preceptiva.

Continue reading

Tellado cre que a UE acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE á Comunidade

17, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cre que a Unión Europea acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE a Galicia, xa que grazas a UE coñeceuse que hai tramos que non van estar operativos ata 2022 e “con sorte”. “Nin Pedro Sánchez, nin o ministro de Fomento, nin a presidenta de ADIF, nin o delegado do Goberno en Galicia  foron quen de ter a valentía de dicirlle á cara aos galegos a verdade”, incidiu.

Continue reading

O PPdeG asegura que o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense será público e as súas prazas totalmente públicas

Santiago, 16 de xaneiro de 2020.– A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que “o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense, cuxo inicio de construción está previsto no primeiro cuadrimestre deste ano, será público e coa totalidade das súas prazas públicas”.

Continue reading