Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Grupo Popular apoiou a aprobación esta tarde no Pleno do Parlamento dunha moción a través da que se solicita á Xunta que presente un informe detallado do accidente do buque Blue Star, ao tempo que se esixe a garantía de dotación de medios, sistemas e protocolos de control para enfrontar calquera incidente ou accidente marítimo que se poida producir no futuro na ría de Ares, na súa condición de zona de servizo ou fondeadoiro dos portos de A Coruña e Ferrol.
O Parlamento aproba a Lei de aproveitamento lúdico das augas termais para impulsar o crecemento do sector dun xeito ordenado
Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, que “nace para cubrir un baleiro legal existente na actualidade e permitirá impulsar o crecemento deste sector dun xeito ordenado, á vez que outorgará confianza e seguridade tanto ás instalacións como aos usuarios”, manifestou a portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero.
O Parlamento galego aproba a Lei de acompañamento dos orzamentos, con baixadas de impostos e actualización de taxas administrativas
Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou esta tarde a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2020, unha norma que “permite a baixada de impostos e a actualización das taxas administrativas, ademais de resolver cuestións que están dificultando a aplicación dalgunha outra normativa e permite axilizar trámites que melloran a relación da cidadanía coa Administración”.
O Parlamento galego aproba os orzamentos da Xunta para 2020, que permitirán “seguir medrando, creando emprego, garantindo os servizos públicos e minimizar o endebedamento”
Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos da Xunta para 2020, que, “pese ao momento incerto e con perspectivas complicadas a nivel nacional e internacional que estamos vivindo, permitirán seguir medrando, creando emprego, garantindo os servizos públicos e minimizando o endebedamento”, salientou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
O PPdeG incidirá no Pleno en que o Goberno central pague a Galicia o que lle debe do IVE e as compensacións por ser unha comunidade cumpridora
Santiago, 16 de decembro de 2019.- O Grupo Popular insistirá no Pleno de mañá que o Goberno central abone a Galicia a débeda de 200 millóns de euros da mensualidade do IVE de 2017 e os 170 millóns de euros das compensacións por ser unha comunidade cumpridora nos obxectivos de sustentabilidade financeira.
O PPdeG afirma que a Xunta está a tramitar unha nova orde de axudas para investimentos non produtivos nos concellos da Rede Natura 2000
Santiago, 13 de decembro de 2019.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta xa traballa na tramitación dunha nova orde de axudas para os anos 2020 e 2021 para investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos nos concellos incluídos na Rede Natura 2000.
Tellado: “O compromiso do Goberno de que as obras do AVE a Galicia acaben a finais de 2019 non se vai cumprir”
13, decembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o compromiso do Goberno de que as obras do AVE a Galicia acaben a finais de 2019 non se vai cumprir.
O Grupo Popular salienta que 110.000 estudantes galegos se benefician este ano do programa Edulingüe
Santiago, 13 de decembro de 2019.- A portavoz de Educación do Grupo Popular, María Antón Vilasánchez, salientou hoxe que o programa Edulingüe de potenciación das linguas estranxeiras “chegará neste curso a cerca de 110.000 estudantes de infantil, bacharelato e formación profesional, o que representa máis do 31 por cento do alumnado galego”.
O Grupo Popular afirma que a dotación de servizos e persoal está axustada ás necesidades da poboación de Laracha
Santiago, 12 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe que “a dotación de servizos e persoal está axustada ás necesidades sanitarias da poboación do concello de Laracha” e incidiu que “os problemas puntuais de substitucións do persoal médico veñen derivados do paro cero en medicina de familia e pediatría, que se solucionan dentro das posibilidades de atopar persoal en cada momento”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que recupere as axudas para atención a MENAS
Santiago, 12 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno central o reforzo dos seus programas para a inclusión social dos colectivos máis vulnerables, en particular recuperando as axudas para a atención e a acollida de menores estranxeiros non acompañados en Galicia e incrementando as contías destinadas ao Plan Concertado e ao Plan de desenvolvemento xitano para poder atender a demanda actual de servizos sociais.