Paula Prado: “Estanse a xerar tensións de tesourería e os socialistas galegos son cómplices desta asfixia económica”

Santiago, 19 de agosto de 2019.- A vicevoceira do Grupo Popular Paula Prado indicou hoxe en rolda de prensa que se están a xerar “tensións de tesourería e os únicos responsables desta asfixia económica son os socialistas coa complicidade dos socialistas galegos, que defenden a actitude de Pedro Sánchez e os seus ministros de non darlle a Galicia os cartos que lle corresponde”.

 

Deste xeito falou do “desprezo que amosan con Galicia desde o Goberno de Pedro Sánchez, impedindo que se fagan as entregas a conta xa orzamentadas de 530 millóns de euros, que sumados ás cantidades do IVE, son 700 millóns de euros de todos os galegos e galegas”.

 

Mentres, indicou Paula Prado, “asistimos a anuncios sorprendentes sobre outras medidas que sí se tomarían polo Goberno en funcións aínda que suporían unha modificación orzamentaria”. Deste xeito sinalou o anuncio da subida das pensións “coa que estamos absolutamente dacordo” ou as peaxes nas autovías galegas “que poden facer aínda estando en funcións pero se negan a entregar o que deben a Galicia o que representa un insulto á nosa intelixencia”.

 
Na rolda de prensa celebrada hoxe, Paula Prado respostou aos xornalistas que “o único pacto do PPdeG é cos galegos e as galegas que nos deron a súa confianza en todas as eleccións desde o ano 2009 e sempre con  maioría absoluta, sendo a única opción de centro dereita en Galicia”

O Grupo Popular solicita medidas que garantan o emprego e axuden a paliar os efectos da transición enerxética na central térmica das Pontes

Santiago, 14 de agosto de 2019.-  O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a garantir o futuro e o emprego e paliar os efectos da transición enerxética na central térmica das Pontes. Entre outras medidas, os deputados populares solicitan a supresión do céntimo verde para o carbón, ao igual que se ten realizado para outras tecnoloxías, como é o caso do gas, garantindo deste xeito a neutralidade tecnolóxica.

Continue reading

Paula Prado pide aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista a Galicia”

Santiago, 12 de agosto de 2019.-  A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado pedíu hoxe aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista de Pedro Sánchez a Galicia, que se poñan de lado dos galegos e das galegas e que lle esixan que deixe as súas vacacións e resolva primeiro os problemas e xestione a devolución dos 700 millóns de euros a nosa Comunidade”.

Continue reading

O Grupo Popular solicita a creación dun Observatorio Galego do Xogo dentro da nova Lei que está a elaborar o Goberno galego

Santiago, 12 de agosto de 2019.- O Grupo Parlamentario Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita a creación dun Observatorio Galego de Xogos, dentro da nova Lei que o Goberno galego está a elaborar. Así mesmo, demándase que entre as funcións deste observatorio estea elaborar un protocolo de menores en materia de xogo, así como un informe anual sobre o xogo na Comunidade galega.

Continue reading

Marta Rodríguez: “sentido de Estado é que o Goberno do Estado non teña o desprezo institucional co Goberno que representa a todos os galegos”

Santiago, 9 de agosto de 2019.-  A voceira adxunta do Grupo Popular Marta Rodríguez Arias replicou hoxe as declaracións do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicando que “sentido de Estado é que o representante ordinario do Estado en Galicia e o seu Goberno democrático, en exercicio das súas competencias, non teña o desprezo institucional que está a amosar nas últimas 72 horas, co visto bó da sucursal do Goberno en Galicia, que é no que se está a converter a delegación do Goberno na nosa Comunidade”.

Continue reading

Marta Rodríguez: “Os 700 millóns de euros que adebeda o Goberno central a Galicia representa o investimento anual previsto na lei de impulso demográfico de Galicia”

Santiago, 9 de agosto de 2019.-  A voceira popular de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, indicou hoxe que un dos retos máis importantes do novo curso político será a tramitación no Parlamento da lei de impulso demográfico, que contará con compromisos orzamentarios concretos e que para executar as medidas que inclúe prevese un investimento anual de máis de 700 millóns de euros, cantidade equivalente ao que  o Goberno central lle adebeda a Galicia “nun agravio e desprezo sen precedentes que está poñendo en xogo os servizos públicos galegos”.

Continue reading

O Grupo Popular congratúlase das medidas ofrecidas pola Xunta a Parter para fixar os empregos de Alcoa Coruña

Santiago, 7 de agosto de 2019.-  A viceportavoz popular Marta Rodríguez Arias valorou hoxe moi positivamente as medidas ofrecidas pola  Xunta de Galicia a Parter para fixar o compromiso da empresa de manter os 330 empregos de Alcoa Coruña. “Amosa un compromiso claro do Goberno galego en atopar solucións para a industria electrointensiva galega, propoñendo solucións, acudindo a todas e cada unha das reunións, atendendo peticións da propia ministra de Industria para dar garantías financeiras da operación e agora ofrecendo un plan de formación e, se a normativa o permite, financiando o investimento que a fábrica precise” indicou Marta Rodríguez.

Continue reading