Puy afirma que, o debate esta semana de decretos-lei no Congreso, confirma que un Goberno en funcións pode aprobar pagar o que debe a Galicia ou o estatuto das electrointensivas

Santiago, 25 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que, o debate esta mesma semana na Deputación Permanente do Congreso de tres decretos-lei, confirma que un Goberno en funcións pode aprobar os decretos-lei correspondentes para abonar a Galicia o que lle debe pola mensualidade do IVE de 2017 ou as compensacións por ser unha comunidade cumpridora en materia de estabilidade, ou para aprobar o estatuto que beneficie as empresas electrointensivas.

Continue reading

O Grupo Popular avoga por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller

Santiago, 25 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller e afirmou que o PPdeG “sempre estará posicionado neste sentido, como o demostramos no último Pleno no que apoiamos a aprobación unánime de cinco acordos pola igualdade e contra a violencia contra a muller”.

Continue reading

Tellado: “Vivimos nunha situación de inestabilidade absoluta patrocinada por Pedro Sánchez”

24, novembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou este domingo nunha entrevista en Radio Galega que “vivimos nunha situación de inestabilidade absoluta patrocinada por Pedro Sánchez”. Cuestionado acerca do pacto de investidura entre PSOE e Podemos, que cualificou de “erro histórico” salientou que “é moi difícil que funcione un Goberno que se basee no populismo e que teña que apoiarse nos que queren que a España lle vaia mal”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central un incremento das posibilidades de pesca do bonito

Santiago, 22 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que, tendo presente os datos nos que aprecia que o bonito se atopa en boa situación biolóxica, reivindique un incremento das posibilidades de pesca para esta especie e estude unha mellor xestión e reparto de cota que permita alongar a campaña de bonito, canto menos, ata o mes de setembro.

Continue reading

Tellado tacha de “clamorosos” os silencios de Sánchez e Caballero ante os casos de corrupción do PSOE

22, novembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, tacha de “clamorosos” os silencios de Sánchez e Caballero ante os casos de corrupción do PSOE. Así se expresaba referíndose á sentencia dos ERE coñecida esta semana, que fala dun modelo de corrupción sistémica, orquestrada desde un Goberno autonómico que serviu para desfalcar 680 millóns de euros de todos os cidadáns.

Continue reading

O Grupo Popular solicita a Fomento que adopte medidas definitivas que garantan a seguridade na N-120 entre Monforte e Ourense

Santiago, 22 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que adopte as medidas definitivas que permitan garantir a seguridade viaria na estrada       N-120 no tramo entre Ourense e Monforte, como a dotación de carrís adicionais que eliminen os riscos existentes na actualidade e a consolidación definitiva dos noiros das marxes desta estrada.

Continue reading

O Grupo Popular demanda coherencia ao BNG para que non critique agora o que propuxo para a Illa de San Simón cando gobernaba na Xunta

Santiago, 21 de novembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que o BNG “pretende facer unha emenda á totalidade á súa propia biografía política variando totalmente o que propuxo para a Illa de San Simón cando gobernaba na Xunta”, polo que demandoulles “coherencia, porque o actual Goberno galego está a cumprir as concesións de uso desta illa, que determinan os usos culturais e docentes, e fundamentados sobre os principios de gratuidade e acceso público”.

Continue reading

O Parlamento galego esixe a Renfe que mellore as conexións ferroviarias entre Galicia e Barcelona

Santiago, 21 de novembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central para que esixa a Renfe que desista de implantar calquera modificación que represente un incremento no tempo da viaxe ou unha diminución do confort dos viaxeiros no tren nocturno que une Galicia con Barcelona, ao tempo que leve a cabo actuacións de mellora nas conexións entre Galicia e Barcelona, tanto nas frecuencias como na duración da viaxe e no confort dos viaxeiros.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que o proxecto de lei de garantía de abastecemento de auga persegue que as fugas sexan inferiores ao 20%

Santiago, 21 de novembro de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe que o proxecto de Lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, cuxo ditame foi aprobado hoxe na Comisión 2ª e queda pendente da súa aprobación definitiva en Pleno, obriga á realización de auditorías e plans de actuación sobre as perdas nas redes de abastecemento, co obxectivo de que as fugas se sitúen por baixo do 20 por cento, fronte ao 40 por cento que se estiman na actualidade.

Continue reading