Santiago, 14 de agosto de 2019.- O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a garantir o futuro e o emprego e paliar os efectos da transición enerxética na central térmica das Pontes. Entre outras medidas, os deputados populares solicitan a supresión do céntimo verde para o carbón, ao igual que se ten realizado para outras tecnoloxías, como é o caso do gas, garantindo deste xeito a neutralidade tecnolóxica.
Paula Prado pide aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista a Galicia”
Santiago, 12 de agosto de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado pedíu hoxe aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista de Pedro Sánchez a Galicia, que se poñan de lado dos galegos e das galegas e que lle esixan que deixe as súas vacacións e resolva primeiro os problemas e xestione a devolución dos 700 millóns de euros a nosa Comunidade”.
O Grupo Popular solicita a creación dun Observatorio Galego do Xogo dentro da nova Lei que está a elaborar o Goberno galego
Santiago, 12 de agosto de 2019.- O Grupo Parlamentario Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita a creación dun Observatorio Galego de Xogos, dentro da nova Lei que o Goberno galego está a elaborar. Así mesmo, demándase que entre as funcións deste observatorio estea elaborar un protocolo de menores en materia de xogo, así como un informe anual sobre o xogo na Comunidade galega.
Marta Rodríguez: “sentido de Estado é que o Goberno do Estado non teña o desprezo institucional co Goberno que representa a todos os galegos”
Santiago, 9 de agosto de 2019.- A voceira adxunta do Grupo Popular Marta Rodríguez Arias replicou hoxe as declaracións do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicando que “sentido de Estado é que o representante ordinario do Estado en Galicia e o seu Goberno democrático, en exercicio das súas competencias, non teña o desprezo institucional que está a amosar nas últimas 72 horas, co visto bó da sucursal do Goberno en Galicia, que é no que se está a converter a delegación do Goberno na nosa Comunidade”.
Marta Rodríguez: “Os 700 millóns de euros que adebeda o Goberno central a Galicia representa o investimento anual previsto na lei de impulso demográfico de Galicia”
Santiago, 9 de agosto de 2019.- A voceira popular de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, indicou hoxe que un dos retos máis importantes do novo curso político será a tramitación no Parlamento da lei de impulso demográfico, que contará con compromisos orzamentarios concretos e que para executar as medidas que inclúe prevese un investimento anual de máis de 700 millóns de euros, cantidade equivalente ao que o Goberno central lle adebeda a Galicia “nun agravio e desprezo sen precedentes que está poñendo en xogo os servizos públicos galegos”.
O Grupo Popular demanda premura na conexión da prolongación da Vía Ártabra coa AP-9 e o compromiso de que non se cobre peaxe
Santiago, 8 de agosto de 2019. O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a demandar do Ministerio de Fomento premura na emisión da autorización necesaria para a conexión da prolongación da Vía Ártabra, que está a impulsar a Xunta, coa autoestrada AP-9.
O Grupo Popular congratúlase das medidas ofrecidas pola Xunta a Parter para fixar os empregos de Alcoa Coruña
Santiago, 7 de agosto de 2019.- A viceportavoz popular Marta Rodríguez Arias valorou hoxe moi positivamente as medidas ofrecidas pola Xunta de Galicia a Parter para fixar o compromiso da empresa de manter os 330 empregos de Alcoa Coruña. “Amosa un compromiso claro do Goberno galego en atopar solucións para a industria electrointensiva galega, propoñendo solucións, acudindo a todas e cada unha das reunións, atendendo peticións da propia ministra de Industria para dar garantías financeiras da operación e agora ofrecendo un plan de formación e, se a normativa o permite, financiando o investimento que a fábrica precise” indicou Marta Rodríguez.
O GPP presenta unha batería de iniciativas para revitalizar a industria galega
Santiago, 5 de agosto de 2019. O viceportavoz do Grupo Popular Miguel Tellado presentou hoxe en rolda de prensa unha batería de iniciativas parlamentarias para revitalizar a industria galega, referidas ao sector naval, da automoción e o sector enerxético, “tres sectores atacados por Pedro Sánchez e polo goberno socialista e que temos que defender, xa que dan emprego a milleiros de traballadores en Galicia”.
O Parlamento galego aproba a Lei de Patrimonio Natural, unha normativa ambiciosa que adapta aos tempos a normativa existente desde hai 18 anos
Santiago, 31 de xullo de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de Patrimonio Natural de Galicia, “unha norma ambiciosa que adapta aos tempos e ás necesidades actuais a normativa existente desde hai 18 anos”, manifestou o portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor. Así mesmo, salientou que “con esta nova lei Galicia será a primeira comunidade española en adaptar a normativa autonómica á lexislación estatal”.
Tellado: “Non imos permitir que os socialistas usen o Goberno de España para facerlle oposición á Xunta”
2, agosto, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que os populares non van permitir que o Goberno de Sánchez pretenda converter aos galegos en vítimas do bloqueo político e institucional do conxunto de España, nin que os socialistas usen o Executivo central para facerlle oposición á Xunta.