Santiago, 3 de maio de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar unha campaña informativa sobre as consecuencias da mala xestión dos residuos tanto na fauna mariña como para a seguridade das embarcacións en augas interiores.
O PPdeG incide que a declaración de impacto ambiental do proxecto da mina de Touro será o resultado de avaliacións profesionais e independentes
Santiago, 3 de maio de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, incidiu hoxe no Parlamento que a declaración de impacto ambiental do proxecto da mina de Touro “será o resultado de avaliacións profesionais e dos informes de técnicos independentes, que determinarán se o proxecto cumpre estritamente ou non a normativa ambiental”.
O Grupo Popular esixe ao Goberno do Estado que dote de orzamento suficiente o dragado da ría do Burgo
Santiago, 3 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado esixiu hoxe no Parlamento ao Goberno do Estado que, unha vez que a Xunta rematou o saneamento integral das aglomeracións urbanas no ámbito das súas competencias, dote de orzamento suficiente o proxecto de dragado da ría do Burgo, para o que urxe que axilice as xestións ante a Unión Europea de cara a que aqueles fondos comunitarios que, por prazo, sexan inexecutables, se poidan reasignar a financiar esta actuación na ría.
O Parlamento galego pide un reparto de fondos para políticas activas de emprego que non prexudique a Galicia
Santiago, 2 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se lle solicita ao Goberno Central retomar os criterios de distribución dos fondos ás comunidades autónomas para políticas activas de emprego, nos que se primaba ás comunidades que como Galicia están a impulsar programas pioneiros e innovadores que favorecen a creación de emprego estable e con futuro.
O Parlamento galego demanda ao Goberno do Estado que simplifique e axilice a tramitación das prestacións por embarazo ás traballadoras do mar
Santiago, 2 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado que leve a cabo as actuacións oportunas para garantir unha maior simplicidade e axilidade na tramitación das prestacións por risco durante o embarazo en favor de mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras da pesca artesanal, ben sexa o Instituto Social da Mariña ou as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
O PPdeG afirma que a causa do conflito das traballadoras do SAF de Forcarei “é totalmente allea ao Concello”
Santiago, 2 de maio de 2019.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, asegurou hoxe que a causa do conflito coas traballadoras do servizo de axuda no fogar de Forcarei “é totalmente allea ao Concello, xa que é consecuencia da mala xestión da empresa concesionaria que provocou a súa quebra e a apertura dun concurso de acredores”.
O Grupo Popular salienta o incremento dun 33% do persoal na área sanitaria do Salnés no últimos dez anos
Continue reading
O PPdeG asegura que a incorporación do novo cirurxián pediátrico ao Hospital de Ourense hai un ano permitiu que se recuperara a normalidade
Santiago, 2 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe no Parlamento que a incorporación dun novo cirurxián pediátrico ao Hospital de Ourense hai agora un ano permitiu que este servizo recuperara a súa normalidade, conseguindo unha redución da lista de espera cirúrxica dun 50 por cento e do tempo de espera medio dun 35 por cento.
O Grupo Popular demandará no Pleno que os concellos elaboren plans de emerxencia ante situacións de seca
Santiago, 1 de maio de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda aos concellos galegos a elaboración de plans de emerxencia ante situacións de seca, así como levar a cabo as actuacións necesarias na rede municipal de abastecemento para solucionar os problemas existentes e evitar a perda de auga na rede.
O Parlamento demanda que a Xunta fomente a sensibilización e coñecemento da lexislación en materia de integración de persoas con discapacidade na empresa privada
Santiago, 30 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular, En Marea e o Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta de Galicia á posta en marcha dunha campaña para fomentar a sensibilización e o coñecemento da lexislación vixente en materia de integración das persoas con discapacidade na empresa privada.