O PPdeG demanda que se manteña en Galicia a condición de familia numerosa especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia ou dependencia dos pais

Santiago, 22 de abril de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que se manteña en Galicia a condición de familia numerosa de tipo especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia e dependencia dos pais que esixe a lei de protección ás familias, na liña das últimas sentenzas xudiciais e de acordo á recomendación do Defensor del Pueblo.
Continue reading

Feijóo avoga por un goberno que cree emprego, que garanta as pensións e que invista en Galicia

21, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou por un goberno que sexa garantía de xestión: que axude a crear emprego, que garanta o cobro das pensións e que crea e invista en Galicia. Neste punto, o líder do PPdeG recalcou que o Partido Popular é a única garantía de avance e o único valor seguro xestionando as dificultades. Así, pediu o voto para o crecemento, para o emprego, pola responsabilidade e pola xestión.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Xustiza a creación de novas unidades xudiciais en Galicia

Santiago, 17 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Ministerio de Xustiza a ampliar con cargo á nova programación 2019 a creación de novas unidades xudiciais en Galicia que, de xeito consensuado, propoña a Comisión Mixta en atención a necesidades obxectivas e estruturais de carga de traballo e o número de unidades que lle sexan asignadas á Comunidade galega.

Continue reading

Feijóo di que a igualdade real e efectiva non se consegue só con pancartas, senón con emprego e con oportunidades

16, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,dixo que “o que nos piden as mulleres é que nos deixemos de pancartas e que melloremos as súas posibilidades de ter un emprego”. Por iso, pediu o voto “para as mulleres libres que votan a quen lles peta”, para o respecto, e para acabar co supremacismo ideolóxico dunha esquerda que tenta falar en nome de todas as mulleres, porque, tal e como incidiu,non necesitan estar tuteladas por políticos, senón que queren igualdade real sen condescendencia enon ser discriminadas.

Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno do Estado que na negociación do brexit asegure o acceso aos caladoiros británicos do Gran Sol e das Malvinas

Santiago, 16 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado que, no ámbito da negociación do brexit, asegure o acceso aos caladoiros británicos do Gran Sol e das Malvinas e que este aspecto supedite o acceso aos mercados europeos dos produtos pesqueiros británicos.

Continue reading