26, febreiro, 2019. Os deputados galegos no Congreso presentan emendas á Lei de transferencia da AP-9 para que esta se faga cos compromisos adquiridos e sen supor gastos extra para os galegos.
O Grupo Popular salienta a disposición ao diálogo da Consellería de Sanidade na busca de solucións aos problemas do sistema sanitario galego
Continue reading
O Grupo Popular aspira ao teito competencial máximo pero considera máis urxente outras prioridades, como o financiamento ou a AP-9
Continue reading
O proxecto de Lei de rehabilitación continúa a súa tramitación no Parlamento ao superar o debate de totalidade
Continue reading
Pedro Puy amosa a “plena disposición” do Grupo Popular a consensuar iniciativas no Pleno sobre igualdade entre homes e mulleres
Continue reading
Pedro Puy asegura que nos últimos dez anos “Galicia comportouse de forma exemplar no ámbito orzamentario e fiscal de España”
Continue reading
Feijóo pide o apoio para unha maioría ampla que devolva a estabilidade e a gobernabilidade a España
23, febreiro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio para que, o vindeiro 28 de abril, se acade unha maioría ampla, imprescindible para que en España haxa gobernabilidade, estabilidade e un goberno que goberne.
Prado: “Dez anos do PPdeG na Xunta deixan unha Galicia máis solidaria e cuns servizos públicos blindados”
23, febreiro, 2019.A vicevoceira parlamentaria do PPdeG, Paula Prado, fixo balance da política social da Xunta de Galicia transcurridos case dez anos dende a primeira vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo. Prado asegurou que a xestión do partido e do seu presidente deixan unha Galicia máis solidaria, con máis axudas publicas, e que non deixa atrás a ninguén. Tamén uns servizos públicos blindados, que medran e que gañaron en calidade tanto no ámbito da sanidade (máis dotada, máis áxil e con mellores ratios de efectividade) como da educación (que conta con máis recursos para potenciar o talento dos máis novos).
Tellado: “Traballaremos co obxectivo de sacar a Sánchez da Moncloa e de levar a estabilidade de Galicia aos 313 concellos”
23, febreiro, 2019. O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, asumirá a coordinación das campañas das eleccións xerais, municipais e europeas, segundo acordou hoxe o comité de dirección do partido. Logo da súa designación, o dirixente popular agradeceu o reto encomendado e a confianza da súa formación, e dixo que o PPdeG traballará arreo para sacar a Pedro Sánchez da Moncloa, así como para levar a estabilidade que existe en Galicia aos 313 concellos galegos.
Tellado asegurou que “a campaña comeza hoxe e remata o 26 de maio”. Así, os populares explicarán por que o PP é a mellor opción para o Goberno de España fronte aos que tanto dano fixeron ao país en tan pouco tempo, por que o PP é a mellor opción para as alcaldías galegas fronte aos que queren rendelas á sede do PSOE en Madrid, de Bildu no País Vasco ou de Esquerra en Cataluña, e por que o PPdeG é a mellor opción para levar a voz dos galegos ás institucións comunitarias.
Nesta liña, considerou que os orzamentos xerais do Estado, as alianzas do BNG con Esquerra e con Bildu e as liortas internas de En Marea confirman que ningún deses partidos merece unha soa boa nova por parte dos galegos os días de escrutinio. “Quen nada fixo por Galicia nada merece recibir dela”, recalcou.
O coordinador das próximas campañas asegurou que o obxectivo é converter o apoio dos galegos en votos, e eses votos en concelleiros, deputados e senadores que poidan ser muro de contención fronte a aqueles que son a mellor noticia para populistas e nacionalistas. Para iso, pediu aos galegos que escollan a súa formación política con intelixencia, sabendo que en determinados lugares un voto de centro dereita que non acabe na urna do PP pode ser unha boa nova para Pedro Sánchez.
O secretario xeral avanzou que a campaña do partido pasará por peitear o territorio e buscar o voto do convencemento fronte aos que apelan ao voto do medo.
Tellado engadiu que desde 2015 España tivo doce meses de goberno en funcións, a repetición dunhas eleccións, unha investidura que rachou ao PSOE en dous, unha moción de censura co apoio dos independentistas e un adianto electoral só nove meses despois de formar goberno Pedro Sánchez, mentres Galicia tivo un goberno e un presidente. Neste contexto, resolveu que “este modelo de estabilidade é o que o PPdeG quere poñer en valor e polo que quere que aposten os galegos”.
Feijóo sinala que dividir as forzas só dá máis posibilidades a Sánchez de repetir a unión con Podemos, nacionalistas e independentistas
22, febreiro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, indicou que nas vindeiras eleccións xerais cada voto de centrou ou dereita que non vaia ao Partido Popular satisfará a Pedro Sánchez e aos seus socios. Así, incidiu en que dividir o voto é dividir as forzas e é darlle máis posibilidades a Sánchez de repetir a súa combinación con Podemos, nacionalistas e independentistas.