05, novembro, 2018. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, dixo que a política é como “unha carreira de fondo”, que non se trata de chegar canto antes e de calquera forma, senón con constancia e esforzo: “Están os que gañan as eleccións e son coherentes; e están os que o seu único obxectivo é chegar canto antes e de calquera maneira á meta”. De estes últimos apuntou que, unha vez chegan ao cargo, todo é falta de planificación: “Confunden o que debera ser o inicio coa meta. Ao comezo da lexislatura, din chegamos e, ao final, os veciños pregúntanse para que”.
O PPdeG celebra que o paro descenda a nivel interanual de forma significativa entre os colectivos máis vulnerables
5, novembro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, celebrou esta mañá, logo de publicarse os datos do paro de outubro, que o desemprego descenda a nivel interanual de forma significativa entre os colectivos que teñen máis dificultades para atopar un traballo. De feito, nos menores de 30 anos prodúcese unha baixada do 9,99%; nos parados de longa duración do 9,45% -a metade das persoas que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo-; e nas mulleres do 7,15%.
Feijóo destaca que, frente al “yoísmo” de PSOE, Podemos y C’s, el PP pone el foco en los problemas e intereses de los españoles
03, noviembre, 2018. El presidente de los populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, destacó que, en un contexto político en el que en todos los partidos domina el “yo” -el yoísmo de Pablo Iglesias en Podemos; el de Rivera en Ciudadanos; el de Susana Díaz en Andalucía y el de Pedro Sánchez-, al PP le gusta más el ‘tú’, porque pone el foco en los problemas y aspiraciones de los españoles, los intereses generales y en el servicio a los demás. “¿Qué ocurriría en Podemos si Pablo Iglesias se va? Lo mismo que ocurriría en Ciudadanos si Albert Rivera se va: no aguantarían 24 meses como partido político”.
O Grupo Popular afirma que a presidenta da Deputación de Pontevedra “négase a comparecer no Parlamento para evitar dar contas do caciquismo, sectarismo e abandono da cidadanía”
Continue reading
O Grupo Popular asegura que as contas da Deputación de Ourense “están feitas para responder ás necesidades desta provincia”
Continue reading
O Grupo Popular lamenta que “temos unha Deputación de A Coruña afastada dos veciños, paralizada, descabezada e á deriva”
Continue reading
A Comisión de investigación da sanidade pública aproba o plan de traballo con 26 comparecencias e 21 solicitudes de documentación
Santiago, 30 de outubro de 2018.- A Comisión de Investigación sobre a sanidade pública galega aprobou hoxe o seu plan de traballo, no que se inclúen 26 comparecencias e a solicitude de 21 documentos. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou que os grupos da oposición rexeitaran a negociación do plan de traballo, privando deste xeito que a comisión contara coa participación de 20 comparecentes propostos nos seus plans de traballo e que desde o PPdeG ofrecemos incorporar”.
O Plan de traballo da comisión de investigación do Marisquiño incorpora 32 comparecencias e 28 solicitudes de documentación
Santiago, 31 de outubro de 2018.- A Comisión de Investigación sobre o accidente do Festival do Marisquiño en Vigo aprobou hoxe, sen votos en contra, o seu plan de traballo, que incorpora un total de 32 comparecencias, das que 26 figuraban nas propostas da oposición; e 28 solicitudes de documentación, das que 17 estaban nos plans de traballo da oposición.
O Parlamento demanda á Xunta que asine coa Deputación e os concellos de Portas, Caldas e Vilagarcía o convenio para construír a vía verde ferroviaria
Continue reading
O PPdeG demanda que a Xunta licite e execute o novo emisario submarino e a mellora da EDAR de Praceres
Continue reading