A voceira de Igualdade salienta que o I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade é un documento vivo ao que se poden incorporar novas actuacións

Santiago, 10 de abril de 2018.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, salientou esta tarde no Parlamento a aprobación polo Goberno galego, a semana pasada, do I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021. “Un documento que incorpora 100 medidas concretas pero que é vivo, polo que se poderán incorporar novas actuacións que se adapten ás necesidades e ao desenvolvemento das políticas dirixidas á conciliación da vida laboral, personal e familiar, así como á corresponsabilidade”, apuntou.

Continue reading

O Grupo Popular reitera a demanda de modificar a Lei de Facendas Locais para que os concellos poidan establecer exencións do IBI ás familias vulnerables

Santiago, 10 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular, Sandra Vázquez, reiterou hoxe no Parlamento que “a mellor opción para a defensa das familias vulnerables respecto do pago do imposto de bens inmobles é modificar a Lei de facendas locais para permitirlle aos concellos establecer exencións no IBI, e non limitarse ás persoas que teñan vivenda de promoción pública”.

Continue reading

O PPdeG afirma que a diminución do gasto en atención primaria sanitaria desde 2009 débese á redución do gasto en receitas e a eliminación do fondo de continxencia

Santiago, 10 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, explicou hoxe no Pleno que “a diminución do gasto da Xunta no programa de atención primaria entre os anos 2009 e 2018 débese fundamentalmente á redución do gasto en receitas e á eliminación do fondo de continxencia”. Así mesmo, considerou que “subir os impostos da clase media para mellorar a sanidade non é a solución”.

Continue reading

Pedro Puy considerou satisfactoria a Convención Nacional do PP na que o PPdeG tivo moita presencia na formulación de ideas nos ámbitos económico, educativo e social

Santiago, 9 de abril de 2018.- Respecto da Convención Nacional celebrada polo Partido Popular esta fin de semana en Sevilla, Puy afirmou que “en liñas xerais o balance é satisfactorio desde o punto de vista galego, xa que o PPdeG tivo moita presencia na formulación de ideas nos ámbitos económico, educativo e social”.

Continue reading

Pedro Puy cualifica o proxecto de orzamentos do Estado como “bos para os galegos, tanto en materia de política fiscal e de pensións, como do investimento”

Santiago, 8 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe como “bos para os galegos o proxecto dos orzamentos xerais do Estado, tanto desde o punto de vista da política fiscal e de pensións, como do investimento. Así mesmo, considerou que a oposición demostra “pouca responsabilidade” a nivel nacional, porque “está utilizando unha difícil situación para acadar maiorías máis para poñer paos nas rodas da maioría que goberna que para buscar alternativas ou condicionar a política que se fai polo partido que está en minoría no Congreso pero ten que gobernar”.

Continue reading

Tellado cre que o PPdeG volve de Sevilla con ideas renovadas de cara ás municipais de 2019

8 de abril de 2018.-  O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, sinalou este domingo que a súa formación volve da Convención Nacional celebrada esta fin de semana en Sevilla con ideas renovadas de cara as vindeiras eleccións municipais, que se celebrarán en maio de 2019. “Temos xa pouco máis dun ano por diante, e estes encontros sempre serven para compartir experiencias, facer propostas e incrementar a ilusión de cara aos desafíos que temos no horizonte”, dixo.

Continue reading

Tellado indica que En Marea activou o seu propio cronómetro que desembocará na marcha de Villares ou na de Quinteiro

Santiago, 6 de abril de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que este fin de semana será o da primeira baixa no grupo das Mareas de Podemos: “ou marcha Paula Quinteiro ou marcha Luis Villares”. Así, o ultimatum lanzado polo portavoz parlamentario de En Marea, no que entendía que esta semana debería quedar resolta a crise provocada pola participación de Quinteiro nun altercado coa Policía de Santiago, fai incompatible a súa convivencia coa deputada da súa formación.

Continue reading

O PPdeG afirma que o proxecto final do tramo Goián-PO-350 da VAC Tui-A Guarda será a que presente maior viabilidade económica e menor impacto ambiental

Santiago, 5 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Rodríguez, asegurou hoxe no Parlamento que o proxecto final do tramo Goián-PO-350 da vía de alta capacidade Tui-A Guarda “será o que presente unha maior viabilidade económica, unha mellor vertebración do territorio e, fundamentalmente, cause un menor impacto ambiental”.

Continue reading