Santiago, 25 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que modifique as bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema Nacional de Saúde para garantir que se inclúan cláusulas de non discriminación polo exercicio dos dereitos laborais recoñecidos legalmente por razón de maternidade.
O voceiro de Educación destaca as actuacións para a Igualdade impulsadas polo Goberno galego nos centros educativos
Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Educación, César Fernández Gil, destacou esta mañá no Pleno do Parlamento as medidas que o Goberno galego está desenvolvendo para a igualdade nos centros educativos. Neste senso, referiuse a que, hai dous anos, puxo en marcha o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, “unha iniciativa que busca acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, a través da formación e a educación de toda a comunidade educativa”.
O GPP demanda á oposición que apoie os orzamentos do estado e deixe de presentar “iniciativas virtuais e brindes ao sol” sobre as pensións
Santiago, 25 de abril de 2018.- “Se están tan preocupados polas pensións, apoien os Orzamentos do Estado para subirlle así a 40.000 galegos as pensións non contributivas”, instou a viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, aos grupos da oposición, aos que criticou por presentar iniciativas que son “virtuais e un brinde ao sol”.
Alberto Pazos indica que a necesidade de realizar obras de mantemento na AP-9 “non significa que non haxa que tomar medidas para minimizar os seus efectos”
Santiago, 25 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Parlamento que no PPdeG “seguiremos sendo esixentes en relación coa AP-9 tanto co Ministerio de Fomento como coa empresa concesionaria, porque entendemos que a necesidade de realizar obras de mantemento non significa que non exista a obriga de tomar medidas para minimizar os seus efectos”. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara a aprobación, ao negarse á súa votación individualizada, dunha emenda para abrir un expediente informativo á concesionaria da autoestrada polas retencións na AP-9.
O portavoz de Infraestruturas demanda a implicación de deputacións e concellos para estender a gratuidade do transporte público urbano e interurbano a menores de 19 anos
Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento aproveitar o desenvolvemento da 2ª fase do Plan de Transporte Público de Galicia que está a levar a cabo a Xunta para estudar a viabilidade de estender a gratuidade do transporte público interurbano para os menores de 19 anos, contando para iso coa colaboración e implicación técnica e económica das deputacións provinciais.
O GPP demanda que a Xunta dote ás urxencias dos hospitais do Sergas dos medios materiais e humanos para a correcta atención dos usuarios
Santiago, 24 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta dote ás urxencias dos centros hospitalarios do SERGAS dos medios materiais e humanos necesarios para a correcta atención das persoas usuarias, así como dos reforzos precisos de persoal en circunstancias de incremento da demanda, de acordo cos respectivos plans de continxencia.
Aurelio Núñez: “A licitación de servizos concentrados na área sanitaria de a Coruña é necesaria para unha correcta asistencia e axústase á lei”
Santiago, 24 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Parlamento que a licitación de servizos concertados na área sanitaria de A Coruña “é necesaria para unha correcta asistencia á cidadanía e axústase totalmente ás leis en vigor”. Neste sentido, engadiu que este tipo de contratacións “utilízanse en todas as administracións autonómicas, incluso para temas moito máis sensibles para as persoas como o cribado de cancro ou as resonancias”.
Miguel Tellado insta á oposición a apoiar os orzamentos xerais do Estado para subir as pensións de medio millón de galegos
Santiago, 24 de abril de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado instou este martes no Pleno do Parlamento galego aos grupos da oposición a que apoien os Orzamentos Xerais do Estado no Congreso, xa que isto serviría para subir as pensións de 500.000 galegos. “A súa proposición de lei é unha trampa, posto que se saíse adiante poderían subir as pensións dentro de dous anos, cando remate o trámite”, sinalou, para contrapoñer que “aprobando as contas do Estado, poderían subir o mes que vén”.
O GPP critica a demagoxia, irresponsabiliade, insolidaridade e fata de constitucionalidade da proposición de lei do BNG sobre o sector eléctrico
Santiago, 24 de abril de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, acusou hoxe ao BNG de traer ao Parlamento unha proposición de lei sobre o sector eléctrico “cargada de demagoxia, de irresponsabilidade, de insolidariedade e, incluso, de falta de constitucionalidade”. Ademais, manifestou que “pretenden beneficiar aos consumidores que poden pagarse unhas instalacións de autoconsumo, inalcanzables para as persoas con menos recursos, e que estes consumidores beneficiados non paguen unha importante parte da súa factura, que será repercutida aos que non se poden permitir o luxo de autoconsumir”.
Puy salienta as comparecencias sobre directrices enerxéticas e a PAC e as iniciativas do GPP sobre a tarxeta social universal e o Plan estratéxico da conserva no pleno desta semana no Parlamento
Santiago, 23 de abril de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana a posta en marcha da tarxeta social universal, unha ferramenta que “vai incrementar a capacidade de axudar a quen realmente o necesita e a eficiencia do conxunto de axudas que dan as administracións”, sinalou o portavoz popular Pedro Puy.